Guía de procedementos e servizos

PE155D

Axudas destinadas á creación e consolidación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 21/08/2026 00:00 - 21/09/2026 23:59

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Convocar, para o exercicio 2026, a concesión de axudas ás organizacións de produtores do sector pesqueiro e da acuicultura no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027, destinadas á consolidación de organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP), recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Poderán ser entidades beneficiarias desta axuda as organizacións de produtores pesqueiros e as súas asociacións recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2014, que reúnan as seguintes condicións:

a) Que estean inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros regulados no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, modificado posteriormente polo Real decreto 664/2023, do 18 de xullo, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.

b) Que non teñan acumulado o máximo de cinco (5) anualidades de percepción destas axudas, destinadas tanto á creación coma á consolidación, durante o período comprendido entre o seu recoñecemento e a data actual.

2. A axuda limítase á consolidación de ditas OPP ou AOP para aquelas anualidades que lles correspondan, respectando en todo caso o límite máximo dos cinco (5) anos posteriores ao seu recoñecemento.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar

Servizo de Mercados

Praza de Europa 5A – 4º (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546261

Fax: 981546288

Email: sxmar.cmrm@xunta.es

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

21/08/2026 00:00 - 21/09/2026 23:59

Para esta convocatoria, o prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.



Enténdese como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, enténdese que o prazo remata o último día do mes. No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.


Requisitos xerais das persoas beneficiarias

1. As entidades solicitantes destas axudas deben ser organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e, se é o caso, asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) con ámbito de actuación exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia, que deben cumprir, como mínimo, cos seguintes requisitos xerais, sen prexuízo dos demais requisitos específicos que figuran nas respectivas liñas de axudas:

a) Estar ao día do pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

b) Non incorrer en ningunha das circunstancias establecidas nos puntos segundo e terceiro do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Cumprir con todo o requirido no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

De xeito específico, para as subvencións de importe superior a 30.000 euros, as entidades, para seren beneficiarias destas axudas, deberán dar cumprimento ao establecido no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Non ter cometido infracción grave na política pesqueira común (PPC) definida como tal nos actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.

e) Cumprir cos requisitos de admisibilidade previstos no artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139, do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021.

f) Manter a condición de entidade beneficiaria, cumprindo os requisitos de admisibilidade establecidos no FEMPA.

g) Axustarse á metodoloxía que sinale a convocatoria para determinar os custos da operación e as condicións de pagamento da subvención.

h) Cumprir co disposto nos artigos 65 e 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura.

i) Cumprir co disposto nos artigos 71 e 140 do Regulamento 1303/2013, do 17 de decembro de 2013 (Regulamento RDC).

j) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta da resolución de concesión, estar ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública galega.

k) Someterse ás actuacións de control dos distintos órganos competentes.

l) Cubrir e actualizar os indicadores relativos ao proxecto, segundo indique a convocatoria.

m) Levar unha contabilidade separada ou dispoñer dun código contable adecuado das transaccións relacionadas coas operacións obxecto de financiamento.

n) Asumir as responsabilidades que lle correspondan e que figuren en cada convocatoria.

Requisitos específicos das persoas beneficiarias

1. Ademais dos requisitos xerais establecidos no artigo 3, as entidades beneficiarias destas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos específicos:

a) Ser recoñecida como unha OPP ou AOP no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Estar inscrita no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros, establecidos no artigo 8 do Real decreto 277/2016.

c) Recibir a notificación da resolución favorable da Administración competente de recoñecemento da OPP/AOP a partir do 1 de xaneiro de 2014.

d) No caso das OPP, ter presentados desde a data de recoñecemento e ata a data de solicitude da axuda, os correspondentes PPeC e obter a súa aprobación.

e) No caso das OPP, presentar desde a data de recoñecemento e ata a data de solicitude da axuda, os correspondentes informes anuais dos PPeC e obter a súa aprobación.

f) Non recibir nos cinco primeiros anos desde o seu recoñecemento total das axudas á creación previstas para as ditas organizacións profesionais. No caso de que a entidade beneficiaria percibise esta axuda noutra convocatoria, soamente poderán solicitarse e terse en conta para o cálculo da axuda as anualidades que quedasen pendentes de apoio financeiro no dito período de cinco anos.

A organización deberá indicar na solicitude para cal das cinco anualidades solicita a axuda e o período que corresponde para cada unha delas.

2. Deben manter os requisitos anteriores durante cinco anos despois da data contable do último pagamento da axuda.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

2. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán presentar electronicamente a través do representante legal da entidade a seguinte documentación:

a) Anexo I, que é o formulario da solicitude e deberá ir debidamente cuberto cos datos solicitados. Ten especial relevancia a indicación de para cal/cales das cinco (5) anualidades a organización solicita a axuda, xunto coa indicación do período correspondente a cada unha das anualidades.

b) Anexo II. Gastos xerados polos traballos preparatorios e de constitución.

c) Anexo III.1. Gastos de persoal: relación de traballadores da entidade.

d) Anexo III.2. Gastos de persoal: custos de persoal subvencionables.

e) Anexo III.3. Gastos de persoal: custos por traballador.

f) Anexo IV. Gastos de honorarios por servizos ou asesoría técnica.

g) Anexo V.1. Gastos indirectos: subministracións.

h) Anexo V.2. Gastos indirectos: material de oficina e de amortización ou derivados do arrendamento do equipamento das oficinas.

i) Anexo V.3. Gastos indirectos: xerados polos medios de transporte para o persoal da OPP.

j) Anexo V.4. Gastos indirectos: xerados polo alugamento, xuros e outros gastos de ocupación dos edificios destinados ao funcionamento administrativo.

k) Anexo V.5. Gastos indirectos: seguros conexos ao transporte do persoal, aos locais administrativos e ao equipamento destes.

l) Anexo V.6. Gastos indirectos: relacionados coa obtención de avais necesarios para o financiamento externo de cara á realización do PPeC.

m) Anexo VI. Resumo dos gastos e cálculo da axuda.

2. Do mesmo xeito, segundo proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria precisa para a tramitación do procedemento:

a) Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

b) Copia da escritura de constitución e estatutos da sociedade, así como das modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro correspondente.

c) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.

d) Resolución das axudas destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a axuda, no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia.

e) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, a documentación necesaria para acreditar o cumprimento do establecido no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

f) Memoria de persoal da entidade en que se especifique de forma específica para cada traballador o número de horas en que o traballador participou nas medidas do PPeC.

g) Certificado de antecedentes penais da persoa xurídica. Obterase a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza e conterá a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de comprobar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP, FEMP ou FEMPA.

3. Para acreditar a realidade dos gastos que se inclúan nos anexos que acompañan a solicitude, as entidades solicitantes deberán achegar os xustificantes dos gastos subvencionables que consistirán, de forma xeral, nas facturas e demais xustificantes de valor probatorio equivalente, documentación contable debidamente dilixenciada, contratos e nóminas, detalladas ao máximo posible.

Con carácter xeral, a realización dun gasto poderá acreditarse mediante a correspondente factura e, de ser o caso, contrato.

Os gastos de amortización poderán acreditarse mediante a factura e o documento do pagamento do ben que se vai amortizar e a conta contable en que se está a realizar a amortización, correspondente a todos os anos en que o ben está sendo amortizado.

Os gastos de persoal subvencionable serán aqueles aos cales se refire o número 1.1 do artigo 29 das bases reguladoras, que determina a clasificación e desagregación dos gastos subvencionables, que non fosen imputadas ao PPeC no período para o cal se solicita a axuda.

Para determinar o número de horas subvencionables deberase restar ao máximo de 1.720 aquelas horas que fosen imputadas ás distintas medidas do PPeC no período para o cal se solicita a axuda.

Unha vez obtido o número de horas subvencionables, que en ningún caso poderá ser superior a 1720 por ano e traballador, aplicarase o custo unitario obtido de acordo co establecido no número 1.1 do artigo 29 das bases reguladoras que determina a clasificación e desagregación dos gastos subvencionables, que non fosen imputadas ao PPeC no período para o cal se solicita a axuda e co límite máximo por hora e grupo profesional, segundo a seguinte táboa:

Grupo profesional   €/hora

I. Titulado superior:  26,62

II. Titulado grao medio:  22,52

III. Especialistas encargados/as:  19,37

IV. Oficial 2ª advo. e oficial de 2ª:  16,10

V. Persoal subalterno e de servizos específicos non titulados:  14,62

Para acreditar os gastos de persoal, a entidade presentará unha memoria comprensiva do persoal, que inclúa todo o persoal da entidade, así como as nóminas e os xustificantes do pagamento das nóminas e do pagamento das correspondentes cargas sociais e retencións fiscais. Para iso, comprobaranse os documentos RNT (relación nominal de traballadores), RLC (recibo de liquidación de cotizacións) e o modelo 111 (retencións e ingresos á conta do IRPF) e o modelo 190 (resumo anual), se procede.

4. Para acreditar a realidade do pagamento dos gastos subvencionables, as entidades solicitantes, con carácter xeral, deberán achegar xustificantes das transferencias bancarias ou outros medios de pagamento que permitan seguir a pista de auditoría. Os documentos deberán incluír os datos necesarios para identificalos e asocialos de forma fidedigna cos documentos que soportan o gasto que é obxecto de pagamento (factura, recibo de haberes etc.), o seu importe e a persoa beneficiaria (que deberá ser coincidente en ambos os documentos).

Os documentos emitidos por entidades bancarias deberán contar cunha sinatura electrónica verificable ou, no caso de certificación con sinatura manuscrita, copia autenticada na cal conste o selo da entidade bancaria.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

6. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas beneficiarias responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa que actúa como representante.

c) Resolución da axuda outorgada para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado, no caso de axudas outorgadas pola Xunta de Galicia.

d) Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

e) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, emitido polo Servizo Técnico-Xurídico da Consellería do Mar.

f) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia) obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.

g) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave na política pesqueira común (PPC), do Regulamento (CE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se dispón un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

h) Informe acreditativo de non estar nin ter estado involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR e de países terceiros non cooperantes. Para tal efecto, serán obxecto de consulta as listas da UE dos buques que practican unha pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

i) Informe do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería do Mar de non ter cometidos infraccións graves conforme o disposto no artigo 10.1.a) do Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

j) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

k) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

l) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

m) Consulta ao organismo competente de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEMP ou FEMPA.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Corrección de errores. Orden de 26 de septiembre de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de diferentes líneas de ayudas a las organizaciones de productores del sector pesquero y de acuicultura en el ámbito de la Comunidad Autónoma de Galicia en el marco del Fondo Europeo Marítimo de Pesca y de Acuicultura (FEMPA) para el período 2021-2027 (DOG nº 121 de 26 de junio de 2025)

    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.(DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Orden de 26 de septiembre de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de diferentes líneas de ayudas a las organizaciones de productores del sector pesquero y de la acuicultura en el ámbito de la Comunidad Autónoma de Galicia en el marco del Fondo Europeo Marítimo de Pesca y de Acuicultura (FEMPA) para el período 2021-2027 (DOG nº 193 de 7 de octubre de 2024)

    • Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).

    • Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Orde do 28 de xullo de 2026 pola que se convocan, para o ano 2026, as axudas destinadas á creación e consolidación das organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (DOG nº 157 do 20 de Agosto de 2026). .

    • Extracto da Orde do 28 de xullo de 2026 pola que se convocan, para o ano 2026, as axudas destinadas á creación e consolidación das organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (DOG nº 157 do 20 de Agosto de 2026).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, sobre Política Pesqueira Común, polo que se modifican os Regulamentos (CE) 1954/2003 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e derróganse os Regulamentos (CE) 2371/2002 e (CE) 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello.

    • Reglamento (UE) 2021/1060, del Parlamento Europeo y del Consejo, por el se establecen las disposiciones comunes relativas al Fondo Europeo de Desarrollo Regional, al Fondo Social Europeo Plus, al fondo de Cohesión, al fondo de transición Justa y al Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura, así como las normas financieras para dichos fondos y para el Fondo de Asoilo, Migración e Integración, el fondo de Seguridad Interior el Instrumento de Apoyo Financiero a la gestión de Fronteras y la Política de Visados (DOUE nº 231, de 30 de junio de 2021)

    • Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.

    • Reglamento (UE) 2021/1139, del Parlamento Europeo y del Consejo de 7 de julio de 2021 por el que se establece el Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acucultura, y por el que se modifica el Reglamento (UE) 2017/1004 (DOUE nº 247, de 13 de julio de 2021)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE209Q

Axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 14/08/2026 00:00 - 14/09/2026 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano