Guía de procedementos e servizos

MT811B

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 23/12/2021 00:00 - 16/09/2022 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia relativas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, á realización de campañas de concienciación para a tenza responsable e para a adopción de animais abandonados e á adquisición de material para a xestión e manexo dos animais aloxados nos centros de recollida autorizados, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B).

2. Para os efectos do disposto na epígrafe anterior, entenderanse por animais domésticos de compañía os pertencentes ás especies canina e felina, e por animal entregado en adopción ao animal doméstico abandonado que foi cedido en adopción nun centro de recollida autorizado e que consta correctamente inscrito a nome da persoa adoptante no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) segundo o recollido no artigo 4.7 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.

3. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Actuacións subvencionables.

1. Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde de axudas:

a) Aquelas destinadas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e relativos:

1º. Aos gastos derivados do acto clínico para a esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción.

2º. Aos gastos derivados do acto clínico para a identificación animal mediante a implantación de microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición de pasaporte sanitario, de acordo co recollido no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.

3º. Aos gastos derivados da manutención dos animais derivados da compra de alimento comercial seco e/ou húmido específico, coa finalidade de acadar un estado nutricional óptimo.

4º. Aos gastos derivados da aplicación das medidas profilácticas necesarias para garantir o bo estado físico e sanitario do animal e a prevención de enfermidades infectocontaxiosas, relativos á vacinación preventiva e á desparasitación externa e interna dos animais.

b) Campañas de concienciación e promoción da tenza responsable e para a adopción de animais abandonados, que incluirá a elaboración de material divulgativo e de publicidade relacionada coa actividade da asociación, realización de charlas ou obradoiros, así como o desenvolvemento de campañas en prensa escrita e en medios audiovisuais.

c) Adquisición de material e equipamento para a xestión e manexo dos animais que, en todo caso, estará destinado a dotar dos medios necesarios o centro de recollida do que a entidade solicitante é titular ou xestiona. Serán obxecto de subvención os seguintes elementos:

Denominación

Hidrolimpadora

Transportín/gaiolas portátiles/remolques transporte animal

Vehículos de tracción para o servizo de recollida de animais

Carro de alimentación

Tolva de alimentación e/ou almacenamento de alimento

Equipamento de cloración/potabilización de auga

Equipamento de videovixilancia para o coidado dos animais

Software específico para a xestión do centro de recollida

Dispositivos electrónicos necesarios para a xestión do centro de recollida (telefonía, maquinas de fotografía, ordenador, impresora)

Equipamento veterinario non consumible

Neveira

Conxelador

Quentador de auga

Gaiola trampa para a captura de animais de compañía

Gaiola de manipulación de gatos

Lazo de captura con freo de seguridade

Luvas de manexo de animais perigosos

Produtos e materiais de limpeza e desinfección

Outros equipamentos e pezas de protección individual

Outros elementos de análoga natureza

2. Non será obxecto de subvención o imposto do valor engadido (IVE).

3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía con anterioridade á data de publicación desta orde.

Para poder seren beneficiarias das axudas para os gastos subvencionables recollidos na letras a) e c) do artigo 2.1 deberán ser titulares ou xestoras dun centro de recollida autorizado e inscrito no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas

Servizo de Conservación da Biodiversidade

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541715/ 981547213/ 981546096/ 981957893

Email: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

23/12/2021 00:00 - 16/09/2022 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 16 de setembro de 2022.

1. As entidades beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que teñan sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos ou na Lei 4/2017, do 3 de outubro.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

3. A solicitude da axuda, segundo o anexo I desta orde (procedemento MT811B), inclúe as seguintes declaracións da entidade solicitante:

a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas.

b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.

c) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Declaración responsable de non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, ou na Lei 4/2017, do 3 de outubro.

f) No caso de optar á liña de axudas recollidas nas letras a) e c) do artigo 2.1, identificación do centro de recollida autorizado.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trar a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito.

b) No caso de optar á liña de axudas recollidas na letra a) do artigo 2.1:

1º. Acreditación fidedigna da relación existente entre a entidade titular do centro de recollida autorizado e a entidade xestora, no caso de que a entidade solicitante sexa xestora dun centro de recollida autorizado.

2º. Certificado da entidade xestora do centro de recollida autorizado, segundo o modelo do anexo II-A desta orde, que inclúa os seguintes aspectos:

i. Número de animais da especie canina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022.

ii. Número de animais da especie felina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022.

iii. Relación de animais que tiveron entrada no centro de recollida e foron entregados en adopción, no período comprendido entre o entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022, por concello. A relación deberá incluír a seguinte información:

– Data de entrada no centro de recollida e data en que foi entregado en adopción.

– Número de rexistro de entrada no centro de recollida.

– Número de microchip para a súa identificación.

iv. Relación de fogares de acollida actualizada e centros de recollida, segundo o artigo 25 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, se dispoñen de fogares de acollemento temporal de animais domésticos.

3º. Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III-A, que preste os seus servizos para o centro de recollida que deberá incluír:

i. Relación de animais con indicación da especie e número de microchip, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022, por concello, aos cales:

– Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.

– Se lles implantou o microchip para a identificación, realizou a inscrición no Regiac e expediu o correspondente pasaporte sanitario.

4º. Certificado da entidade xestora da colonia felina, segundo o modelo do anexo II-B desta orde, que inclúa os seguintes aspectos:

i. Relación de colonias felinas, legalmente establecidas de acordo co artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022, indicando a localización de cada unha delas e a identificación da colonia.

ii. Número de animais da especie felina que forman parte de cada unha das colonias felinas, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022, por concello.

5º. Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III-B, que preste os seus servizos para a entidade xestora da colonia felina, que deberá incluír os seguintes aspectos:

i. Relación de animais da especie felina con indicación da colonia felina a que pertencen, tipo de marcación e/ou identificación realizada, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022, por concello, aos cales:

– Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.

– Se lles implantou o microchip para a identificación.

c) No caso de optar á liña de axudas recollidas na letra b) do artigo 2.1, memoria de actividades da campaña de concienciación, segundo o anexo IV desta orde, das actuacións en que se recollerá, de forma concisa e clara, os seguintes aspectos: descrición da actuación, finalidade, datas, localidades, lugares e medios empregados, público destinatario (perfil e número estimado de participantes), material divulgativo que se vai empregar (contidos, tipo de material, número de unidades, idioma), custo estimado por concepto para levar acabo cada unha das actuacións descritas na memoria.

d) No caso de optar á liña de axudas recollidas na letra c) do artigo 2, memoria descritiva, segundo o anexo V desta orde, do material para o manexo de animais en que se inclúa, como mínimo, a seguinte información: descrición do material, finalidade, número de unidades e orzamentos económicos de cada un dos elementos con indicación do prezo unitario e importe total.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) A inscrición no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz) da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda.

g) A inscrición no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

h) Non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, e na Lei 4/2017, do 3 de outubro.

i) Concesións de subvencións e axudas.

j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (DOG nº 244 do 22 de decembro de 2021).

    • Extracto da Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (DOG nº 244 do 22 de decembro de 2021).

    • Resolución do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B) (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro) (DOG nº 223 do 23 de novembro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR505A

Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR513A

Fusións de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR514A

Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT400A

Inscrición ou modificación no Rexistro de Cartografía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano