Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE205H
Axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2020 e establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á realización de proxectos innovadores no sector extractivo, incluída a transformación e comercialización e tamén operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños, co fin de fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.
As axudas terán como finalidade:
Operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños que contribúan á eliminación gradual dos descartes e das capturas accesorias, que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir novos coñecementos técnicos ou organizativos, que reduzan os efectos da pesca sobre o ambiente, en particular, mediante técnicas de pesca perfeccionadas e a selectividade das artes, ou que teñan por obxectivo lograr un uso máis sustentable dos recursos biolóxicos mariños e a coexistencia cos predadores protexidos (código de procedemento PE205H).
1. Poderán ser beneficiarios/as:
a) Propietarios de buques pesqueiros.
b) Organizacións ou asociacións dos anteriores, incluídas as confrarías de pescadores.
2. Cómpre a colaboración dun organismo científico ou técnico segundo o artigo 2, letra a), punto I, desta orde, que desenvolverá as operacións e validará o resultado destas. Para iso deberá existir un contrato ou acordo de asociación/cooperación onde exista unha clara distribución de tarefas e responsabilidades deste último para validar os resultados da operación.
O organismo científico ou técnico deberá ser adecuado segundo a finalidade do proxecto. Cando se estime que o organismo non é o axeitado, requirirase para que o solicitante presente outro no prazo de dez días hábiles.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546295
Email: sxmar.cmrm@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
29/01/2020 00:00 - 28/02/2020 23:59
Para esta convocatoria de 2020 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
Requisitos xerais
1. Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio nos termos indicados no artigo 12 desta orde, e non poderán estar finalizados nin pagados antes da data de presentación da solicitude.
2. O investimento non poderá aumentar a capacidade de pesca do buque nin o equipo aumentar a capacidade de detectar peixe.
3. A persoa solicitante non pode estar incursa en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. A persoa solicitante debe atoparse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. A persoa solicitante non pode ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
6. A persoa solicitante non pode ter cometido infracción grave:
– Da PPC definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.
– Do Regulamento (UE) 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes. Se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) 404/2011, cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves, segundo o Regulamento (UE) 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
7. No marco do FEP ou FEMP, a persoa solicitante non pode ter sido declarada culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316, do 27 de novembro de 1995).
8. A persoa solicitante non pode estar nin ter estado involucrada, nos últimos 24 meses, na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, ao abeiro do Regulamento (CE) 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
9. A persoa solicitante debe atoparse en posesión de capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
10. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, a persoa solicitante debe estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
11. Coa solicitude xuntarase unha declaración responsable por parte do solicitante, do representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 3 a 10 deste artigo.
Requisitos específicos
1. Se o solicitante é un propietario dun buque pesqueiro:
– O buque ten que estar na 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieiras.
– Ter o seu porto base na Comunidade Autónoma galega e estar de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.
– Constituír un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.
2. Se o solicitante é unha organización ou asociación dos anteriores debe ser de ámbito autonómico.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As persoas interesadas poderán actuar por medio de representante a efectos de presentación da solicitude; a acreditación da representación deberase realizar mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo XI da presente orde.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación destes procedementos
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
– Segundo o tipo de axuda que se solicite: anexo I.B de solicitude de axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños, código de procedemento PE205H.
– Anexo II. Ficha-resumo do proxecto.
– Segundo o tipo de axuda, anexo de indicadores FEMP: anexo III.B de axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños.
– Anexo IV. Memoria resumo da persoa solicitante.
– Anexo V. Custo do proxecto, con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos. Indicaranse as facturas pro forma, se é o caso.
– Anexo VI. Memoria de colaboración do organismo científico/técnico: memoria do proxecto ou operación innovadora respecto da colaboración realizada, asinada polo organismo científico, que conteña, polo menos: obxecto do proxecto ou operación, descrición detallada do proxecto ou operación indicando duración e fases, metodoloxía, responsable, resultados esperados e plan de difusión de resultados. Tamén se incluirá a descrición do proceso de validación dos resultados e o seu responsable. Ademais, terá que constar en detalle o custo da colaboración.
A memoria deberá avaliar a viabilidade técnica do proxecto.
– Anexo VII. Compromiso do organismo científico ou técnico que colabora na realización, validación dos resultados do proxecto e autorización para a exposición pública destes.
– Anexo VIII. Currículo do persoal do organismo científico ou técnico que colabora na realización do proxecto/operación e na súa validación.
– Anexo IX.1. Pluralidade de persoas físicas, se é o caso.
– Anexo IX.2. Agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, se é o caso.
– Anexo XI. Nomeamento de representantes a efectos de presentación da solicitude, se é o caso.
– Anexo XIII. Compromiso de contratación de persoal especificamente para a realización do proxecto, se é o caso.
– Anexo XV.1. Declaración relativa á condición de peme de persoa/s física/s solicitante/s.
– Anexo XV.2. Declaración relativa á condición de peme de persoas xurídicas.
– Anexo XV.3. Declaración de persoa física partícipe en persoa xurídica.
2. A documentación complementaria está formada por:
I. Se o solicitante é unha persoa física:
a) Declaración da renda da persoa solicitante dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.
II. Se o solicitante é unha persoa xurídica:
a) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.
b) Poder suficiente do representante, no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
c) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais, depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso. Certificación actualizada do rexistro correspondente das contas anuais depositadas no último exercicio económico, incluído informe de auditoría, se é o caso. No caso de que non estea obrigado a presentar as contas anuais en ningún rexistro ou organismo, deberá achegar as contas anuais aprobadas polo órgano correspondente do último exercicio económico, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
d) Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado, no que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
e) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas, depositadas pola persoa solicitante, ou certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas, onde a persoa solicitante estea incluída por consolidación, do último exercicio económico pechado, incluído informe de auditoría consolidado, se é o caso.
f) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
III. Cando as solicitudes correspondan a unha pluralidade de persoas, poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante legalmente habilitado e, na súa falta, co que figure en primeiro termo. Para efectos do ingreso da subvención, a conta bancaria sinalada no anexo I deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes. A documentación complementaria está formada por:
a) Escritura de constitución da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, se é o caso. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación e especificar a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros (anexo IX.2).
b) No caso dunha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica que estea en réxime de atribución de rendas, deberán presentar o modelo 184 de declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.
c) Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.
d) No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais desta entidade, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
e) Declaración da renda das persoas solicitantes dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.
Outra documentación complementaria:
IV. Contrato ou acordo de asociación/cooperación entre a persoa solicitante e o organismo científico que desenvolverá as operacións e validará os resultados, no que se especifique a distribución de tarefas e responsabilidades entre ambos.
V. Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado ou, no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do último exercicio económico pechado para as que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
VI. Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio en curso para as que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
VII. Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias de cada solicitante, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de data posterior á data de publicación da orde.
VIII. Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 40.000 euros, no caso de execución de obras, ou de 15.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
IX. Facturas pro forma dos investimentos para os cales se solicita subvención, con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, instalacións, equipos e sistemas que as integran; achegaranse, de ser o caso, os planos, bosquexos ou vistas 3D necesarios para a súa correcta definición e, de ser o caso, certificado de importación.
X. Certificación actualizada do Rexistro de Bens Mobles, Sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque e o estado de cargas ou gravames deste, ou solicitude da dita certificación ante o Rexistro, sen prexuízo da achega da dita certificación, previamente a ditarse a proposta de resolución, dos buques que interveñan no proxecto, de ser o caso.
XI. Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación de solicitala, sen prexuízo da achega da folla de asento previa a ditarse a proposta de resolución, dos buques que interveñan no proxecto, de ser o caso.
XII. Seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros dos buques que interveñan no proxecto, de ser o caso.
XIII. Se a realización do investimento require proxecto técnico ou planos, deberá achegarse e estar asinado por técnico competente. Tamén deberá achegarse en soporte informático (formato jpg ou pdf). Deberán achegarse os planos de antes e despois da realización do investimento que se solicita.
XIV. Declaración doutras axudas (xa incluído no anexo I.A e no anexo I.B), no caso doutras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto. Só se presentará a resolución de concesión no caso de que se opoña expresamente á súa consulta.
XV. Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
XVI. Plan de financiamento do proxecto:
a) Informe no que se indique a forma na que se vai financiar o proxecto, especificando se se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos os tipos de financiamento.
b) Documentación xustificativa do tipo de financiamento:
Recursos propios:
Certificados bancarios actualizados debidamente asinados e selados das contas do solicitante onde conste/n o/os titular/es delas, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc.; as contas de crédito considéranse recursos alleos) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a súa dispoñibilidade ou, no caso contrario, o prazo de vencemento.
– Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital en diñeiro, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/os certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s deste.
Recursos alleos:
Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida ante notario.
Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario actualizado debidamente asinado e selado, onde identifique o número da póliza de crédito a que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.
Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s deste, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, se é o caso.
Noutros casos, achegar a documentación financeira correspondente (non se admitirán préstamos de entidades provedoras).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de forma presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante. Cando as pretensións correspondan a unha pluralidade de persoas físicas: DNI/NIE de todas elas.
b) DNI/NIE da persoa representante ou NIF da entidade representante.
c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica ou da persoa representante nomeada para os efectos da presentación da solicitude, segundo o caso.
d) NIF da persoa xurídica solicitante, da entidade ou agrupación sen personalidade xurídica ou da comunidade de bens, segundo corresponda.
e) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
f) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
g) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.
h) Consulta de atoparse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga).
i) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción de normativa marítimo-pesqueira, emitido pola unidade de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial correspondente da Consellería do Mar.
j) Consulta de non estar en concurso de acredores, artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtida a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.
k) Informe acreditativo de non cometer infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
l) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais, no caso de persoas físicas ou de pluralidade de persoas. No caso de que o solicitante sexa unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, certificado de carecer de antecedentes penais dos seus integrantes. Os certificados deberán ser obtidos a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza. Estes certificados deberán conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitaráselle ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
m) Consulta de non ter sido declarado culpable de cometer fraude segundo o sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda, no marco do FEP ou FEMP.
n) Consulta de non estar nin ter estado, nos últimos 24 meses, involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtida a través da base de datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
ñ) Autorización ou solicitude de autorización da Consellería do Mar para a realización do investimento previsto, no caso de que esta sexa necesaria.
o) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
p) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos formularios correspondentes e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
- Fase de solicitude
- Compromiso do organismo científico/técnico que colabora na realización, validación dos resultados do proxecto e autorización para a exposición pública dos mesmos (Anexo VII)
- Custo do proxecto (Anexo V)
- Ficha-resumo do proxecto (Anexo II)
- Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica (Anexo XV.3)
- Declaración relativa á condición de PEME - persoas xurídicas (Anexo XV.2)
- Compromiso de contratación de persoal especificamente para a realización do proxecto (Anexo XIII)
- Indicadores FEMP (Anexo III.B)
- Memoria resumo da persoa solicitante (Anexo IV)
- Solicitude (Anexo I.B)
- Agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens (Anexo IX.2)
- Nomeamento de representante (Anexo XI)
- Memoria de colaboración do organismo científico/técnico (Anexo VI)
- Declaración relativa á condición de PEME (Anexo XV.1)
- Pluralidade de persoas físicas (Anexo IX.1)
- Currículo do persoal do organismo científico/técnico que colabora na realización do proxecto/operación e na súa validación (Anexo VIII)
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).
-
Corrección de erros.-Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 1999).
-
Lei 3/2009, do 23 de xuño, pola que se modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG nº 126 do 30 de xuño de 2009).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros. Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
-
Orde do 13 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a innovación no sector pesqueiro, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2020 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE205G e PE205H) (DOG nº 18 do 28 de xaneiro de 2020).
-
Extracto da Orde do 13 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a innovación no sector pesqueiro, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2020 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE205G e PE205H) (DOG nº 18 do 28 de xaneiro de 2020).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.
-
Reglamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello de 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os Reglamentos (CE) nº 2328, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Reglamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Permiso de explotación a pé.
Aberto todo o ano