Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE401A
Permiso de explotación para embarcación.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Se vostede desexa faenar en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia necesita ter un permiso de explotación.
Titulares de embarcacións da lista 3ª do Rexistro de Matricula de Buques inscritas no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia, e aqueloutras que, non tendo porto base nesta comunidade, pretendan exercer a actividade extractiva dos recursos mariños en augas competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos
Estar inscritas no Rexistro de Buques da Comunidade Autónoma.
Cumprir a normativa vixente en materia de seguridade.
Que a empresa que explote comercialmente a embarcación e o persoal enrolado nesta estean de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
Que a empresa que explote comercialmente a embarcación non teña sanción firme en materia de protección de recursos en vía administrativa pendiente de pagamento.
Que o armador da embarcación non sexa titular de autorizacións ou concesións administrativas para a explotación dos recursos mariños das zonas marítimas e marítimo-costeiras.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Solicitude segundo o Anexo I.
Para os casos de persoa física:
Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante titular da embarcación , só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
No suposto de cotitularidades, copia do DNI ou NIE das persoas titulares da embarcación distintas da que asina a solicitude , só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.
Para os casos de persoa xurídica:
Copia do DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
Copia da escritura acreditativa de la constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.
Copia dos estatutos polos que se rexe.
Abono da taxa administrativa.
Copia do rol de despachos e dotación da embarcación dos últimos 3 anos.
Copia da folla de asento do buque actualizada certificada, literal y completa.
Documentos que acrediten alta no Réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar da empresa que explote comercialmente o buque e do persoal enrolado neste.
Documento de inscrición do buque no Rexistro Mercantil actualizado ou certificación acreditativa desta inscrición (só para novas solicitudes).
Anexos
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Catro meses
Que ocorre se non recibes resposta?
Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.
Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.
A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.
A resolución pode ser:
- Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
- Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).
Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Pesca
Servizo de Pesca
RÚA VALIÑO, 63-65
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544072
Fax: 981544740
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Xefatura Comarcal de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805470
Fax: 986805512
Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Xefatura Comarcal de Ferrol
PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337315
Fax: 981337318
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Xefatura Comarcal de Ribeira
PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N
15960 Ribeira (Coruña, A)
Teléfono: 881997155
Fax: 881997151
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Xefatura Comarcal de Vilagarcía de Arousa
Alto da Rosa s/n - Carril
36610 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 886206308
Fax: 886206314
Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es
Órgano responsable
-
Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994). Ligazón á normativa
-
Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008). Ligazón á normativa
-
Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009). Ligazón á normativa
-
Orde do 6 de abril de 2004 pola que se regulan os procedementos de expedición, renovación, traslado e transmisión dos permisos de explotación para embarcacións (DOG nº 68 do 7 de abril de 2004). Ligazón á normativa
-
Orde do 6 de novembro de 2009 pola que se modifica a Orde do 6 de abril de 2004 pola que se regulan os procedementos de expedición, renovación, traslado e transmisión dos permisos de explotación para embarcacións (DOG nº 224 do 16 de novembro de 2009). Ligazón á normativa
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.
Aberto todo o ano
Permiso de explotación a pé.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Traslado do permiso de explotación para embarcación.
Aberto todo o ano
Permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar.
Aberto todo o ano