Guía de procedementos e servizos

PE209F

Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 24/01/2026 00:00 - 23/02/2026 23:59

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

A concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar aos bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, no mar e nas praias.

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros, cooperativas do mar, e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras. As entidades serán sen ánimo de lucro, e terán ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Cando as actividades de recollida de residuos e de arribazóns de algas que poidan afectar os bancos marisqueiros sexan realizadas no ámbito territorial dun plan de xestión de marisqueo, só poderán ser beneficiarios das subvencións as entidades de interese colectivo do sector que sexan titulares do plan de xestión.

3. Non poderán obter a condición de beneficiario aquelas entidades en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) As persoas sinaladas no artigo 10.2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As persoas incursas nas circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Os operadores que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 11.1 e 3 do Regulamento (UE) núm. 2021/1139.

d) As persoas que non estean ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

4. As entidades poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente entre elas, como unha agrupación de entidades. As entidades que concorran conxuntamente deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada, que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiario lle corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de apoderado, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.

5. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar, ou solidariamente cando non sexa posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada un deles.

6. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo establece o artigo 8 desta lei.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 546 147

Email: galp.cm@xunta.gal

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

24/01/2026 00:00 - 23/02/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). A presentación da solicitude nun formulario distinto será causa de inadmisión.

De conformidade co previsto no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Se a emenda deste concreto defecto (presentación presencial da solicitude) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución en que se desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 20.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para a presentación electrónica poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As persoas solicitantes realizarán as seguintes declaracións responsables, empregando para o efecto o formulario do anexo I:

a) Que respecta a Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea.

b) Que ten en conta e promove a igualdade entre mulleres e homes.

c) Que evita calquera discriminación por razón de xénero, orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual.

d) A veracidade de todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan.

e) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Estar ao día nas obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade cos artigos 11.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 10 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Non se atopa en ningún dos supostos do artigo 11.1 e 3 do Regulamento (UE) 2021/1139, é dicir:

1º. Non cometeu infraccións graves conforme o artigo 42 do Regulamento (CE) nº1005/2008 do Consello ou o artigo 90 do Regulamento (CE) núm. 1224/2009, ou conforme outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC;

2º. Non estivo involucrado na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40.3 do Regulamento (CE) núm. 1005/2008, ou dalgún buque con pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, segundo se establece no artigo 33 do devandito regulamento, ou

3º. Non se ten determinado por medio dunha resolución definitiva que cometeu fraude, tal como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371, no contexto do FEMP ou do FEMPA.

i) A condición de ser ou non ser poder adxudicador nos termos da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

j) Que o IVE soportado é recuperable ou non polo promotor.

k) Ter a capacidade administrativa e financeira e operativa para levar a cabo o proxecto para o que se solicita a axuda.

l) Que a operación presenta a mellor relación entre o importe da axuda, as actividades emprendidas e a consecución dos obxectivos.

m) Dispoñer dos recursos e mecanismos financeiros necesarios para cubrir os custos de funcionamento e mantemento das operacións, no caso de que estas impliquen investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos e para garantir a súa sustentabilidade financeira.

n) Estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

ñ) No caso de investimentos en infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco anos, cúmprese co principio de protección fronte ao cambio climático.

o) A operación non inclúe actividades que forman parte dunha operación suxeita a rerelocalización, de conformidade co artigo 66 ou que constitúan unha transferencia dunha actividade produtiva, de conformidade co artigo 65.1.a) ambos os dous do Regulamento (UE) 2021/1060.

p) Os investimentos non foron iniciados, agás, de ser o caso, o informe de residuos mariños, no caso da pesca activa, e o informe de técnico competente relativo á protección fronte ao cambio climático.

q) Os bens inventariables para os que se solicita a subvención dos gastos de amortización corresponden a investimentos rexistrados na contabilidade da entidade beneficiaria e non foron adquiridos por ningún tipo de subvención, xa sexa europea, nacional, autonómica ou local.

r) Cumpre a normativa comunitaria, nacional e autonómica vixente, en particular a lexislación en materia de accesibilidade para as persoas con discapacidade, e en materia ambiental, de ser o caso.

3. As solicitudes estarán asinadas polo representante legal da entidade solicitante. A presentación das solicitudes non asinadas polo representante legal será causa de inadmisión.

4. As entidades solicitantes realizarán unha declaración responsable sobre a aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade, de acordo co sinalado no anexo I.bis.

5. A presentación da solicitude de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade das declaracións anteriores, por calquera medio ou rexistro dispoñible. No caso da declaración de cumprimento do artigo 11 do Regulamento (UE) 202/1139, a autorización terá validez nos 5 anos posteriores á concesión da axuda.

6. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, como organismo intermedio de xestión, recollerá información sobre os titulares reais dos perceptores da financiación da Unión Europea, de conformidade cos datos que figuran no anexo XVII do Regulamento (UE) 2021/1060, e con base no establecido no artigo 62.2 do dito regulamento.

De conformidade co artigo 5, punto 8, do Regulamento do Rexistro Central de Titularidades Reais, aprobado polo Real decreto 609/2023, do 11 de xullo, a información contida no rexistro será accesible, de forma gratuíta e sen restrición, unicamente para o desenvolvemento das súas misións específicas, ás autoridades e organismos nacionais que xestionen, verifiquen, paguen ou auditen fondos europeos, e cuxas funciones veñan determinadas nun regulamento comunitario en que veña establecido que a información sobre titulares reais do beneficiario dos fondos pode cumprirse empregando os datos almacenados nos rexistros a que se refire o artigo 30 da Directiva (UE) núm. 2015/849; no caso de España, o Rexistro Central de Titularidades Reais.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da personalidade: certificación do órgano competente en que se acredite o desempeño actual do cargo por parte da persoa asinante e se especifique o acordo polo que se lle concede a este autorización para formalizar a solicitude. Se actua en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.

b) Copia dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro correspondente.

Non será necesario achegar este documento cando xa conste nos arquivos da Consellería do Mar por telo presentado nun procedemento administrativo nos últimos cinco (5) anos. Neste caso, deberá indicarse o procedemento, a data de presentación e o órgano ante o cal se presentou.

Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores.

c) Proxecto que permita determinar a súa viabilidade e realizar a valoración conforme os criterios establecidos nos artigos 21 e 22 desta orde.

Forman parte do proxecto a memoria e orzamento que conteña unha descrición deste conforme o modelo que figura na páxina web https://mar.xunta.gal/gl/o-sector/proxectos-colectivos/fempa. A presentación en modelo diferente será causa de inadmisión.

A memoria do proxecto deberá conter, polo menos:

1º. Datos das entidades solicitantes, e representante, de ser o caso.

2º. Descrición da entidade: experiencia da entidade na xestión de proxectos financiados pola Unión Europea nos tres últimos anos naturais. Experiencia da entidade en proxectos relacionados coa recollida lixo mariño nos cinco últimos anos naturais, de ser o caso. Equipo que a entidade vai destinar para a xestión do proxecto, concretando quen será a persoa supervisora. Elementos que aseguran a capacidade técnica e administrativa da entidade para a realización do proxecto.

3º. Explicación das necesidades que se pretenden cubrir. Identificar o obxectivo xeral do proxecto, que debe describir que é o que o proxecto pretende conseguir. Identificar os obxectivos específicos do proxecto. Explicar quen se beneficiará directamente do proxecto, é dicir, o/os grupo/s obxectivo/s que se verán beneficiados dos resultados dos investimentos, e indicar o número de persoas pescadoras que participarán directamente no proxecto.

No caso dos investimentos recollidos no artigo 6.3.g).2º que se atopen fóra de solos urbanos o urbanizables ordenados ou sectorizados, as infraestruturas deberán estar xeorreferenciadas.

4º. Descrición das liñas de actuación e accións segundo o establecido nos puntos 2 e 3 do artigo 6 desta orde que se pretenden acometer en cada unha delas.

Nas actuacións indicarase:

i. Ámbito xeográfico de actuación do proxecto e zonas de traballo en que se levarán a cabo as accións de limpeza. Localización cartográfica (planos sobre mapas) e xeorreferenciación das zonas de traballo en que se realizará a limpeza, indicando as súas superficies (en km2) e a superficie total. Nas zonas de traballo identificaranse os bancos marisqueiros concretos (denominación completa) conforme se denominan no plan de xestión, de ser o caso. Características da zona.

ii. Nas actuacións de pesca de lixo activa: coñecemento probado da existencia de residuos. Xustificación de que a recollida se realiza en zonas de maior acumulación de lixo ou zonas especificamente vulnerables, conforme o informe de residuos mariños presentado. Xustificación de que non se produce unha pesada carga ambiental derivada da actividade de recollida, por exemplo un uso excesivo de combustible para a dita recollida. Relación de embarcacións pesqueiras e/ou persoas mariscadoras a pé que realizarán a recollida de lixo mariño.

iii. Nas actuacións de recollidas de arribazóns: información das limpezas efectuadas nos últimos tres anos naturais no ámbito do plan de xestión marisqueiro, en particular grupos ou especies principais de algas, número de días, estimación das cantidades recollidas (en quilogramos), número estimado de persoas mariscadoras que participaron na recollida, número de embarcacións participantes no plan que participaron e número doutras embarcacións. Zonas previstas de recollida. Xustificación da posible afección aos bancos marisqueiros. No caso de recollida en zonas de proliferación anormalmente alta de algas, xustificación de que non se produce unha pesada carga ambiental derivada da actividade, por exemplo, un uso excesivo de combustible para a dita recollida. Relación de embarcacións pesqueiras e/ou persoas mariscadoras a pé que realizarán a recollida.

iv. Plan de traballo indicando os procesos e tarefas, os actores implicados, as súas responsabilidades, os protocolos de traballo, os medios ou elementos que se van empregar, as actividades de transporte, almacenamento, manexo, clasificación, caracterización e reciclaxe, de ser o caso. Elementos de transporte empregados que sexan propiedade da entidade. Descrición do traballo que van realizar as persoas pescadoras e mariscadoras na zona de recollida e na zona de depósito. No caso da pesca de lixo activa, número de días de recollida e horario da xornada de recollida polas embarcacións ou persoas mariscadoras a pé. No caso da limpeza de algas, número de días de recollida, e estimación das horas de traballo polas embarcacións ou persoas mariscadoras a pé. Planos da zona de depósito onde se efectuará o almacenamento temporal de residuos ou argazos. Descrición do destino final do recollido e como se realizará a xestión de residuos. Descrición dos permisos necesarios en actividades concretas, de ser o caso.

No caso da recollida con artefacto específico, xustificarase a elección deste en función das características e condicións da zona de traballo e da ausencia de impacto negativo no hábitat. Incluirase plano ou croquis.

v. Descrición das entidades colaboradoras que prestarán apoio no proxecto e concreción deste. Considerase entidade colaboradora a que apoia o proxecto realizando achegar non monetarias a este (por exemplo, cesión de espazos, materiais ou servizos) sempre que se poña de manifesto por escrito.

vi. Accións de divulgación, sensibilización e formación en materia de loita conta o lixo mariño, co obxecto de fomentar a prevención e redución do lixo e promover o papel do sector pesqueiro na dita loita, incluíndo: obxectivos, contidos, metodoloxía, programación, etc.

5º. Plan comunicación. Descrición das accións de comunicación, información e publicidade do proxecto.

O plan de comunicación consistirá en actuacións de comunicación e publicidade, entre outras: desenvolvemento dunha epígrafe explicativa do proxecto na páxina web da entidade, estratexia de difusión en redes sociais, difusión en medios de comunicación, organización e participación de actos públicos, e elaboración dunha memoria ou un resumo executivo ao remate do proxecto.

6º. Calendario de realización das accións previstas.

7º. Orzamento detallado de cada unha das accións propostas, en que o IVE deberá vir separado. No caso de incluír decimais, só poderán empregarse dous.

O orzamento da memoria deberá estruturarse en conceptos detallados e coincidentes cos orzamentos ou facturas pro forma recollidos no artigo 10.4 e punto 1.d) do presente artigo.

De ser o caso, incluirase a relación de ofertas solicitadas e elixidas.

O cadro que consigne os datos relativos aos gastos de amortización dos elementos de transporte conterá a seguinte información:

i.Valor de adquisición do elemento e valor.

ii. Data de entrada en funcionamento. No caso de diferir da data de factura de compra, xustificarase debidamente.

iii. Data de remate da vida útil do elemento.

iv. Porcentaxe de amortización aplicado, dentro de los límites establecidos nas táboas oficiais de coeficientes máximos de amortización establecidos para o imposto de sociedades, e conforme o dato que figure rexistrado na contabilidade da entidade.

v. Cantidade anual amortizable.

vi. Número de días imputados á operación.

vii. Número de días de emprego anual.

viii. Custo total imputado en concepto de amortización.

8º. Información relativa aos indicadores conforme o previsto nos Criterios de selección de operacións do programa FEMPA 2021-207 para España:

CR10-Número de intervencións que contribúen ao bo estado ambiental, en particular de recuperación e conservación da natureza, protección de ecosistemas, biodiversidade, saúde e benestar animal.

CR09-Superficie recollida en operacións que contribuen ao bo estado ambiental, á protección, conservación e restablecemento da biodiversidade e ecosistemas (km2 de áreas mariñas protexidas, Rede Natura 2000, ou outras áreas protexidas).

9º. Estudo económico-financeiro externo acreditativo da viabilidade económica do proxecto ou resultado da ferramenta de autoavaliación da viabilidade que pode consultarse na páxina web da Consellería do Mar: https://mar.xunta.gal/gl/o-sector/proxectos-colectivos/fempa

d) Documentación xustificativa de todos os custos incluídos (orzamentos, facturas pro forma, contratos, etc.) cunha información detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, equipamentos ou sistemas que os integran. Na presentación de ofertas terase en conta o disposto no artigo 10.4.

As ofertas deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, enderezo, e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe unitario por concepto (especificando se inclúe ou non IVE) e a descrición técnica dos elementos ofertados. Non se admitirán conceptos de orzamentos sen desagregar tales como «outros», «imprevistos» ou similares.

As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables.

Non é preciso a presentación de orzamentos no caso dos gastos de amortización, e das compensacións ás persoas pescadoras e mariscadoras pola da pesca de lixo activa ou a recollida de arribazóns en zonas de proliferación anormalmente alta de algas.

No caso de ter que presentar tres ofertas, a elección entre elas achegarase coa solicitude de subvención, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e xustificarase expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

e) As facturas de adquisición dos elementos de transporte ou equipamentos para o movemento de cargas a nome da entidade, no caso de solicitar gastos de amortización.

f) Documento da entidade colaboradora que inclúa as actuacións que apoiará no proxecto, conforme o previsto na memoria.

g) Declaración responsable sobre a aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade conforme ao anexo I.bis.

h) Informe de técnico competente que garanta a protección fronte ao cambio climático dos investimentos en infraestruturas cuxa vida útil sexa como mínimo de cinco anos, de ser o caso.

i) Informe de residuos mariños que xustifique que se trata dunha zona de maior acumulación de residuos mariños ou zonas especificamente vulnerables con presenza de lixo, no caso da pesca activa recollida no artigo 6.2.a).1º, no seu caso.

j) Calquera outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.

2. No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación dos puntos a) e b) do número 1 por cada un dos solicitantes, e engadirase:

1º. Un acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de toda as entidades solicitantes.

2º. A distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.

3º. Declaración responsable de cada unha das entidades, de acordo co anexo III.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación dos documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante e/ou da entidade representante.

b) DNI ou NIE do representante da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigacións tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

f) Concesións doutras subvencións e axudas.

g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE209P

Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 09/06/2026 00:00 - 08/07/2026 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano