Guía de procedementos e servizos

MT811F

Inscrición, modificación e baixa no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Inscrición, modificación e baixa no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía

Veterinarios/as habilitados/as pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural para poder operar no Regiac

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

As solicitudes relativas a este procedemento poderán presentarse ao longo de todo o ano

Solicitudes

1. As solicitudes presentaraas o/a veterinario/a, habilitado/a obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado xerado na aplicación informática do Regiac ( anexo I ), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, ou no enderezo directo https://regiac.xunta.gal

2. Para poder presentar as solicitudes de inscrición,  o/a veterinario/a habilitado/a deberá:

a) Acceder á aplicación empregando o método de autenticación de uso persoal e intransferible de que dispoñen os/as veterinarios/as habilitados/as pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

b) Cubrir todos os campos obrigatorios dos formularios normalizados, ademais de anexar a documentación complementaria recollida no artigo 4 desta orde.

c) Unha vez cuberto o formulario, o/a veterinario/a habilitado/a presentará a solicitude de acordo co previsto no punto 1 deste artigo.

No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo da presentación e xerará de forma automática o formulario do anexo I, debidamente cuberto.

3. As solicitudes que non conteñan a información obrigatoria indicada no formulario ou non veñen acompañadas da documentación mínima recollida nos artigos 8 e 9 serán inadmitidas a trámite.

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algún/algunha dos/das veterinarios/as habilitados/as presenta a súa solicitude presencialmente, será requirido/a para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

5. A aplicación informática dispón de instrucións de axuda para a consulta das persoas usuarias. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirirse máis información, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pon á disposición das persoas usuarias un servizo de asistencia técnica a través da caixa de correo electrónico: regiac.medioambiente@xunta.gal

Documentación complementaria

1. Os/as veterinarios/as habilitados/as pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural deberán achegar coa solicitude a documentación recollida nos artigos 8 e 9 desta orde que se precisa en cada un dos procedementos.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Autorización administrativa para a tenza do exemplar obxecto de inscrición, no caso de aves de rapina.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

 Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude se deberán efectuar electronicamente a través da aplicación informática do Regiac, accesible desde o enderezo da internet https://regiac.xunta.gal

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de xullo de 2025 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do Rexistro Galego de Animais de Compañía (Regiac) dependente desta consellería (DOG nº 158 do 20 de agosto de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano