Guía de procedementos e servizos

PR204C

Insostenibilidade da pretensión de asistencia xurídica gratuíta.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Que é e para que serve
Constitúe o obxecto da presente orde a aprobación do modelo normalizado de insostibilidade da pretensión, que aparece como anexo II, de conformidade co establecido nos artigos 32 a 35 da antedita Lei 1/1996 e no artigo 24 do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia.
Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Anexo II

    - Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

    - Documentación relacionada coa insostibilidade.

Anexos

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Xustiza

Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza

Servizo de Estudos e Asistencia Xurídica Gratuíta

Rúa Madrid, 2-4 2ª planta - Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546202

Fax: 981546227

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Emerxencias da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185764

Fax: 881881084

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol

Oficina Coordinadora en Ferrol

Praza Camilo José Cela, s/n

15403  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981337025

Fax: 981337013

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Xustiza e Administración Local de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294332

Fax: 982294295

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Xustiza e Administración Local de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 1ª planta

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386408

Fax: 988386384

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Xustiza Gratuita e Administración Local de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-9º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805370

Fax: 986805391

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Xustiza de Vigo

R/ Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817017

Fax: 986817808

Órgano responsable

Dirección Xeral de Xustiza
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia (DOG nº 242 do 15 de decembro de 2008). Ligazón á normativa

    • Orde do 15 de xullo de 2016 pola que se establecen os modelos normalizados de impugnación da resolución de asistencia xurídica gratuíta, de insostibilidade da pretensión e de queixas e denuncias. (DOG nº 149 do 8 de agosto de 2016). Ligazón á normativa

    • Decreto 138/2012, do 21 de xuño, polo que se modifica o Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2012). Ligazón á normativa

    • Decreto 134/2017, do 7 de decembro, polo que se modifica o Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2018). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta (BOE nº 11 de 12 de xaneiro de 1996). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR203A

Inscrición no rexistro de colexios profesionais e consellos galegos de colexios profesionais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR204A

Recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR204B

Impugnación da resolución da comisión de asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR204D

Queixa ou denuncia de asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano