Guía de procedementos e servizos

PR402C

Comunicación de alleamento, permuta ou cesión de bens municipais.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano
Se vostede, como representante dunha corporación local de Galicia, está interesado en realizar un alleamento de bens municipais, xa sexa mediante cesión, venda ou permuta, e o valor deles supera o 25 % dos recursos ordinarios da corporación, débelle remitir á Xunta de Galicia o correspondente escrito comunicando o alleamento.

Se no acordo de cesión non se estipula outra cousa, entenderase que os fins para os que se lle otorgou a cesión débense cumprir no prazo máximo de cinco anos.

Corporacións locais.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Administración Local

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local

Rúa Madrid, 2-4, edificio EGAP

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540096

Fax: 881997599

Email: administracionlocal@xunta.es

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Certificación do acordo do pleno da corporación da cesión ou alleamento do ben.

  • Certificación da Secretaría acreditativa do cumprimento dos trámites previstos nos artigos 109 e seguintes do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño.

  • Certificación da Secretaría do concello na que se acredite o valor do ben obxecto da cesión e a porcentaxe que supón dito valor respecto dos recursos ordinarios do orzamento anual de dita corporación.

  • Certificación do Rexistro da Propiedade.

  • Certificación do secretario da corporación no que conste que os bens figuran no inventario.

  • Informe da intervención de fondos no que se aprobe non haber debeda pendente de liquidación con cargo ó orzamento municipal.

  • Ditame subscrito por tecnico que certifique que os bens non están nun plan de ordenación, reforma …

  • Certificación de que o expediente foi sometido a información pública para presentación de alegacións e resolucións delas.

  • No caso de cesións gratuítas:

    • Xustificación documental pola propia entidade solicitante do seu carácter público.

    • Memoria demostrativa de que os fins redundarán en beneficio dos habitantes do termo municipal.

  • - A documentación complementaria, que figura no anexo de solicitude de cada procedemento, deberá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    - As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    - No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia .

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais (BOE nº 161 do 7 de xullo de 1986).

Outros procedementos relacionados

IN229A

Declaración de concello emprendedor.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT200A

Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT811A

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59

PR402A

Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano