Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE209R
Axudas a proxectos colectivos para equipamentos destinados á restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Establecer o réxime das axudas a proxectos colectivos, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para equipamentos destinados á restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables.
1. Poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes entidades, sempre que teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia:
a) Confrarías de pescadores.
b) Organizacións de produtores pesqueiros.
c) Entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro.
d) Entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas sinaladas na letra a).
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) As sinaladas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As incursas nas circunstancias previstas no artigo 13, números 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) As que se atopen nalgún dos supostos establecidos nos apartados 1, letras a) e b), e 3 do artigo 11 do Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021.
d) As que non cumpran coas obrigas establecidas nos artigos 55 e 58, ou coas obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas na sección 3ª do capítulo IX, do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do propio decreto.
3. As entidades sinaladas no punto primeiro deste artigo poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente, como unha agrupación de entidades (proxecto conxunto). Neste último caso deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos lle corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que lle corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse unha entidade representante ou apoderada única da agrupación –que será unha das entidades que a constitúen– con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de entidade representante ou apoderada única, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.
4. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todas as entidades beneficiarias integradas nela en relación coas actividades subvencionadas que se comprometeron a realizar, ou ben solidariamente cando non sexa posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada unha delas.
5. A agrupación non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo establece o artigo 8.3, parágrafo segundo, da propia lei.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico
Servizo de Xestión de Proxectos
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños - 15781 Santiago
15705 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 547 483
Prazo de presentación: ABERTO
26/09/2026 00:00 - 26/10/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). Enténdese como último día do prazo o correspondente ao mesmo día cardinal do día da publicación, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, enténdese que o prazo expira o último día de mes. No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que o emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fora realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar canda a solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da personalidade:
a.1) Certificación do órgano competente en que se acredite o desempeño actual do cargo por parte do asinante e se especifique o acordo polo cal se lle concede a este autorización para formalizar a solicitude. Esta certificación non será necesaria se actúa en virtude de atribucións fixadas nos estatutos da entidade e así se indica na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
a.2) Se a entidade solicitante non é unha confraría de pescadores ou unha federación de confrarías, copia dos seus estatutos. Non será necesario achegar este documento cando xa conste nos arquivos da Consellería do Mar por telo presentado nun procedemento administrativo nos últimos cinco (5) anos. Neste caso deberá indicarse o procedemento, a data de presentación e o órgano ante o que se presentou.
b) Memoria do proxecto técnico ou anteproxecto valorado ao que se van a destinar os equipamentos e a súa necesidade, que permita determinar a viabilidade do proxecto e realizar a súa valoración conforme os criterios establecidos no artigo 18 desta orde.
Esta memoria deberá conter, polo menos:
b.1) Descrición das accións emprendidas pola entidade solicitante nos últimos dous anos dirixidas á mellora da xestión ou da produtividade das zonas explotadas, indicando o custo de cada unha delas e o grao de consecución dos obxectivos esperados.
b.2) Explicación das necesidades que se pretende cubrir e dos obxectivos perseguidos.
b.3) Descrición das accións que se pretende acometer.
b.4) Información relativa aos indicadores de resultados conforme o previsto no artigo 47.1 do Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004.
b.5) Datos complementarios necesarios para a valoración do proxecto.
Para a elaboración desta memoria do proxecto deberá utilizarse como modelo o «Modelo A: Memoria do proxecto PE209R», que se pode consultar na páxina web da Consellería do Mar https://mar.xunta.gal/gl/o-sector/proxectos-colectivos/fempa
c) Orzamento detallado de cada unha das adquisicións, no cal o IVE deberá vir separado, segundo o anexo II e acompañado da documentación xustificativa dos custos incluídos (orzamentos, contratos, facturas pro forma, etc.).
Se for o caso, tamén se deberá acreditar a petición de tres ofertas e a xustificación da seleccionada, de acordo co indicado no artigo 7.4 desta orde.
2. No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, os interesados deberán achegar coa solicitude o anexo III («Declaración de financiamento do proxecto e declaración responsable de non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións e comprobación de datos») e a documentación adicional que nel se especifica:
a) Acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de todas as entidades solicitantes.
b) Distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.
c) Documentación sinalada nas alíneas a.1), a.2), b.1) e b.2) do punto 1 deste artigo por cada un dos solicitantes. A documentación referida nas alíneas b.1) e b.2) débese incluír na memoria do proxecto técnico ou anteproxecto valorado.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, de non se poderen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle que o emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que realizara a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
f) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
g) NIF da entidade solicitante (anexo I).
h) NIF da entidade declarante (anexo III).
i) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
No caso de solicitudes conxuntas, esta consulta realizarase para cada una das entidades.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado do anexo I ou anexo III, segundo o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos acreditativos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Resolución
- Modelo de aceptación ou renuncia (Anexo IV)
- Fase de Xustificación
- Declaración doutras axudas e de mantemento dos requisitos para ser beneficiario (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 15 de setembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para equipamentos destinados á restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sostibles (DOG nº 183 do 25 de setembro de 2026).
-
Extracto da Orde do 15 de setembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para equipamentos destinados á restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sostibles (DOG nº 183 do 25 de setembro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas para compensar aos acuicultores pola suspensión temporal da colleita de moluscos cultivados
Prazo aberto: 23/09/2026 00:00 - 22/10/2026 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Permiso de explotación a pé.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano