Guía de procedementos e servizos

PR326X

Homologación e inscrición de modelo de máquinas tipo A especial, B, B especial e C no Rexistro de Modelos

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Este procedemento será o utilizado por todas aquelas empresas previamente inscritas na Sección I (empresas fabricantes e importadoras) e II (empresas comercializadoras e distribuidoras) do Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo para homologar e dar de alta no Rexistro de Modelos da Comunidade Autónoma de Galicia novos modelos de máquinas A especial, B, B especial ou C nas Seccións II, III, IV ou V VI segundo os casos.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Roma, 25-27 - Polígono de Fontiñas

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Fax: 981546486

Email: xogosc@xunta.es

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude normalizada segundo o Anexo XXXIX desta orde, acompañada da seguinte documentación:

    • Dimensións da máquina: (alto, largo, fondo).

    • Fotografías de 15x10 cms. nítidas e en cor dos parámetros exteriores da máquina.

    • Exemplar dos planos da máquina e do seu sistema electrico suscrito por tecnico competente.

    • Descrición completa da forma de uso ou do xogo.

    • Memoria de funcionamento (agás máquinas A especial).

    • Declaración de conformidade CE ou certificado de conformidade CE, segundo os casos.

    • Informe - Resumo estatístico dunha simulación da secuencia do xogo (só no caso de máquinas B e B especial).

    • Un exemplar do soporte no cal se almacena o xogo (agás máquinas A especial).

    • Descrición do tipo de contador, declaración de conformidade do mesmo e certificado de ensaios do contador realizado polo organismo de control metrolóxico correspondente (agás A especial).

    • Prototipo de modelo (se e requirido).

    • Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa correspondente.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 14/1985, de 23 de outubro, Reguladora dos Xogos e Apostas en Galicia (DOG nº 222 de 20 de novembro de 1985).

    • Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).

    • Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).

    • Decreto 116/2011, do 9 de xuño, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2011).

    • Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).

    • Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 do 30 de decembro de 2008).

    • Orde do 25 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2008, pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, e a Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2013).

    • Lei 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (modifica a Lei 14/1985, de 23 de outubro) (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2011).

    • Lei 6/2014, do 26 de xuño, pola que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2014).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano