Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR212E
Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O 18/03/2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito. Entra en vigor aos 20 días da súa publicación, isto é, o 7 de abril do 2025, sendo de aplicación a todos os procedementos de inscrición, cancelación e de modificación que se inicien a partir da súa entrada en vigor.
Cancelación individual no Rexistro de Parellas de feito de Galicia.
Parellas de Feito.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Administración Local e Interior da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185974
Fax: 881881084
Email: parellasdefeito.pr.coruna@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Xustiza e Administración Local de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294262/ 982294598
Fax: 982889169
Email: rexistroparellasdefeito.pr.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Xustiza e Administración Local de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386408
Fax: 988386384
Email: parellas.xustiza.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Xustiza Gratuita e Administración Local de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 9º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805312/ 986805383
Fax: 986805391
Email: parellasdefeito.pr.pontevedra@xunta.gal
O 18/03/2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito. Entra en vigor aos 20 días da súa publicación, isto é, o 7 de abril do 2025, sendo de aplicación a todos os procedementos de inscrición, cancelación e de modificación que se inicien a partir da súa entrada en vigor.
Prazo de presentación: ABERTO
De conformidade coa Disposición final única do Decreto 17/2025, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2025), o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 7 de abril de 2025 e permanecerá aberto indefinidamente.
1. As inscricións extínguense pola súa cancelación.
2. A cancelación terá lugar:
- Pola solicitude dunha das persoas que compoñen a parella.
- Pola morte ou declaración de falecemento dunha das persoas que compoñen a parella.
- Polo matrimonio de calquera das persoas que compoñen a parella.
- Polo incumprimento, acreditado en base a proba fidedigna, dos requisitos de convivencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal con posterioridade á inscrición.
- Pola ausencia sobrevinda dalgún dos requisitos esixidos no artigo 5 do Decreto 248/2007 do 20 de decembro, determinantes da inscrición ou pola comprobación de falsidade ou inexactitude nos datos achegados coa solicitude determinantes da inscrición.
Documentación para a presentación:
Solicitude normalizada segundo o anexo VI deste Decreto.
Documento que acredite a notificación á outra persoa que compoña a parella, por calquera medio que deixe constancia da recepción por aquela ou o/a seu/súa representante, da súa vontade de extinguir a parella ou, no caso de imposibilidade de realizar a devandita notificación, de declaración responsable do/a solicitante da imposibilidade de realizar a mesma.
Documentación a comprobar pola Administración, salvo oposición das persoas solicitantes, en cuxo caso terán que achegala:
Datos de identidade das persoas solicitantes (DNI/NIE).
Certificación acreditativa da causa de cancelación da inscrición.
Certificado de matrimonio das persoas solicitantes.
A data da extinción da parella será a do día inmediatamente anterior á do matrimonio contida na certificación matrimonial.
As solicitudes de cancelación da inscrición a pedimento dun dos membros da parella e de certificación deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e de firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (htps://sede.xunta.gal/chave365).
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2006).
-
Corrección de erros.-Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº189 do 29 de setembro de 2006).
-
Lei 10/2007, do 28 de xuño, de reforma da disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 127 do 2 de xullo de 2007).
-
Decreto 248/2007 do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2008).
-
Decreto 146/2014, do 13 de novembro, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 224 do 21 de novembro de 2014).
-
Decreto 17/2025, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Impugnación da resolución da comisión de asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Insostenibilidade da pretensión de asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Aberto todo o ano