Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT967C - Notificación previa del traslado de residuos peligrosos.
a) Establecer o procedemento de control dos traslados de residuos perigosos e non perigosos, incluídos no ámbito de aplicación do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, que se realicen pola vía pública dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os traslados de residuos perigosos que teñan inicio ou finalicen noutra comunidade autónoma rexeranse polo procedemento establecido no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, e demais normativa de desenvolvemento.
b) Regular a utilización de sistemas telemáticos para a tramitación dos traslados de residuos perigosos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, e para a súa anotación no libro rexistro.
c) Adecuar o réxime administrativo a que están suxeitas as actividades de produción e xestión dos residuos de construción e demolición ao establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, norma estatal básica.
Con carácter previo ao traslado de residuos perigosos, o/a produtor/a ou o/a xestor/a intermedio/a que posúe os residuos deberá obter un documento de aceptación destes por parte do/a xestor/a destinatario/a. No dito documento deberá constar o consentimento do/a xestor/a, a súa sinatura e os datos que identifican o residuo que se acepta.
O/a produtor/a ou xestor/a remitente dun residuo perigoso, cuxo traslado se pretende, deberá notificarllo cunha antelación mínima de 10 días á data do traslado ao órgano ambiental competente en materia de residuos.
Cando se prevexa realizar un traslado de residuos mediante a tramitación dalgún dos procedementos simplificados previstos no artigo 5º, o/a remitente poderá convir co/coa xestor/a que sexa este/a quen efectúe o aviso previo de traslado. Este acordo deberá comunicarllo ao órgano ambiental competente en materia de residuos.
No aviso previo deberase identificar o/a remitente que vai efectuar a entrega do residuo, o lugar e a data prevista de recollida, os datos do transporte que se utilizará, a cantidade e o tipo de residuo -con identificación do código da Lista europea de residuos- que se vai trasladar, o itinerario previsto e o/a xestor/a destinatario/a do residuo.
Nun único aviso previo poderanse notificar os traslados que prevén realizar, no prazo máximo dun ano contado desde a data da notificación, varios/as produtores/as ou xestores/as e de varios residuos.
O órgano ambiental competente poderá, por petición dos interesados, eximir da obriga de realizar o aviso previo dun traslado de residuos perigosos coa antelación mínima de 10 días, cando por razóns extraordinarias ou imprevistas sexa necesario proceder a trasladar os residuos perigosos producidos sen máis demora.
Os/as produtores de residuos perigosos, os/as produtores de residuos non perigosos (cando non teñan a consideración de residuos urbanos ou municipais), os/as transportistas de residuos perigosos que asumen ou non a titularidade do residuo, así como os/as xestores de residuos perigosos ou non perigosos que realicen operacións de almacenamento, valorización ou eliminación, deben levar un rexistro documental dos residuos producidos e/ou xestionados,co seguinte contido mínimo:
a) Produtor/a:
-Orixe dos residuos.
-Cantidade, natureza e código de identificación dos residuos.
-Data de cesión dos residuos.
-Se é o caso, data e descrición dos pretratamentos realizados.
-Se é o caso, data de inicio e finalización do almacenamento temporal.
-No caso de importación de residuos perigosos, data e número da partida arancelaria.
-No caso dun produtor autorizado para realizar operacións de xestión in situ, data e descrición das operacións de tratamento e eliminación.
-Frecuencia da recollida e medio de transporte.
-Se é o caso, a data, o motivo, o número de documento de control e seguimento ou de documento de entrega do traslado, nos supostos de rexeitamento do traslado do residuo.
b) Xestor/a:
-Procedencia dos residuos.
-Cantidades, natureza, composición e código de identificación dos residuos.
-Data de aceptación e recepción dos residuos.
-Tempo de almacenamento.
-Operacións de tratamento e eliminación, datas, parámetros e datos relativos aos diferentes procesos e destino posterior dos residuos.
-Se é o caso, a data, o motivo, o número de documento de control e seguimento ou de documento de entrega do traslado, nos supostos de rexeitamento do traslado do residuo.
Establécese o prazo máximo dun mes, contado desde a data de envío ou recepción dun residuo, para anotar no libro de rexistro o correspondente traslado.
O libro de rexistro estará á disposición das administracións públicas competentes, por petición destas. A documentación referida a cada ano natural debe manterse durante os cinco anos seguintes.
Para mais información consulte a URL: https://gaia.xunta.es/eResiduos/session/login
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular
Servizo de Residuos
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541703
Fax: 981957375
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos (DOG nº 57 do 24 de marzo de 2009).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Antelación mínima de 10 días á data do traslado ao órgano ambiental competente en materia de residuos.
-
Documentos que controlan o traslado.
-
Procedemento simplificado de recolla dun mesmo tipo de residuo a diferentes produtores:
-
a) Documento itinerante (modelo SXCR-1). Este documento debese utilizar na recolla itinerante dun mesmo tipo de residuo a varios/as produtores/as realizada tanto por un/unha transportista que asume a titularidade como por un/unha transportista de residuos perigosos que non asume a súa titularidade.
En cada documento só se pode reflectir a recolla a un máximo de 20 produtores/as. O documento itinerante axustarase ao modelo recollido no anexo I deste decreto.
-
b) Xustificante de entrega (modelo SXCR-2). Este xustificante xúntase a cada documento itinerante, e nel farase constar a entrega do residuo por parte do/a produtor/a ao/á transportista ou xestor/a. Este documento serviralle ao/á produtor/a como comprobante do destino dado ao residuo.
-
-
No suposto de recollida itinerante de residuos efectuada por un/unha transportista que non asume a titularidade do residuo para a súa posterior entrega a un/unha xestor/a, o xustificante de entrega terá carácter provisional ata a efectiva recepción e aceptación dos residuos por parte do xestor destinatario.
En cada xustificante de entrega deberá figurar o número do documento de control e seguimento itinerante (modelo SXCR-1) que corresponde, máis dous díxitos que, de forma correlativa e ata un máximo de 20, indicarán o número de produtores/as implicados no traslado. O xustificante de entrega axustarase ao modelo recollido no anexo II.
-
Procedemento simplificado de recolla dun ou varios tipos de residuos a un mesmo produtor:
-
Documento de control e seguimento para a recolla dun ou varios residuos (modelo SXCR-3). Este documento debese utilizar cando un xestor ou un transportista de residuos perigosos que non asume a súa titularidade recolle no mesmo traslado un ou diferentes tipos de residuo a un mesmo produtor.
En cada documento só se pode reflectir o traslado dun máximo de 20 tipos diferentes de residuos. Este documento axustarase ao modelo recollido no anexo III.
-
-
Procedemento ordinario de recollida dun mesmo tipo de residuo a un/unha produtor/a ou xestor/a intermedio/a:
-
Documento de control e seguimento (DCS). Este documento poderase utilizar con carácter opcional ao indicado no parágrafo 2 deste artigo, cando se trate do traslado dun único residuo procedente dunha persoa produtor ou xestor intermedio (posuidor do residuo). Este documento axustarase ao modelo recollido no anexo IV.
-
-
Formalización do traslado.
A formalización dun traslado de residuos perigosos pódese realizar por calquera dos procedementos seguintes:
-
a) Procedemento simplificado de recolla itinerante dun mesmo residuo a varios produtores efectuada por xestor/a-recolledor/a (transportista que asume a titularidade do residuo).
No acto da recolla itinerante de residuos perigosos por parte dunha persoa transportista que asume a titularidade do residuo, este debe cubrir o documento itinerante (SXCR-1) cos datos correspondentes a cada entrega de residuos. En todo caso, no SXCR-1 deberá figurar a sinatura e o selo de cada persoa produtora do residuo, así como a sinatura e o selo da persoa xestora-recolledora que amose a súa conformidade coa transferencia de titularidade do residuo.
A persoa-xestora recolledora, no caso de aceptar o residuo entregado, debe proporcionar ao/á produtor/a un xustificante de entrega (SXCR-2) debidamente asinado e selado. A partir do momento da entrega e sen prexuízo do establecido no artigo 6º, trasládase o ámbito de responsabilidade ao xestor-recolledor. O xustificante de entrega (SXCR-2) servirá para acreditar a asunción de responsabilidade por parte da persoa xestor/a do residuo recollido.
O/a xestor/a conservará para o seu arquivo o documento itinerante (SXCR-1) debidamente cuberto e asinado, e enviará unha copia asinada por el ao órgano administrativo competente en materia de residuos, antes do día 10 do mes seguinte ao que se efectuou o traslado.
Todo isto sen prexuízo do establecido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, en materia de documentos e copias electrónicas.
-
b) Procedemento simplificado de recolla itinerante dun mesmo residuo a varios/as produtores/as efectuada por transportista que non asume a súa titularidade.
No acto de recollida itinerante de residuos perigosos por parte dunha persoa transportista que non asume a titularidade do residuo, para a súa posterior entrega a unha persoa xestora autorizada, o/a transportista debe cubrir o documento itinerante (SXCR-1) cos datos correspondentes á entrega de residuos que fai cada produtor/a. No documento itinerante tamen deberá figurar a sinatura e o selo de cada produtor/a, así como a sinatura e o selo do/a transportista.
O/a transportista deberá entregar a cada produtor/a un xustificante de entrega (SXCR-2) provisional debidamente asinado e selado, en que fará constar que vai realizar o transporte do residuo e a súa entrega ao xestor destinatario.
Unha vez efectuada a entrega do residuo a persoa xestora destinataria, este comprobará que os datos que constan no documento itinerante (SXCR-1) son correctos. Se e o caso, procederá a aceptar o residuo asinando o documento itinerante e as copias definitivas dos xustificantes de entrega (SXCR-2), que deberá entregar no prazo de un mes aos/ás produtores/as, sendo este documento o que acredita a asunción de responsabilidade por parte do/a xestor/a do residuo entregado.
O/a xestor/a destinatario/a conservará copia do documento itinerante (SXCR-1), debidamente cuberto e asinado, para o seu arquivo, e enviará outra copia debidamente asinada ao órgano administrativo competente en materia de residuos, antes do día 10 do mes seguinte ao que se efectuou o traslado.
Todo isto sen prexuízo do establecido a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, en materia de documentos e copias electrónicas.
-
c) Procedemento simplificado de recollida dun ou varios residuos diferentes a unha mesma persoa produtora efectuada pola persoa xestora-recolledora (transportista que asume a titularidade do residuo).
No acto de recollida dos residuos, a persoa xestora-recolledora debe cubrir o documento de control e seguimento para a recollida de residuos diferentes a unha mesma persoa produtora (SXCR-3).
O/a produtor/a e o/a xestor/a recolledor/a, cos respectivos selos e sinaturas, darán conformidade á entrega e aos datos que constan no documento de control e seguimento (SXCR-3). A partir deste momento o/a xestor/a asume a titularidade e a responsabilidade do transporte e xestión do residuo, sen prexuízo do establecido no artigo 6º.
O/a xestor/a recolledor/a entregará unha copia do documento de control e seguimento (SXCR-3), debidamente cuberto e asinado, ao/á produtor/a, conservará unha copia para o seu arquivo, e enviará outra copia asinada por el ao órgano administrativo competente en materia de residuos antes do día 10 do mes seguinte ao que se efectuou o traslado.
Todo isto sen prexuízo do establecido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, en materia de documentos e copias electrónicas.
-
d) Procedemento simplificado de recollida dun ou varios residuos diferentes a unha mesma persoa produtora efectuada por transportista que non asume a súa titularidade.
Cando a recollida dos residuos a efectúa unha persoa transportista que non asume a súa titularidade, para a súa posterior entrega a unha persoa xestora autorizada, e o/a produtor/a quen debe cubrir e asinar o documento de control e seguimento (SXCR-3). Unha vez conformado o documento coa sinatura e selo do/a produtor/a e do/a transportista, o/a produtor/a conservará unha copia provisional, que lle servirá como xustificante da entrega do residuo, e entregaralle catro copias máis ao/á transportista.
No momento en que o/a transportista entregue o residuo ao/á xestor/a destinatario/a, este comprobará que os datos que constan no documento de control e seguimento son correctos e procederá a aceptar, se e o caso, o residuo asinando o documento. O/a xestor/a deberá remitir no prazo máximo dun mes copia do documento definitivo ao/a produtor/a.
O/a produtor/a dos residuos será titular e responsable deles ata que o/a transportista os entregue ao/á xestor/a destinatario/a e este os acepte. Exceptúase desta responsabilidade a derivada das obrigas asumidas polo transportista no contrato de transporte.
O/a produtor/a e o/a xestor/a destinatario/a conservarán cadansúa copia do documento (SXCR-3), debidamente cuberta e asinada, para o seu arquivo. Así mesmo, o/a xestor/a destinatario/a enviará outra copia á consellería competente en materia de residuos antes do día 10 do mes seguinte ao que se efectuou o traslado.
Todo isto sen prexuízo do establecido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, en materia de documentos e copias electrónicas.
-
e) Procedemento ordinario de recollida dun único residuo a un/unha produtor/a ou xestor/a intermedio/a.
No acto de entrega dos residuos, a persoa remitente (produtor/a ou xestor/a que xera o residuo) deberá cubrir e asinar debidamente o grupo de datos do documento de control e seguimento (modelo DCS) que lle corresponde como tal, e entregará tres copias á persoa transportista ou á persoa xestora-recolledora para que acompañen o residuo ata o seu destino.
O/a remitente conservará para o seu arquivo un exemplar do DCS e enviará outro exemplar asinado ao órgano administrativo competente en materia de residuos, antes do día 10 do mes seguinte ao que se efectuou o traslado.
O/a xestor/a, recolledor/a ou destinatario/a, que reciba xunto co residuo as correspondentes copias do DCS, antes de asinalas comprobará os datos declarados pola persoa remitente e, de ser o caso, no punto de incidencias describirá calquera incidencia ou variación que se detecte. Só no caso de aceptar a transferencia de titularidade do residuo, cubrirá o grupo de datos que lle corresponden nos exemplares e asinaraos o/a responsable autorizado/a pola empresa.
Unha vez debidamente cubertos e asinados, o/a xestor/a recolledor/a ou destinatario/a conservará para o seu arquivo un exemplar do DCS, enviará outro exemplar á persoa remitente no prazo máximo dun mes, tras a recepción do residuo, para comunicarlle a súa aceptación ou non, e o outro exemplar restante remitirao ao órgano administrativo competente en materia de residuos, antes do día 10 do mes seguinte ao que se efectuou o traslado.
Todo isto sen prexuízo do establecido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, en materia de documentos e copias electrónicas.
No caso de detectarse algunha incidencia con posterioridade á sinatura e envío da copia do DCS, o/a destinatario/a, titular legal do residuo, comunicarallo ao órgano ambiental de xeito inmediato.
-
-
Traslado de residuos non perigosos.
-
a) Traslado de residuos non perigosos distintos aos residuos de construción e demolición.
Sen prexuízo das disposicións que regulan a normativa de transporte de mercadorías, agás cando se trate de residuos urbanos procedentes dos fogares particulares, a entrega de residuos non perigosos entre as persoas produtoras e xestoras autorizadas, ou destes entre si, deberá documentarse mediante un comprobante de entrega no que figuren como mínimo os seguintes datos:
-Identificación do centro remitente do residuo (a persoa produtora ou xestora de que procede).
-Características dos residuos.
-Identificación da persoa xestora destinataria e do tipo de xestión que vai realizar.
-Data de entrega dos residuos e sinatura da persoa xestora.
No acto de recepción dos residuos, o/a xestor/a destinatario/a asume a responsabilidade do residuo, sen prexuízo do rexime de responsabilidade administrativa previsto no artigo 33 da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos. O/a xestor/a destinatario/a cubrirá e asinará o correspondente comprobante de entrega para facilitarllo ao remitente (produtor/a ou xestor/a que xera o residuo) no prazo máximo dun mes tras a recepción do residuo.
O/a remitente (produtor/a ou xestor/a que xera o residuo) e o/a destinatario/a conservarán copia do comprobante de entrega debidamente asinado para o seu arquivo, por un período non inferior a cinco anos.
En relación co anterior, incorpórase no anexo V un modelo orientativo para este documento de entrega.
-
b) Traslado de residuos non perigosos de construción e demolición.
Sen prexuízo das disposicións que regulan a normativa de transporte de mercadorías, o traslado de residuos de construción e demolición regularase pola súa normativa específica contida no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.
O traslado de residuos de construción e demolición desde o/a produtor/a ata o/a xestor/a destinatario/a documentarase mediante un comprobante de entrega co contido mínimo que se especifica no anexo VI.
O traslado de residuos de construción e demolición entre xestores documentarase mediante un comprobante de entrega, conforme o especificado na alínea a) deste artigo.
-
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"