Guía de procedementos e servizos

PE113F

Axudas autonómicas para a paralización temporal das persoas mariscadoras a pé

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 13/08/2024 00:00 - 03/10/2024 23:59

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Regular a convocatoria para o ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas mariscadoras a pé afectadas pola paralización temporal da actividade marisqueira no marco da aplicación de medidas de conservación dos recursos en determinados bancos marisqueros intermareais de Galicia.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé de recursos marisqueiros xerais que participen nos plans de xestión de marisqueo aprobados para o período 2024-2026 da Confraría de Pescadores de Cariño e Asociación de Mariscadoras e Mariscadores de Cariño, modalidade a pé; da Asociación de mariscadoras Fonte de Santa Helena de Baldaio, modalidade a pé; da Confraría de Noia, modalidade a pé e desde embarcación; da Confraría de Rianxo, modalidade a pé; da Confraría de Cabo de Cruz, modalidade a pé; da Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa, modalidade a pé, da Confraría de Pescadores do Carril, modalidade a pé; das confrarías de pescadores de Lourizán, Raxó e Pontevedra, modalidade a pé; da Confraría de Pescadores de Redondela, modalidade a pé; da Confraría de Pescadores de Arcade, modalidade a pé, e da Confraría de Vilaboa, modalidade a pé.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546177

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

13/08/2024 00:00 - 03/10/2024 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Segundo a Orde do 29 de agosto de 2024 pola que se modifica a Orde do 6 de agosto de 2024, amplíase o prazo de presentación das solicitudes en quince (15) días hábiles contados desde a finalización (12 de setembro de 2024) do prazo establecido na Orde do 6 de agosto.

- Ademais, para obter a condición de persoa beneficiaria, debe ter levado a cabo unha actividade extractiva (días de actividade) de, cando menos, 120 días durante os anos 2022 e 2023.

Estes 120 días mínimos deberanse ter realizado nas modalidades de marisqueo xeral e/ou de recursos específicos.

- Os días de actividade extractiva verificaranse mediante as notas de vendas realizadas nas lonxas ou centros de venda autorizados e serán os que consten nos rexistros da Consellería do Mar.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Para os efectos da presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes. A acreditación da representación deberá realizarse, mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo II desta orde.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar a solicitude (anexo I) debidamente cuberta, onde se fagan constar os datos solicitados. Ademais, xunto a esta solicitude deberá presentar:

– Anexo II. Nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude, se é o caso

– Certificado do Instituto Social da Mariña (ISM) acreditativo de estar en situación de alta no momento da solicitude e durante o período da parada subvencionable.

– Informe da vida laboral.

– Informe do ISM de percepción dalgunha das seguintes prestacións no período de parada subvencionable: por incapacidade temporal, por maternidade ou paternidade, por risco durante o embarazo e por risco durante a lactación, no caso de ser aplicables algunha das situacións recollidas no número 3 do artigo 6.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) DNI/NIE da persoa representante nomeada para os efectos de presentación da solicitude.

e) NIF da entidade representante nomeada para os efectos de presentación da solicitude.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

i) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións obtida da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

j) Informe acreditativo de que a persoa solicitante non ten sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, emitido pola unidade correspondente da Consellería do Mar.

k) Consulta de que cada persoa solicitante non estea, nin estivese involucrada nos últimos 24 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40, número 3, do Regulamento (CE) nº 1005/2008 polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada; nin que tampouco estea, nin estivese nos últimos 12 meses, involucrada na explotación, xestión ou propiedade dun buque que enarbore o pavillón dun país incluído na lista de terceiros países non cooperantes prevista no artigo 33 do citado regulamento.

l) Consulta no Sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEMP ou FEMPA.

m) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais, que se obterá a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, e deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que a persoa solicitante non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase á persoa interesada que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

n) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

o) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

p) A condición de persoa mariscadora a pé, que se acredita por ser titular dun permiso de explotación para marisqueo a pé, a súa participación nos plans de xestión enumerados no número 2 do artigo 1, así como o feito de non ter autorizada a suspensión temporal deste. Estes requisitos serán verificados pola Consellería do Mar a través dos datos existentes no seus rexistros.

q) A verificación do número de días de actividade extractiva realizados pola persoa no período de parada subvencionable comprobarase da mesma forma sinalada na epígrafe anterior.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).

    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).

    • Orde do 6 de agosto de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas mariscadoras a pé afectadas pola paralización temporal en determinados bancos marisqueiros intermareais de Galicia, cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 (DOG nº 155 do 12 de agosto de 2024).

    • Extracto da Orde do 6 de agosto de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas mariscadoras a pé afectadas pola paralización temporal en determinados bancos marisqueiros intermareais de Galicia, cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 (DOG nº 155 do 12 de agosto de 2024).

    • Corrección de erros. Orde do 6 de agosto de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria para ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas mariscadoras a pé afectadas pola paralización temporal en determinados bancos marisqueiros intermareais de Galicia, cofinanciadas ao 70 por 100 polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 (DOG nº 158 do 19 de agosto de 2024).

    • Orde do 29 de agosto de 2024 pola que se modifica a Orde do 6 de agosto de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas mariscadoras a pé afectadas pola paralización temporal en determinados bancos marisqueiros intermareais de Galicia, cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 (DOG nº 171 do 5 de setembro de 2024).

    • Resolución do 26 de febreiro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 6 de agosto de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas mariscadoras a pé afectadas pola paralización temporal en determinados bancos marisqueiros intermareais de Galicia, cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 (Diario Oficial de Galicia número 155, do 12 de agosto) (DOG nº 46 do 7 de marzo de 2025).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.

    • Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, e polo que se se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE113H

Bono peixe

Prazo aberto: 11/07/2025 00:00 - 30/10/2025 23:59

PE155B

Axudas autonómicas a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

Tramitar en liña

Prazo aberto: 04/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59

PE155D

Axudas destinadas á creación e consolidación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros

Tramitar en liña

Prazo aberto: 10/07/2025 00:00 - 11/08/2025 23:59