Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT821A - Axudas con cargo aos orzamentos xerais do estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
A presente orde ten por obxecto, de acordo co establecido no Real decreto 1229/2005, do 13 de outubro, establecer as bases reguladoras, así como efectuar a súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para os anos 2015 e 2016, das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
De acordo coa Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, entenderase por área de influencia socioeconómica do parque nacional a área ocupada polos concellos que teñen parte da súa superficie no parque nacional, é dicir, a superficie dos concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo.
Poderán ser obxecto de subvencións os investimentos na área de influencia socioeconómica do parque nacional referidos a:
a) Iniciativas públicas tendentes á modernización das infraestruturas urbanas, periurbanas e rurais destinadas ao uso xeral, así como á diversificación e mellora dos servizos prestados pola Administración local, cando garden unha relación directa coas finalidades e obxectivos que establecen a norma da declaración do parque nacional ou os seus instrumentos de planificación.
As actuacións subvencionables, dentro do perímetro do parque nacional, serán do tipo de: mellora na subministración de auga potable, mellora na atención sanitaria a visitantes e residentes no parque, xestión de residuos, xestión enerxética, rede de saneamento e outras semellantes.
b) Iniciativas públicas ou privadas destinadas á conservación ou restauración do patrimonio natural, sempre que presenten un manifesto valor ecolóxico.
c) Iniciativas públicas ou privadas orientadas á eliminación de calquera tipo de impacto sobre os valores naturais ou culturais que xustificaron a creación do parque nacional, incluído o impacto visual sobre a percepción estética deste ocasionado por infraestruturas preexistentes.
As actuacións subvencionables, dentro do perímetro do parque nacional, serán do tipo de: soterramento de alxibes, mellora de fosas sépticas, puntos limpos e outras semellantes.
d) Iniciativas públicas ou privadas dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais coa finalidade e cos obxectivos dos parques nacionais.
e) Iniciativas públicas ou privadas destinadas á conservación ou á restauración do patrimonio arquitectónico, sempre que presenten un manifesto valor histórico-artístico ou cultural a escala local.
As actuacións subvencionables serán do tipo de: recuperación de hórreos, fornos comunais e outras semellantes.
f) Iniciativas privadas destinadas á posta en marcha de actividades económicas relacionadas co parque nacional, en particular, as relacionadas coa prestación de servizos de atención a visitantes e a comercialización dos produtos artesanais.
As actuacións subvencionables serán do tipo de: empresas de rutas guiadas, mergullo recreativo-educativo, promoción de actividades en inverno e outras semellantes.
g) Iniciativas privadas destinadas ao mantemento ou á recuperación da tipoloxía construtiva tradicional, como adaptación de cubertas, arranxo de construcións anexas, ou a acadar as condicións exixidas para a concesión da cédula de habitabilidade dos edificios que se atopan en terreos do interior do perímetro do parque nacional e teñen unha antigüidade de máis de 50 anos, cuxo uso estea directamente relacionado coa actividade produtiva asociada ao sector primario ou que constitúen a primeira residencia dos/das seus/súas propietarios/as, ou sexan utilizados polos/as solicitantes dunha concesión, segundo o Decreto 174/2010, do 1 de outubro, que regula o procedemento para outorgamento das concesións da Illa de Ons.
h) Iniciativas públicas ou privadas orientadas á divulgación e formación entre a poboación local dos valores e importancia do parque nacional, coa conservación dos valores naturais e culturais que xustificaron a súa declaración ou co uso sustentable dos recursos naturais.
i) Iniciativas públicas ou privadas orientadas á posta en valor ou á recuperación e divulgación do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural.
Poderán resultar beneficiarios/as das subvencións:
1. Entidades locais.
a) Os concellos dos municipios situados na área de influencia socioeconómica do parque nacional (Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo).
2. Entidades empresariais.
a) As entidades empresariais que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas, cuxa sede social estea radicada na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e cuxa actividade principal se desenvolva nesta área.
b) Os/as empresarios/as autónomos/as ou as comunidades de bens nos seguintes supostos:
- Cando a súa residencia e actividade se localicen na área de influencia socioeconómica do parque nacional.
- Cando non residan na dita área de influencia socioeconómica pero veñan realizando no interior do parque nacional actividades produtivas de carácter artesanal ligadas ao sector primario, sempre que tales actividades foran especificamente reguladas nos instrumentos de planificación.
3. Persoas físicas: as persoas físicas residentes e empadroadas na área de influencia socioeconómica do parque nacional, ou solicitantes dunha concesión, segundo o Decreto 174/2010, do 1 de outubro, que regula o procedemento para outorgamento das concesións da Illa de Ons.
4. Institucións sen fins de lucro: as fundacións e asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e cuxa sede social ou a dalgunha das súas seccións ou delegacións estea na área de influencia socioeconómica do parque nacional, sempre e cando entre os seus fins estatutarios figure expresamente a realización de actuacións en materia de conservación ou uso sustentable dos recursos naturais, de protección do patrimonio histórico-artístico ou de promoción da cultura tradicional.
5. As entidades de dereito público constituídas ao abeiro dalgunha lexislación sectorial en materia de recursos naturais renovables e cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento ordenado destes recursos na área de influencia socioeconómica do parque nacional.
Son obrigas do/da beneficiario/a as que se establecen con carácter xeral na normativa de aplicación en materia de subvencións e, en particular:
a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determina a concesión ou o desfrute da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como calquera outra de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto estatais como autonómicos, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Estar ao día no cumprimento da súas obrigas coa comunidade autónoma, tributarias e fronte á Seguridade Social, tanto no momento de concesión da axuda como no da xustificación do gasto realizado.
f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao/á beneficiario/a en cada caso, así como de cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, sen prexuízo da exixencia por parte da Administración dos correspondentes xuros de demora, cando se perda o dereito ao cobramento.
i) No caso de axudas á divulgación, no momento da xustificación final, entregaranse dous exemplares do material editado, xunto co resto da documentación xustificativa.
- Non se subvencionarán os gastos de adquisición de edificios nin terreos, nin os gastos xerais de funcionamento ou equipamento dos/as solicitantes, senón os propios do desenvolvemento das actividades e actuacións obxecto das axudas. Tampouco serán subvencionables os gastos correntes dos concellos. As solicitudes conxuntas de concellos que non acrediten a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actividades independentes en cada entidade local serán excluídas ou non admitidas a trámite.
- Todas as accións, obras ou traballos deberán atoparse situados dentro do perímetro do parque nacional ou da zona de influencia socioeconómica, tendo prioridade as accións que se realicen dentro do perímetro do parque sobre aquelas que estean fóra.
- Non poderán obter a condición de beneficiario/a das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
R/ Oliva, 3 - Edif. Cambón
36202 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886218090
Fax: 886218094
Email: iatlanticas@xunta.es
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Orde do 23 de setembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e se convocan para os exercicios orzamentarios dos anos 2015 e 2016 (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2015).
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).
Real Decreto 1229/2005, do 13 de outubro, polo que se regulan as subvencións públicas con cargo aos Presupostos Xerais do Estado nas áreas de influencia socioeconómica dos Parques Nacionais (BOE nº 246 do 14 de outubro de 2005).
Corrección de erros do Real Decreto 1229/2005, de 13 de outubro, polo que se regulan as subvencións públicas con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado nas áreas de influencia socioeconómica dos Parques Nacionais (BOE nº 274, de 16 de novembro de 2005).
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (BOE nº 171 do 18 de xullo de 2007).
Lei 30/2014, de 3 de decembro, de Parques Nacionais (BOE nº 293 de 4 de decembro de 2014).
Prazo de presentación: PECHADO
30/09/2015 00:00 - 29/10/2015 23:59
Un mes, computado de data a data, contado desde o día seguinte á data da publicación da presente orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
- Solicitude segundo o Anexo I desta orde, acompañada da seguinte documentación:
- Para todo/a interesado/a:
- a) Copia do DNI para as persoas físicas ou NIF para as persoas xurídicas (só no caso de non autorizar a verificación electrónica) e, se procede, acreditación da representación do/a solicitante por calquera medio válido en dereito, de acordo co disposto no artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
- b) Certificado de empadroamento (só no caso de non autorizar a verificación electrónica).
- c) Memoria descritiva da finalidade para a que se solicita a subvención. Conterá, como mínimo, a descrición dos traballos ou actividades, planos de situación e detalle, orzamento detallado co IVE desagregado, prazo aproximado de execución e calendario, tendo en conta que as actividades subvencionables deben comezar no presente exercicio. Este calendario de execución e orientativo, xa que quedará condicionado ás anualidades que se determinen na resolución de aprobación.
- d) Cando a actuación se localice nun lugar concreto, achegarase un plano da súa situación, sen prexuízo dos demais planos de detalle que exixa a definición tecnica da actuación.
- e) Se e o caso, acreditación de dispoñer de todas as licenzas e autorizacións necesarias para o exercicio da actividade ou de estar en trámite de obtelas.
- f) Cando se trate de actuacións sobre terreos ou bens inmobles concretos, certificación acreditativa da plena dispoñibilidade dos devanditos bens para executar a actuación. No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varios/as copropietarios/as, deberase presentar:
- 1. Acreditación da titularidade do terreo de cada propietario/a.
- 2. Documento que acredite o consentimento de todos/as os/as copropietarios/as.
- 3. Representación do/da solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.
- Deberase xuntar, ademais, a seguinte documentación complementaria, dependendo da natureza do/da beneficiario/a:
- a) No caso de solicitantes dunha concesión segundo o Decreto 174/2010, do 1 de outubro, que regula o procedemento para outorgamento das concesións da Illa de Ons, escrito en que exprese a dita condición e cite as súas características.
- b) No caso de arrendatarios/as, documento que acredite a condición, así como manifestación do consentimento, coñecemento ou non oposición polo/a propietario/a ás obras, de acordo co disposto no artigo 30 da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
- c) Para entidades locais privadas e institucións sen ánimo de lucro, documento acreditativo do acordo adoptado pola entidade para efectuar a solicitude de subvención, así como da representación das persoas que a subscriban.
- d) No caso de concellos que subscriban convenios para a xestión compartida de servizos municipais, presentarán copia cotexada do convenio subscrito.
- e) Para institucións sen ánimo de lucro, certificado de inscrición da institución sen ánimo de lucro no rexistro público correspondente (só no caso de non autorizar a verificación electrónica), e copia dos estatutos.
- f) No caso de asociacións, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar as axudas, e certificación do concello, ou documento semellante, que acredite que máis do 50 % dos/das socios/as residen nalgún dos concellos do parque nacional. De xeito interno solicitarase certificación de estar inscritas no Rexistro de Asociacións.
- g) No caso de empresas ou autónomos/as:
- 1. Documento acreditativo que xustifique estar de alta no imposto de actividades económicas (IAE), cando proceda e no caso de que non autoricen a súa verificación.
- 2. Acreditación de posuír a sede social nalgún concello do parque nacional.
- 3. No caso de comunidades de bens, declaración responsable sobre o importe do investimento que aplicará cada un/unha dos/das membros da agrupación, expresado en forma de porcentaxe sobre o total, e identificación de cada unha das persoas integrantes (DNI).
- A Dirección Xeral de Conservación da Natureza poderá requirir motivadamente consonte preve o artigo 54 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, calquera documentación aclaratoria necesaria en relación coas subvencións que se van outorgar, que considere conveniente.
- Presentación da documentación complementaria:
- Para o caso das entidades locais, presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
- Para os demais casos, poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
- No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
No caso de que a solicitude sexa dunha entidade local, a súa presentación realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico aos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. - O prazo de presentación rematará o día seguinte ao día correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación, con dúas excepcións. En primeiro lugar, cando no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes. En segundo lugar, se o derradeiro día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"