Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE201B - Axudas destinadas a pemes do sector transformador.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, e a convocatoria para o ano 2019 de axudas destinadas á realización de investimentos para pemes do sector transformador dos produtos da pesca e acuicultura que contribúan a fomentar unha pesca e acuicultura sustentables desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.
Finalidade das axudas.
As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:
• Contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.
• Melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.
• Axuden á transformación de capturas de pescado comercial que non se poidan destinar ao consumo humano.
• Se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.
• Se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) núm. 834/2007.
• Dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.
Poderán ser persoas beneficiarias as persoas físicas, xurídicas, pluralidade de persoas físicas, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens.
1. Ser unha peme do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.
2. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
3. Non poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.ç
4. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
5. Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
7. Non ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
8. Non ter cometido infracción grave:
– Da PPC definidas como tales en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;
– Do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
9. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).
10. Non estea nin estivera nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estiveran nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
11. Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
12. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
13. A solicitude acompañarase unha declaración responsable por parte do solicitante, do seu representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 2 ao 11 do artigo 5 desta orde.
9. Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
Requisitos específicos das persoas beneficiarias.
Sen prexuízo do anterior, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Os investimentos teranse que realizar nun centro produtivo localizado en Galicia.
b) Deberán figurar de alta na Axencia Española de Administración Tributaria dentro das epígrafes relacionadas coa transformación de produtos procedentes da pesca, do marisqueo ou da acuicultura.
c) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01).
d) Os investimentos para os que se solicite axuda non poderán estar iniciados nin pagados antes de que se acredite o non inicio desles nos termos indicados no artigo 11 desta orde.
No caso de que o solicitante conte cunha certificación de non inicio anticipada, os investimentos non poderán estar finalizados nin completamente pagados antes de que se acredite, unha vez presentada a solicitude, a non finalización dos mesmos por parte dos servizos da Consellería do Mar.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria
Servizo de Innovación Tecnolóxica das Industrias
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546292
Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182010
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Lugo (Celeiro)
Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Celeiro)
AVDA. RAMON CANOSA, S/N - CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555035
Fax: 982555007
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Vigo)
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817129
Fax: 986817118
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
Orde do 30 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2019 (DOG nº. 245 de 26 de decembro de 2018)
Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 276 de 18 de novembro de 2003)
Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 de 25 de xullo de 2006).
Corrección de erros do Real Decreto 887/2006, de 21 de xulio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 270 de 11 de noviembre de 2006).
Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).
Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.
Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) nº 2328, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.
Prazo de presentación: PECHADO
27/12/2018 00:00 - 28/01/2019 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
- Solicitude segundo o Anexo I.
- Anexo II. Declaración responsable de non inicio do investimento, se é o caso.
- Anexo III. Formulario do investimento.
- Anexo IV.1. Pluralidade de persoas físicas, se é o caso.
- Anexo IV.2. Agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, se é o caso.
- Anexo V. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, se é o caso.
- Anexo VI.1 de declaración de peme cando o solicitante é unha persoa física, unha pluralidade de persoas físicas, unha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica.
- Anexo VI.2 de declaración de peme cando o solicitante é unha persoa xurídica.
- Anexo VI.3 de declaración de peme só para as persoas relacionadas no punto 3 do anexo VI.2.
- Anexo XI. Nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude.
- Documentación complementaria :
- Si o solicitante é unha persoa física
- Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
- Si o solicitante é unha persoa xurídica
- Certificación rexistral actualizada na que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.
- Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
- Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
- Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais depositadas no último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de depósito legalmente establecido, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
- Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido no que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
- Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas polo solicitante ou certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas onde o solicitante estea incluído por consolidación, do último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de depósito legalmente establecido, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
- Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non ten sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
- Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas físicas
- Documento de constitución da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, se é o caso.
- No caso dunha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica que estean en réxime de atribución de rendas, deberán presentar o modelo 184 de declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.
- Anexo IV.1 de Pluralidade de persoas físicas ou anexo IV.2 de Agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens.
- Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.
- A conta bancaria sinalada neste anexo deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes. En caso contrario, deberase achegar documento asinado por todas as persoas solicitantes, conforme non existe inconveniente en que se pague a axuda a esa conta.
- Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, de cada solicitante asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
- No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, a efectos de verificar que non ten sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
- Outra documentación complementaria
- Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado, ou no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
- Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio en curso para o que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
- Certificado actualizado da declaración censal de alta en obrigas tributarias de cada solicitante, no que conste o seu envío telemático ou a súa presentación de data posterior á da publicación da orde.
- Plan de financiamento do proxecto:
- Informe no que se indique a forma na que se vai a financiar o proxecto, especificando se se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos tipos de financiamento. Documentación xustificativa do tipo de financiamento:
- Recursos propios:
- Certificados bancarios actualizados debidamente asinados e selados das contas do solicitante onde consten o/s titular/es das mesmas, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc. As contas de crédito se consideran recursos alleos) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a dispoñibilidade da mesma, ou en caso contrario, o prazo de vencemento.
- Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital dineraria, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/s certificado/s bancario/s do/s desembolso/s do mesmo.
- Recursos alleos:
- Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida por notario.
- Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario actualizado debidamente asinado e selado, onde identifique o número da póliza de crédito á que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.
- Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/s desembolso/s do mesmo, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, se é o caso. Noutros casos, achegar a documentación financeira correspondente (non se admitirán préstamos de entidades provedoras).
- Cando o importe do investimento supere a contía de 40.000 euros, no caso de execución de obras ou de 15.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores e deberá cubrir o anexo V desta orde. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
- Facturas pro forma do investimento a realizar con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, instalacións, equipos e sistemas que os integran, con aporte no seu caso dos planos, croquis ou vistas 3D necesarias para a súa correcta definición.
- Se a realización do investimento require autorización, concesión, permisos ou licenzas, para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude da mesma, sen prexuízo da achega destes segundo establece o artigo 22.4º. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias fidedignas dos presentados para a obtención dos permisos.
- Se a realización do investimento require planos ou proxecto técnico, este deberá achegarse e estar asinado por técnico competente. O proxecto tamén deberá xuntarse en soporte informático: formato JPG ou PDF. Deberán achegarse os planos de situación, localización, de antes e despois da realización do investimento que se solicita.
- Documentación que demostre que a titularidade da instalación onde se van desenvolver os investimentos é do solicitante da axuda, que virá dada pola nota simple do Rexistro da Propiedade da instalación. En caso de que a instalación estea alugada á empresa solicitante ou en cesión de uso, xuntarase contrato de aluguer ou de cesión de uso elevado a escritura pública notarial.
- Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- NIF da entidade solicitante, da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, segundo corresponda.
- Certificación expedida pola Axencia Tributaria da declaración do imposto da renda das persoas físicas da persoa física solicitante, dos últimos dous anos.
- Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
- Certificación de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
- Certificación de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.
- Informe acreditativo de acharse ao corrente de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga).
- Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial correspondente da Consellería do Mar.
- Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores, artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.
- Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009, do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
- Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais (cando o solicitante sexa unha persoa física).
- Informe acreditativo do Sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP.
- Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, obtido do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
- Resolución de concesión doutras axudas para o mesmo proxecto concedidas pola Xunta de Galicia.
- Formulario do investimento (Anexo III)
- Relación de ofertas solicitadas e elixidas (Anexo V)
- Declaración responsable de non inicio do investimento (Anexo II)
- Declaración relativa á condición de peme (Anexo VI.2)
- Agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, compromiso de execución e non disolución da agrupación, consulta de datos e nomeamento de representante (Anexo IV.2)
- Declaración de peme só para as persoas relacionadas no punto 3 do anexo VI.2 (Anexo VI.3)
- Declaración de peme (Anexo VI.1)
- Pluralidad de persoas fisicas: Consulta de datos, distribución de compromisos, importe da subvención solicitada para cada un dos solicitantes e nomeamento de representante (Anexo IV.1)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Explicación das diferenzas entre os investimentos previstos e os realizados (Anexo X)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"