Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE155D - Axudas destinadas á creación e reestruturación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á seguinte acción:
Liña B: axudas destinadas á creación ou reestruturación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, recoñecidas no ámbito autonómico galego, segundo establece o artigo 15 do Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, e o artigo 68.1.a) do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, e nos artigos 2.3.i), 3.10, e 5.6 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) cuxo ámbito de actuación sexa a Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
Requisitos xerais dos beneficiarios.
Os beneficiarios das axudas reguladas pola presente orde estarán suxeitos aos seguintes requisitos:
a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
b) Non incorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Non ter cometido infracción grave:
– Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;
– Do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).
e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
f) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE. Con carácter xeral, serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos mencionados no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos mencionados no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.
g) Manter a condición de beneficiario, cumprindo os requisitos de admisibilidade previstos no artigo 10 do Regulamento FEMP.
h) Cumprir o disposto nos artigos 71 e 140 do Regulamento 1303/2013, do 17 de decembro de 2013 (Regulamento RDC).
i) Levar unha contabilidade separada, ou dispor dun código contable adecuado das transaccións relacionadas coas operacións obxecto de financiamento.
j) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
k) Someterse a actuacións de control dos distintos órganos competentes.
Requisitos específicos e cálculo para a liña de axudas para a creación e reestruturación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións (liña B).
1. Para optar a esta liña de axudas, as OPP/AOP beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter sido recoñecida como unha organización profesional, con resolución ou orde de recoñecemento e inscrición no rexistro correspondente a partir do 29 de decembro de 2013.
b) Ter presentado o PPEC e ter obtido a súa aprobación, segundo o establecido no artigo 14.3 e 14.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
c) Ter presentado o informe anual do PPEC e ter obtido súa aprobación, segundo o establecido no artigo 15.3 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
d) Dispor dunha estrutura organizativa propia dotada do persoal, da infraestrutura e do equipamento necesarios para poder cumprir as obrigacións establecidas na normativa europea e nacional, en particular, o coñecemento da produción dos seus membros e a xestión orzamentaria, de conformidade co artigo 2.7 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
As organizacións profesionais deberán manter os requisitos anteriores durante cinco anos despois da data contable do último pagamento da axuda, sen prexuizo do cumprimento do disposto no artigo 10 do Regulamento FEMP.
2. Para os efectos da percepción das axudas previstas no artigo 68.1.a) do Regulamento FEMP, no caso das OPP e AOP, a axuda concederase durante os cinco primeiros anos naturais contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución favorable emitida pola Administración competente.
Estas axudas só se poderán outorgar cando a data de recepción da notificación da resolución favorable pola Administración competente sexa posterior ao 29 de decembro de 2013.
3. Comprobarase o valor da produción, entendida como a suma do valor da produción comercializada por cada un dos membros da OPP, ou a suma do valor da produción de cada un dos membros de cada OPP que compoña unha AOP, e xustificarase por módulos, segundo o disposto no capítulo II do título III do Regulamento de desenvolvemento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, sendo o valor do módulo a produción comercializada.
Neste caso, a axuda concedida non poderá superar o 1 % do valor medio anual da produción comercializada pola OPP ou AOP durante os tres anos civís anteriores.
4. A axuda máxima por organización profesional e ano non poderá superar os 100.000 euros.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar
Servizo de Mercados
Praza de Europa 5A – 4º (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546261
Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.es
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).
Corrección de erros.-Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 1999).
Lei 3/2009, do 23 de xuño, pola que se modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG nº 126 do 30 de xuño de 2009).
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
Orde do 6 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria, para o ano 2018, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2018).
Extracto da Orde do 6 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria, para o ano 2018, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 141 do24 de xullo de 2018).
Resolución do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ás organizacións de produtores pesqueiros correspondentes á convocatoria do exercicio 2018 (DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2019).
Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 164 do 8 de xullo de 2016).
Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 268 do 4 de novembro de 2017).
Corrección de erros e erratas do Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 24, do 27 de xaneiro de 2018).
Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello.
Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.
Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, sobre Política Pesqueira Común, polo que se modifican os Regulamentos (CE) 1954/2003 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e derróganse os Regulamentos (CE) 2371/2002 e (CE) 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello.
Regulamento (UE) 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de maio de 2014 relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) 2328/2003, (CE) 861/2006, (CE) 1198/2006 e (CE) 791/2007 do Consello.
Prazo de presentación: PECHADO
25/07/2018 00:00 - 24/08/2018 23:59
Para esta convocatoria do ano 2018 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
- Solicitude segundo o Anexo I.B, acompañada da seguinte documentación:
- Anexo II.B. Declaracións responsables.
- Documentación complementaria.
- Declaración doutras axudas solicitadas (incluídos préstamos subvencionados), concedidas ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención. Esta declaración está incluída neste anexo na sección "a persoa representante declara". Deberá achegarse a resolución da axuda no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia, de ser o caso.
- Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
- Copia da escritura de constitución e estatutos da sociedade, así como as modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro correspondente.
- Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
- Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas.
- NIF da organización profesional solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- Resolución da axuda concedida para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado no caso de axudas concedidas pola Xunta de Galicia.
- Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
- Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial da Consellería do Mar.
- Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores -artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia- obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.
- Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
- Informe acreditativo de non ter sido declarada culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP, obtido a través da base de datos do Ministerio de Xustiza e do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
- Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrada na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtido a través da base de datos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
- Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas.
- Informe acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través da base de datos do Ministerio de Xustiza e do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
- Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
- Certificación de estar ao día no pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
- Certificación de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
- A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexos I.B), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A través da carpeta do cidadán dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, os interesados poderán relacionarse electronicamente coa Administración competente e realizar os trámites necesarios para a tramitación do procedemento, consultar o estado de tramitación e coñecer os actos de trámite realizados con indicación do seu contido, así como da data en que foron ditados.
- Os citados documentos deberán demostrar con claridade que os gastos foron destinados á preparación e/ou execución das medidas dos plans de produción e comercialización, segundo o disposto no anexo Determinación de gastos subvencionables nas axudas aos PPEC.
- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa representación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"