Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR006A - Comunicación en materia de integridade institucional
A presentación na sede electrónica de comunicacións en materia de integridade institucional, que consta habilitado na Guía de procedementos e servizos dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia co código PR006A. Comunicación en materia de integridade institucional.
A calquera persoa que desexe facilitar información da que teña coñecemento sobre actuacións ou condutas contrarias ao sistema de integridade institucional da Xunta de Galicia e do sector público autonómico, así como información sobre posibles infraccións do dereito da Unión Europea que afecten aos intereses financeiros da Unión ou ao seu mercado interior, ou sobre infraccións administrativas graves e moi graves.
Non obstante, se se aprecian indicios de que a persoa informante actúa con consciencia da falta de veracidade dos datos ou da información achegada, ou coa única finalidade de denigrar á persoa ou á institución afectadas, poderían esixírselle as responsabilidades que correspondan.
Non é obxecto de comunicación por esta vía, calquera información relativa aos seguintes asuntos:
a) Queixas pola insatisfacción sobre o funcionamento dos servizos prestados polo sector público autonómico, suxestións para a súa mellora ou denuncias doutros incumprimentos, que recibirán o tratamento previsto no Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico. Para máis información consultar a seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/suxestions-e-queixas?langId=gl_ES
b) Condutas dos órganos da Administración xeral do Estado e das entidades instrumentais adscritas a ela.
c) Condutas dos órganos das entidades locais (concellos e deputacións)
d) Problemas derivados de compras, servizos, outras relacións contratuais ou estafas entre persoas físicas, entre persoas xurídicas ou entre estas últimas e persoas físicas.
e) Problemas derivados de relacións contratuais privadas
f) Condutas ou actuacións denunciadas previamente ante as forzas de seguridade, os tribunais, o Ministerio Fiscal, a Fiscalía Europea, o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude, o Consello de Contas, Oficina Europea de Loita contra a fraude (OLAF), as autoridades de xestión ou control, etc.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545472
Email: dxsa@xunta.gal
Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
Resolución do 18 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, pola que se aproba o formulario normalizado para a presentación na sede electrónica de denuncias en materia de integridade institucional (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2022).
Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección ás persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. (BOE nº 44 de 21 de febreiro de 2023)
Directiva (UE) 2019/1937 del Parlamento europeo y del Consejo de 23 de octubre de 2019 relativa a la protección de las personas que informen sobre infracciones del Derecho de la Unión.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Forma e lugar de presentación
As comunicacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da Canle de denuncias da Xunta de Galicia e das canles específicas das entidades do sector público autonómico situadas no Portal de Transparencia e Goberno Aberto ( https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias).
Estas canles están dispoñibles en dúas modalidades:
a) Modalidade anónima, na que non é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que deban investigar non coñezan a súa identidade.
b) Modalidade nominativa, na que é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que investigan coñecen a súa identidade e os seus datos de contacto e notificación. Nesta modalidade poderase manter a comunicación coa persoa informante para os efectos de solicitarlle, se é o caso, que aclare ou amplíe a información, e comunicarlle o tratamento dado á súa información, agás que renunciase expresamente a recibir comunicacións do responsable do sistema. Non obstante, garantirase a confidencialidade da persoa informante.
A presentación a través desta modalidade conecta coa sede electrónica da Xunta de Galicia, polo que utiliza o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na ligazón https://sede.xunta.gal, que funciona con calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
Opcionalmente, as comunicacións poderán presentarse:
a) Por vía postal ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (utilizando para iso o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia)
b) De xeito verbal e presencial, mediante a solicitude dunha cita presencial, nas dependencias administrativas en:
-
Edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña), cando a información que se quere comunicar afecte ás consellerías da Xunta de Galicia e ás entidades instrumentais do sector público autonómico de menos de 50 traballadores.
-
Sede central da entidade instrumental específica, cando a información que se quere comunicar afecte ás entidades instrumentais do sector público autonómico de 50 ou máis traballadores.
A onde acudir
a) Para cuestións relativas á Canle de denuncias da Xunta de Galicia, acudir a:
Consellería de Facenda e Administración Pública
Dirección Xeral de Simplificación Administrativa
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545472
Email: dxsa@xunta.gal
b) Para cuestións relativas ás canles específicas, acudir a:
As entidades ás que se dirixe a comunicación (se a entidade á que se refire a información que se quere comunicar non se atopa entre as entidades específicas que se poden escoller, a comunicación presentarase a través da Canle de denuncias da Xunta de Galicia).
Documentación complementaria
1. Xunto co anexo I, as persoas informantes poderán achegar a documentación que consideren oportuna ou na cal fundamenten a comunicación.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente tamén por vía electrónica.
Opcionalmente, a documentación complementaria poderase presentar por vía postal ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas informantes responsabilízanse da veracidade dos feitos que comuniquen e dos documentos que presenten e asumen as obrigas e responsabilidades que se deriven deles.
2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación deberase indicar o órgano responsable do servizo e o número de rexistro de entrada da comunicación, se se dispón del.
Tratamento de datos persoais e seguridade da información
Os datos recollidos no formulario normalizado serán tratados, na súa condición de responsable do tratamento pola consellería ou a entidade á que se dirixa a comunicación coa finalidade de verificar os datos e documentos que a persoa informante achegue e comprobar a súa exactitude, levar a cabo as actuacións que se deriven e informar, se é o caso, da decisión adoptada sobre o tratamento a darlle á comunicación recibida. Así mesmo, os datos persoais incluiranse na Carpeta cidadá de cada persoa informante para facilitarlle o acceso á información.
A lexitimación para o tratamento baséase no cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, na Directiva (UE) nº 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión, na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección ás persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción e demais normativa recollida na ficha do servizo na Guía de procedementos e servizos.
O acceso aos datos persoais quedará limitado, dentro do ámbito das súas competencias e funcións, exclusivamente a:
a) O Responsable do Sistema interno de información e a quen os xestione directamente.
b) O responsable de recursos humanos ou o órgano competente para a adopción de medidas disciplinarias.
c) O responsable dos servizos xurídicos da entidade ou organismo, se procedese a adopción de medidas legais en relación cos feitos relatados na comunicación.
d) Os encargados do tratamento que eventualmente se designen.
e) O delegado de protección de datos.
Os datos persoais da persoa informante non serán comunicados a terceiros agás consentimento expreso da persoa informante, salvo cando a dita comunicación constitúa unha obriga necesaria e proporcionada imposta polo dereito da Unión Europea ou polo dereito nacional no contexto dunha investigación levada a cabo polas autoridades competentes ou no marco dun proceso xudicial, ou cando correspondan a persoas que leven a cabo unha revelación pública nos termos do Título V da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. En particular, será lícita a súa comunicación a terceiros, cando resulte necesario para a adopción de medidas correctoras ou para a tramitación dos procedementos sancionadores ou penais que, no seu caso, procedan.
Entre outros, poderán ser comunicados cando sexa preciso para a realización dunha investigación a:
As Administracións públicas no exercicio das súas competencias
O Ministerio Fiscal no exercicio das súas competencias.
Os xuíces e tribunais no exercicio das súas competencias.
O Consello de Contas de Galicia no exercicio das súas competencias.
O Servizo Nacional de Coordinación Antifraude no exercicio das súas competencias.
A Oficina Europea de Loita contra a Fraude no exercicio das súas competencias.
As persoas informantes poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos?langId=gl_ES. O exercicio de dereitos por parte das persoas afectadas pola comunicación non implicará a revelación da identidade da persoa informante, salvo que resulte preciso en cumprimento dunha obriga legal. Pódese obter máis información e contacto co/coa delegado/a de protección de datos en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.
Os datos que sexan obxecto de tratamento poderán conservarse no sistema de información unicamente durante o tempo imprescindible para decidir sobre a procedencia de iniciar unha investigación sobre os feitos informados. Se se acreditase que a información ou parte dela non é veraz, suprimirase inmediatamente no momento en que se teña constancia desta circunstancia, salvo que a dita falta de veracidade poida constituír un ilícito penal, caso no se se gardará a información polo tempo necesario no que se tramite o procedemento xudicial.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Prazo máximo para adoptar unha decisión sobre o destino a darlle á comunicación recibida: 3 meses, que poderán ampliarse 3 meses máis se a complexidade do caso así o requirise.
Sentido do silencio: Non especificado
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Suxestión.
Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado.