Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT811B
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia, destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia relativas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, á realización de campañas de concienciación para a tenza responsable e para a adopción de animais abandonados e á adquisición de material para a xestión e manexo dos animais aloxados nos centros de recollida autorizados, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2024 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía con anterioridade á data de publicación desta orde.
Para poder seren beneficiarias das axudas para os gastos subvencionables destinados á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados recollidos na letras a) e c) do artigo 2.1 deberán ser titulares ou xestoras dun centro de recollida autorizado e inscrito no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos de Galicia ou que conten con convenios de colaboración coas entidades locais para o de-senvolvemento de programas de xestión de colonias felinas reguladas na Lei 4/2017, do 3 de outubro, e na Lei 7/2023, do 28 de marzo.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
Servizo de Conservación da Biodiversidade
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541715/ 981547213/ 981546096/ 981957893
Email: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
13/01/2024 00:00 - 13/09/2024 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 13 de setembro de 2024.
1. As entidades beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que teñan sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, na Lei 4/2017, do 3 de outubro, ou na Lei 7/2023, do 28 de marzo.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
3. A solicitude da axuda, segundo o anexo I desta orde (procedemento MT811B), inclúe as seguintes declaracións da entidade solicitante:
a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesma fin, das distintas administracións públicas.
b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.
c) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Declaración responsable de non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, na Lei 4/2017, do 3 de outubro ou na Lei 7/2023, do 28 de marzo.
f) No caso de optarse á liña de axudas recollidas nas letras a) e c) do artigo 2.1, identificación do centro de recollida autorizado.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito.
b) No caso de optar á liña de axudas recollidas na letra a) do artigo 2.1:
1º. Acreditación fidedigna da relación existente entre a entidade titular do centro de recollida autorizado e a entidade xestora, no caso de que a entidade solicitante sexa xestora dun centro de recollida autorizado.
2º. Copia do convenio de colaboración entre a entidade solicitante e a entidade local do ámbito territorial en que se realiza a recollida dos animais domésticos abandonados ou a xestión das colonias felinas.
3º. Certificado da entidade xestora do centro de recollida autorizado, segundo o modelo do anexo II-A desta orde que, inclúa os seguintes aspectos:
i. Número de animais da especie canina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024.
ii. Número de animais da especie felina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024.
iii. Relación de fogares de acollida actualizada e centros de recollida, segundo o disposto na Lei 4/2017, do 3 de outubro, se dispoñen de fogares de acollemento temporal de animais domésticos.
4º. Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III-A, que preste os seus servizos para o centro de recollida que deberá incluír:
i. Relación de animais con indicación da especie e número de microchip, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024, por concello, aos cales:
– Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.
– Se lles implantou o microchip para a identificación, se realizou a inscrición no Regiac e se expediu o correspondente pasaporte sanitario.
5º. Certificado da entidade xestora da colonia felina, segundo o modelo do anexo II-B desta orde, que inclúa os seguintes aspectos:
i. Relación de colonias felinas legalmente establecidas, de acordo co disposto na Lei 4/2017, do 3 de outubro e na Lei 7/2023, do 28 de marzo, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024, indicando a localización de cada unha delas e a identificación da colonia.
ii. Número de animais da especie felina que forman parte de cada unha das colonias felinas no período comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024, por concello.
6º. Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III-B, que preste os seus servizos para a entidade xestora da colonia felina que deberá incluír os seguintes aspectos:
i. Relación de animais da especie felina con indicación da colonia felina a que pertencen, tipo de marcaxe e/ou identificación realizada, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024, por concello, aos que:
– Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.
– Se lles implantou o microchip para a identificación, realizou a inscrición no Regiac e expediu o correspondente pasaporte sanitario.
c) No caso de optar á liña de axudas recollidas na letra b) do artigo 2.1, memoria de actividades da campaña de concienciación, segundo o anexo IV desta orde, das actuacións en que se recollerán, de forma concisa e clara, os seguintes aspectos: descrición da actuación, finalidade, datas, localidades, lugares e medios empregados, público destinatario (perfil e número estimado de participantes), material divulgativo que se vai empregar (contidos, tipo de material, número de unidades, idioma), custo estimado por concepto para levar acabo cada unha das actuacións descritas na memoria.
d) No caso de optarse á liña de axudas recollidas na letra c) do artigo 2,1, memoria descritiva, segundo o anexo V desta orde, do material para o manexo de animais en que se inclúa, como mínimo, a seguinte información: descrición do material, finalidade, número de unidades e orzamentos económicos de cada un dos elementos con indicación do prezo unitario e importe total.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
e) Certificado de estar ao día no cumprimento da obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) A inscrición no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz) da Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda.
g) A inscrición no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía da Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda.
h) Non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, na Lei 4/2017, do 3 de outubro ou na Lei 7/2023, do 28 de marzo.
i) Concesións de subvencións e axudas.
j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Memoria descriptiva do material (Anexo V)
- Memoria de actividades de campaña e concienciación (Anexo IV)
- Certificado da entidade xestora da colonia felina (Anexo II-B)
- Certificado do persoal facultativo veterinario dos servizos prestados para a entidade xestora da colonia felina (Anexo III- B)
- Certificado do persoal facultativo veterinario sobre os servizos prestados para o centro de recollida (Anexo III-A)
- Solicitude (Anexo I)
- Certificado da entidade xestora do centro de recollida autorizado (Anexo II-A)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Xustificación e solicitude de pagamento (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2024 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2024 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2024).
-
Resolución do 26 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2024 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B) (Diario Oficial de Galicia número 9, do 12 de xaneiro de 2024) (DOG nº 5 do 9 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais
Aberto todo o ano
Fusións de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.
Aberto todo o ano
Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida.
Aberto todo o ano
Inscrición ou modificación no Rexistro de Cartografía de Galicia.
Aberto todo o ano