Guía de procedementos e servizos

PR001A

Alta/renovación de usuario en Chave365.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Para a modificación de datos ou baixa do servizo do seu usuario de Chave365 pode facelo:

  • De forma presencial dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365, que pode consultar nesta relación.
  • Nesta sede electrónica accedendo a "A miña sede", sección de Chave365 na opción de menú de "Os meus datos".
  • A través da aplicación móbil XuntaEu, na opción Chave365.

O obxecto deste procedemento é a petición de alta e renovación no servizo Chave365 como mecanismo de identificación, autenticación e sinatura electrónicas nos procedementos administrativos e servizos da Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia nos que se habilite, e facilitando deste xeito aos usuarios a utilización dos servizos electrónicos ofrecidos pola Xunta nas actuacións que fagan aconsellable a admisión de sistemas de identificación e sinatura electrónicos alternativos.

Persoas físicas maiores de idade ou menores emancipados.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía

Servizo de Rexistro e Atención á Cidadanía

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981543976/ 981543975

Servizo de Rexistro e Atención á Cidadanía

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A validez do mecanismo de claves concertadas será dun máximo de catro anos desde a verificación da identidade. Transcorrido o devandito período, será necesario solicitar a renovación do mecanismo de claves concertadas por calquera das seguintes canles:

  • De forma presencial dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365, que pode consultar nesta relación.

  • Nesta sede electrónica accedendo a "A miña sede", sección de Chave365 na opción de menú de "Os meus datos".

  • A través da aplicación móbil XuntaEu, na opción Chave365.

As persoas interesadas poderán solicitar a alta ou renovación en Chave365:

  • Por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

  • Presencialmente, dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365, que pode consultar nesta relación.

Neste caso, a persoa interesada deberá acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando un documento identificativo orixinal:

- Persoas con cidadanía española: DNI, pasaporte ou carné de conducir.

- Persoas estranxeiras:  tarxeta de identidade de estranxeiro (TIE). Tamén serán válidos outros documentos oficiais e orixinais que acrediten a posesión do NIE (tarxeta vermella, tarxeta verde, tarxeta branca, certificado do rexistro de cidadáns da UE) xunto co pasaporte.

 

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de febreiro de 2014 pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2014).

    • Orde do 27 de marzo de 2023 pola que se modifica a Orde do 6 de febreiro de 2014 pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. (DOG nº 64 do 31 de marzo de 2023).

    • Resolución conxunta do 3 de setembro de 2015, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se acorda a posta en funcionamento de Chave365, servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 176 do 15 de setembro de 2015).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).

    • Real Decreto 311/2022, de 3 de maio, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridad (BOE nº 106, de 04 de maio de 2022)

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA006A

Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aberto todo o ano

FA009C

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Aberto todo o ano

PR002A

Queixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano