Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR310A
Declaración de utilidade pública de asociacións e presentación de contas.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Solicitude de declaración de utilidade pública de asociación.
As asociacións, federacións e confederacións que desenvolvan maioritariamente as súas funcións en Galicia, que se encontren inscritas no Rexistro de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan a súa sede no territorio desta Comunidade, e reúnan os requisitos previstos na normativa vixente, poderán solicitar a declaración de utilidade pública.
Requisitos que deben cumprir as asociacións para poder ser declaradas de utilidade pública: Os establecidos no artigo 32 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, concrétanse en:
- Que os seus fins estatutarios tendan a promover o interese xeral.
- Que a súa actividade non estea restrinxida a beneficiar exclusivamente aos seus asociados.
- Que os cargos directivos non perciban retribucións ou, de facelo, que estes non o sexan con cargo a fondos ou subvencións públicas.
- Suficiencia dos medios materiais e persoais.
- Inscrición no rexistro respectivo cunha antigüidade mínima de 2 anos e acreditación do cumprimento de fins de interese xeral mediante a presentación das contas e memoria de actividades dos dous últimos anos.
Depósito de contas no Rexistro de asociación.
Toda asociación de utilidade pública deberá render contas anuais e memoria descritiva das actividades realizadas no exercicio anterior no prazo dos seis meses seguintes ao peche do exercicio económico.
As contas anuais comprenden: balance de situación, conta de resultados e memoria e formularanse de conformidade coas normas de adaptación aprobadas por Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos (PGC-ESFL-2011).
A documentación deberá presentarse ante o Rexistro no que consten inscritas:
- Nas asociacións de ámbito provincial ou inferior, no rexistro provincial de asociaciónes da Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
- Nas asociacións con ámbito territorial correspondente á Comunidade Autónoma, ante o rexistro central dependente da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
As asociacións, federacións e confederacións que desenvolvan maioritariamente as súas funcións en Galicia, que se encontren inscritas no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan a súa sede no territorio desta Comunidade, e reúnan os requisitos previstos na normativa.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA:
Documento acreditativo da representación, se é o caso.
Xustificante de pagamento da taxa correspondente.
Memoria xustificativa das razóns da petición e informe dos obxectivos da asociación para que sexa considerada como de utilidade pública, con especial referencia ás súas actividades de interese xeral, de conformidade coas enunciadas no artigo 32.1.a) da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
Memoria de actividades dos dous exercicios económicos anuais anteriores á data da solicitude, asinadas polos membros da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.
Contas anuais dos dous últimos exercicios pechados, comprensivas do balance de situación, a conta de resultados e a memoria económica, que mostren a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da entidade, asinadas polos membros da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.
Certificación do acordo do órgano competente da asociación para solicitar a declaración de utilidade pública.
Xustificante de pagamento da taxa correspondente.
Outros.
DEPÓSITO DE CONTAS NO REXISTRO DE ASOCIACIÓNS:
Certificación de aprobación das contas anuais pola asemblea xeral da asociación.
Memoria de actividades del ejercicio económico finalizado firmadas por los miembros de la junta directiva o órgano de representación de la asociación.
Contas anuais do exercizo económico finalizado, comprensivas do balance de situación, a conta de resultados e a memoria económica, que mostren a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da entidade, asinadas polos membros da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.
Outros.
REVOGACIÓN DA DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA:
Memoria xustificativa das razóns da solicitude de revogación, e/ou documento/s xustificativo/s da inscrición que se solicita.
Outros.
SOLICITUDES DE CERTIFICACIÓNS OU INFORMACIÓN REXISTRAL
Indicar na solicitude os datos ou actos dos que se solicita certificación ou información do rexistro.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
Só para os casos de solicitudes de declaración de utilidade pública de asociacións.
DNI/NIE da persoa solicitante.
NIF da entidade solicitante.
Alta no epígrafe correspondente do Imposto sobre Actividades Económicas.
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Seis meses
Que ocorre se non recibes resposta?
Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.
Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.
A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.
A resolución pode ser:
- Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
- Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).
Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Vicesecretaría Xeral
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544229
Órgano responsable
-
Decreto 157/2008, do 10 de xullo, sobre a asunción de funcións da Administración do Estado traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real decreto 1080/2008, do 30 de xuño, en materia de declaración de utilidade pública de asociacións e aplicación dos beneficios fiscais, e sobre a súa asignación á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 148 do 1 de agosto de 2008). Ligazón á normativa
-
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014). Ligazón á normativa
-
Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación (BOE nº 73 do 26 de marzo de 2002). Ligazón á normativa
-
Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado (BOE nº 307 do 24 de decembro de 2002). Ligazón á normativa
-
Real Decreto 1740/2003, do 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública (BOE nº 11 do 13 de xaneiro de 2004). Ligazón á normativa
-
Real Decreto 1080/2008, de 30 de xuño sobre ampliación de funcións da Administración do Estado, traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de asociacións: Declaración de utilidade pública das asociacións e aplicación dos beneficios fiscais (BOE nº 158, do 1 de xullo de 2008). Ligazón á normativa
-
Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos (BOE nº 283, de 24 de novembro de 2011). Ligazón á normativa
-
Corrección de erros do Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos (BOE nº 88 do 12 de abril de 2012). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Inscricións no Rexistro de Asociacións.
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego
Aberto todo o ano
Axudas para a adquisición de vehículos adaptados que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por parte de entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo pechado: 13/05/2026 09:00 - 15/06/2026 20:00
Premios do Comercio Galego
Prazo pechado: 14/05/2026 00:00 - 15/06/2026 23:59