Guía de procedementos e servizos

PE402B

Inscrición no censo de embarcacións autorizadas na reserva mariña os Miñarzos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 19/06/2024 00:00 - 18/07/2024 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Regular a convocatoria para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

As embarcacións que soliciten a inscrición deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) O permiso de explotación da embarcación que estará en vigor deberá conter algunha das modalidades autorizadas no ámbito da Remip Os Miñarzos, de acordo co establecido nos artigos 5 e 6.bis do Decreto 87/2007, do 12 de abril, o artigo 4 da Orde do 27 de novembro de 2007, e o Plan de xestión integral aprobado para os anos 2024, 2025 e 2026.

b) A embarcación terá porto base na Comunidade Autónoma galega, e deberá estar inscrita no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Pesca

Servizo de Pesca

Praza de Europa, 5A-4º

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981-545009

Email: servizopesca@xunta.gal

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

19/06/2024 00:00 - 18/07/2024 23:59

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As persoas propietarias e/ou armadoras das embarcacións xa inscritas no censo aprobado mediante a Resolución do 25 de xuño de 2018, non teñen que presentar unha nova solicitude para continuar inscritas no censo específico da Remip Os Miñarzos.

Presentación de solicitudes.

A solicitude de inscrición no censo da Remip Os Miñarzos deberá ser formula polo armador ou propietario da embarcación.

Forma de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude, aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, excepto que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Nome da embarcación.

f) Matrícula e folio da embarcación.

g) Porto base da embarcación.

h) Identificación do propietario e/ou armador da embarcación.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 236 do 7 de decembro de 2007).

    • Corrección de erros.-Orde do 27 de novembro de 2007 pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 243 do 18 de decembro de 2007)

    • Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifica a Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se regula o uso e a xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 48 do 10 de marzo de 2009).

    • Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 88 do 8 de maio de 2007).

    • Corrección de erros.-Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 137 do 16 de xullo de 2007).

    • Decreto 241/2008, do 2 de outubro, polo que se modifica o Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 210 do 29 de outubro de 2008).

    • Resolución do 7 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 117 do 18 de xuño de 2024).

    • Resolución do 26 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproba o Censo provisional de embarcacións autorizadas a pescar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 150 do 5 de agosto de 2024).

    • Resolución do 10 de setembro de 2024 pola que se aproba o censo definitivo de embarcacións autorizadas a pescar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 180 do 18 de setembro de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE119A

Axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca

Tramitar en liña

Prazo aberto: 06/01/2026 00:00 - 05/02/2026 23:59

PE155A

Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 17/01/2026 00:00 - 16/02/2026 23:59

PE155B

Axudas autonómicas a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

Tramitar en liña

Prazo aberto: 17/01/2026 00:00 - 16/03/2026 23:59

PE209B

Axudas a proxectos colectivos para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables

Tramitar en liña

Prazo aberto: 03/01/2026 00:00 - 02/02/2026 23:59