Guía de procedementos e servizos

PE209Q

Axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 14/08/2026 00:00 - 14/09/2026 23:59

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Regular as solicitude das axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026.

1. Poderán ser entidades beneficiarias

  • Confrarías de pescadores

  • Organizacións de produtores

  • Cooperativas do mar

  • Asociacións de profesionais do sector

  • Demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Non poderán ser beneficiarias aquelas entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As entidades sinaladas no parágrafo primeiro deste artigo poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente como unha agrupación de entidades. Neste último caso, deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiaria corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento do apoderado, deberán ratificarse mediante un documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.

4. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos os beneficiarios integrados nela en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar, ou solidariamente cando non for posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada un deles.

5. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo establece o artigo 8 desta lei.

6. Cada unha das entidades sinaladas no parágrafo primeiro deste artigo só poderá formular unha solicitude de axuda de proxectos como máximo, sexa individual ou conxunta. No caso de presentar máis, só será considerada para entrar no procedemento a primeira solicitude segundo a orde de rexistro de entrada na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico

Servizo de Xestión de Proxectos

Rúa dos Irmandiños s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 547 483

Email: proxectos-colectivos.dxdp@xunta.gal

Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

14/08/2026 00:00 - 14/09/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes e comezará o quinto día hábil contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.


Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I-Solicitude) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da personalidade:

a.1) Certificación do órgano competente en que se acredite o desempeño actual do cargo por parte do asinante e se especifique o acordo polo que se lle concede a este a autorización para formalizar a solicitude. Se actúa en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.

a.2) Se a entidade solicitante non é unha confraría de pescadores ou federación de confrarías, copia dos seus estatutos. Non será necesario achegar este documento cando xa conste nos arquivos da Consellería do Mar por telo presentado nun procedemento administrativo nos últimos cinco (5) anos. Neste caso, deberán indicarse o procedemento, a data de presentación e o órgano ante o cal se presentou.

b) Orzamento detallado da acción, en que o IVE deberá vir separado, segundo o anexo I, e acompañado da documentación xustificativa dos custos incluídos (orzamentos, facturas pro forma, etc.).

Se é o caso, tamén se deberá acreditar a solicitude de 3 ofertas e a xustificación da seleccionada, de acordo co indicado no artigo 7.5 desta orde.

c) Copia de permiso de inmersión, segundo o establecido no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, ou da xustificación de telo solicitado aos organismos correspondentes.

d) No caso das solicitudes en que se proxecte a execución de accións en zonas incluídas nun plan de explotación e xestión conxunto con outras entidades, escrito de conformidade co proxecto dos demais cotitulares do plan.

2. No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o anexo II de declaración de financiamento do proxecto e a declaración responsable de non estaren incursas na prohibición para obter a condición de beneficiarias de subvencións e a documentación adicional que nel se especifica:

a) Acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de todas as entidades solicitantes.

b) Distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.

c) Documentación sinalada nas líneas a.1), a.2) do punto 1 deste artigo por cada un dos solicitantes.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Comprobación das subvencións e axudas públicas concedidas.

e) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) NIF da entidade solicitante (anexo I).

g) NIF da entidade declarante (anexo II).

h) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

Para solicitudes conxuntas esta consulta se realizará para cada una das entidades, se é o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado do anexo I ou anexo II, segundo o caso, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos acreditativos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026 (DOG nº 148 do 07 de Agosto de 2026).

    • Extracto da Orde do 29 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026 (DOG nº 148 do 07 de Agosto de 2026).

    • Orde do 27 de agosto de 2026 pola que se modifica a Orde do 29 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026 (DOG nº 167 do 03 de Setembro de 2026).

    • Extracto da Orde do 27 de agosto de 2026 pola que se modifica a Orde do 29 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026 (DOG nº 167 do 03 de Setembro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE205K

Axudas para compensar aos acuicultores pola suspensión temporal da colleita de moluscos cultivados

Tramitar en liña

Prazo aberto: 23/09/2026 00:00 - 22/10/2026 23:59

PE209R

Axudas a proxectos colectivos para equipamentos destinados á restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables

Tramitar en liña

Prazo aberto: 26/09/2026 00:00 - 26/10/2026 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano