Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR327B
Extinción da autorización de instalación e localización de máquinas de xogo e auxiliares de apostas
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Regular o procedemento de extinción da autorización de instalación e localización de máquinas de xogo e auxiliares de apostas, por instancia do titular do establecemento ou local en que se realice o xogo ou polo titular da autorización correspondente.
O titular do establecemento ou local en que se realice o xogo e/ou o titular da autorización correspondente.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
R/ Roma, 25-27. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981-546417
Email: xogosc@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Ser unha persoa ou empresa titular dunha ou varias autorizacións de instalación e localización de máquinas de xogo e/ou auxiliares de apostas ou ser titular dun establecemento ou local en que se realice o xogo.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado recollido no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) o xustificante acreditativo do pagamento da/das taxa/s administrativa/s.
No caso de solicitudes conxuntas de extinción de máquina de xogo e auxiliar de apostas, será necesario realizar e xustificar o pagamento das dúas taxas correspondentes.
A tramitación do pagamento da/das taxa/s deberá realizarse electronicamente.
Os códigos para cubrir as taxas son os seguintes:
Consellería: Facenda e Administración Pública. Código 05.
Provincia:
– A Coruña: código 10.
– Lugo: código 20.
– Ourense: código 30.
– Pontevedra: código 40.
Servizo: Servizo de Xogo. Código 16.
Taxa: Denominación:
a) Para o caso de tramitar a extinción da autorización de instalación e localización dunha máquina de xogo, código da taxa: 300703, Modificación da autorización de instalación e localización, extinción ou denuncia.
b) Para o caso de tramitar a extinción da autorización de instalación e localización dunha máquina auxiliar de apostas, código da taxa: 305103, Modificación ou extinción da autorización.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
1. DNI/NIE da persoa solicitante.
2. DNI/NIE da persoa representante.
3. NIF da entidade solicitante.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Documento de solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).
-
Decreto 162/2012, do 7 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de apostas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 148 do 3 de Agosto de 2012).
-
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).
-
Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).
-
Resolución do 26 de xullo de 2024, da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se regula o procedemento de extinción da autorización de instalación e localización de máquinas de xogo e auxiliares de apostas (DOG nº 151 do 6 de agosto de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.
Aberto todo o ano
Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.
Aberto todo o ano