Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE401I - Axudas ás persoas mariscadoras afectadas polo cesamento temporal da actividade marisqueira como consecuencia do covid-19
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e convocar para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, axudas ás persoas mariscadoras a pé afectadas polo cesamento temporal da actividade marisqueira como consecuencia do brote do COVID-19. Estas persoas, como persoas traballadoras autónomas, quedan sometidas ao disposto no artigo 10.1.a) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Código do procedemento administrativo: PE401I.
2. O período de referencia subvencionable da paralización temporal da actividade de marisqueo a pé é do 16 de marzo ao 30 de xuño de 2020 (ambos incluídos).
1. Poderán ser beneficiarias:
As persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé para recursos marisqueiros xerais ou específicos que levasen a cabo actividade extractiva (días de actividade) cando menos 120 días durante os anos 2018 e 2019.
Cando a persoa mariscadora a pé sexa titular dun permiso de explotación cunha vixencia inferior aos dous anos no momento da data de presentación da solicitude de axuda, os días mínimos de actividade extractiva requiridos para a dita persoa calcularanse como a proporción de 120 días nos dous últimos anos civís. De acordo con isto, os días de actividade extractiva exixidos para cumprir este requisito serán os días resultantes de dividir entre 6 o período desde o outorgamento do permiso de explotación.
2. Os días de actividade extractiva verificaranse mediante as notas de vendas realizadas nas lonxas ou centros de venda autorizados e serán os que consten nos rexistros da Consellería do Mar.
Obrigas das persoas beneficiarias
1. As persoas beneficiarias, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos establecidos na normativa de aplicación a estas.
2. As persoas beneficiarias deberán:
a) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución ou a consecución dos fins para os cales foi concedida a axuda de que se trate.
b) Facilitar toda a información que lles sexa requirida en relación coas subvencións concedidas e someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade concedente, así como os órganos de fiscalización e control da Comunidade Autónoma, da Administración xeral do Estado e da Unión Europea.
c) Proporcionar toda a información e datos necesarios para poder proceder ao seguimento e avaliación do programa operativo, de acordo co establecido no artigo 111 do Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao FEMP.
d) Cumprir as condicións de admisión da solicitude do artigo 10.1 do Regulamento (UE) nº 508/2014, durante todo o período de execución da operación e durante un período de cinco anos despois da realización do pagamento final. Así, no caso de detectárense infraccións ou fraudes en controis posteriores á concesión da axuda, e de conformidade co artigo 202 do Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046, poderase recuperar a axuda aboada indebidamente.
e) Manter un sistema de contabilidade separado, ou ben asignar un código contable axeitado que permita coñecer todas as transaccións relacionadas coa operación que se subvenciona, co obxecto de facilitar a pista de auditoría, de acordo co artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
1. As persoas mariscadoras a pé, que sexan beneficiarias de acordo co disposto no artigo anterior, terán que cumprir os seguintes requisitos:
a) Que o permiso de explotación para marisqueo a pé, o permiso de explotación a pé con utilización dunha embarcación auxiliar ou o permiso de explotación a pé para recursos específicos estea en vigor. Ademais, as persoas mariscadoras a pé non terán autorizada a suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación no período de referencia subvencionable.
O cumprimento deste requisito verificarase mediante a información que obra nos rexistros da Consellería do Mar.
b) Estar en situación de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar no momento da solicitude e durante a vixencia do permiso de explotación para 2020.
c) A actividade extractiva de marisqueo (días de actividade) da persoa no período de referencia subvencionable terá que ser inferior á media dos días de actividade no dito período nos tres últimos anos civís anteriores (agás períodos extraordinarios), establecidos no artigo 7.1.
d) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) As sinaladas no artigo 10, parágrafos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio.
c) Ter sido sancionados coa imposibilidade de obtención de préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
R/ Do Valiño, 63
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Territorial da Consellería do Mar da Coruña
R/ Ramón y Cajal, 2-5º
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
Gerardo Harguindey Banet
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555003
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Territorial da Consellería do Mar de Vigo
R/ Concepción Arenal, 8, 4º andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Orde do 4 de agosto de 2020 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2020 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do brote do COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) (código de procedemento PE401I) (DOG núm. 162, do 13 de agosto de 2020)
Extracto da Orde do 4 de agosto de 2020 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2020 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do brote do COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) (código de procedemento PE401I) (DOG núm. 162, do 13 de agosto de 2020)
Corrección de erros. Orde do 4 de agosto de 2020 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2020 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do brote do COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca). (DOG nº 188 do 16 de setembro de 2020).
Resolución do 30 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade das axudas concedidas correspondentes á convocatoria do exercicio 2021 (DOG nº 8 do 13 de xaneiro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
14/08/2020 00:00 - 14/09/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
A solicitude de axuda dirixirase, en función do permiso de explotación para marisqueo a pé, á xefatura territorial correspondente da Consellería do Mar.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que contén esta e na cal se fan constar os seguintes aspectos:
a) Que cumpran os requisitos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Que non se atopan en ningún dos supostos establecidos no apartado 1 do artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, é dicir:
1º. Non ter cometido infracción grave consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou o artigo 90.1 do Regulamento (CE) nº 1224/2009.
2º. Non ter estado involucradas na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDR da Unión Europea recollida no artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou de buques que enarboren pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes segundo se establece no seu artigo 33.
3º. Non ter cometido infraccións graves da política pesqueira común (PPC).
4º. Non ter cometido fraude no marco do Fondo Europeo de Pesca (FEP) ou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
c) Non ter sido sancionadas coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
d) O conxunto de todas as solicitudes formuladas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
e) Non ser perceptor da prestación extraordinaria de cesamento de actividade regulada no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.
f) Non ser perceptor de axudas como persoa armadora ou tripulante pola paralización temporal da actividade pesqueira para o mesmo período de tempo como consecuencia do brote de COVID-19, ao abeiro do artigo 33 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
g) A percepción dalgunha das seguintes prestacións entre o 16 de marzo e o 30 de xuño: incapacidade temporal, nacemento e coidado de menor, risco durante o embarazo, risco durante a lactación, coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.
h) Non ser unha empresa en crise segundo a definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2014/C249/01).
A presentación da solicitude de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade das declaracións anteriores por calquera medio ou rexistro dispoñible.
3. De acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, co fin de acreditar que o solicitante está ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ten pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega.
Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento e deberá presentar entón as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.
Se por razóns técnicas ou doutra índole estes certificados non puideren ser obtidos polo órgano xestor, poderán ser requiridos ao interesado.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II. Nomeamento de representante, se é o caso.
b) Documentación de acreditación da personalidade: no caso de solicitude por persoa representante, acreditar a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia da súa existencia.
Entenderase acreditada a representación nos procedementos administrativos tramitados polo sector público autonómico mediante outorgamento de apoderamentos apud acta efectuados pola comparecencia persoal nas oficinas da rede regulada na dita lei, pola comparecencia electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da acreditación da inscrición no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia, ou no que corresponda, do poder de representación.
c) Se é o caso, informe do Instituto Social da Mariña (ISM) de percepción dalgunha das seguintes prestacións no período comprendido entre o 16 de marzo e o 30 de xuño de 2020:
1º. Cesamento de actividade de traballadores autónomos.
2º. Incapacidade temporal.
3º. Nacemento e coidado de menor.
4º. Risco durante o embarazo.
5º. Risco durante a lactación.
6º. Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante.
b) DNI/NIE da persoa autorizada ou NIF da entidade autorizada.
c) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
f) Certificado de acharse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións obtida da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
g) Concesións de subvencións e axudas.
h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Vida laboral.
j) A condición de persoa mariscadora a pé, que se acredita por ser titular dun permiso de explotación para marisqueo a pé, dun permiso de explotación para marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar, ou dun permiso de explotación a pé para recursos específicos, así como o feito de non ter autorizada a suspensión temporal deste, será verificada pola Consellería do Mar a través dos datos existentes no seus rexistros.
k) Verificación do número de días de actividade extractiva realizados pola persoa no período de parada subvencionable, que se comprobará da mesma forma que no punto anterior.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado do anexo I e achegar os documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Iniciación
- Nomeamento de representante (Anexo II)
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de requirimento
- Consentimento para a consulta de antecedentes penais (Anexo I-Bis)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Traslado do permiso de explotación para embarcación.
Permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar.
Renovación de modalidades de recursos específicos no permiso de explotación para embarcación
Cambio de porto base.
Outorgamento das modalidades de recursos específicos no permiso de explotación para embarcación e da acreditación para a explotación do percebe.
Inclusión e actualización nas listas para o incremento do número de cotas de captura para as embarcacións incluídas nun plan de xestión de recursos específicos.