Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT811A
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia relativas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2025 destinadas ás entidades locais.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades locais que no seu ámbito territorial correspondente presten o servizo de recollida e acollemento de animais e/ou a xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta mediante a súa contratación con empresas privadas autorizadas para ese fin.
En todo caso, o acollemento dos animais abandonados deberá realizarse en centros debidamente autorizados para tal fin ou nos fogares de acollida dependentes deles e/ou en colonias felinas, reguladas na Lei 4/2017, do 3 de outubro, e na Lei 7/2023, do 28 de marzo.
Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de entidades locais (agrupación, asociación, mancomunidade, consorcio, fusión ou calquera outra similar).
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
Servizo de Conservación da Biodiversidade
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541715/ 981547213/ 981546096/ 981957893
Email: animaisdomesticos.medioambiente@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 12 de setembro de 2025.
1. As entidades beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10. Igualmente, deben cumprir co deber previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que teñan sancións firmes en vía administrativa pendentes de pagamento por infraccións tipificadas na Lei 4/2017, do 3 de outubro, na Lei 7/2023, do 28 de marzo, ou na Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
3. A solicitude da axuda, segundo o anexo I desta orde (procedemento MT811A), inclúe as seguintes declaracións da entidade solicitante:
a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.
b) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Declaración da conta para a transferencia bancaria.
d) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
e) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Declaración responsable de non ter sancións firmes en vía administrativa pendentes de pagamento por infraccións tipificadas na Lei 4/2017, do 3 de outubro, na Lei 7/2023, do 28 de marzo, ou na Lei 50/1999, do 23 de decembro.
g) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
i) Declaración responsable de que a recollida de animais abandonados no ámbito territorial da entidade local se realiza ben de maneira directa ou ben mediante a contratación con empresas privadas autorizadas para ese fin (xestión indirecta).
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera dos medios sinalados no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 32 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.
b) Documentación que acredite a remisión das contas ao Consello de Contas pola entidade.
c) Acreditación fidedigna da relación entre a corporación local e a entidade que presta o servizo de recollida e tenza de animais abandonados e a súa duración, no suposto daquelas entidades locais que desenvolvan o servizo de recollida mediante xestión indirecta.
En caso de que a entidade local teña delegadas a súas competencias en materia de recollida, deberá achegarse a documentación que acredite tal delegación.
d) Certificado da entidade xestora do centro de recollida autorizado, segundo o modelo do anexo II-A desta orde, que inclúa os seguintes aspectos:
1º. Número de animais da especie canina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025.
2º. Número de animais da especie felina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025.
3º. Relación de fogares de acollida actualizada polos concellos e centros de recollida, segundo o disposto na Lei 4/2017, do 3 de outubro, se dispoñen de fogares de acollemento temporal de animais domésticos.
e) Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III-A, que preste os seus servizos para o centro de recollida, que deberá incluír a relación de animais con indicación da especie e número de microchip, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025, por concello, aos cales:
1º. Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.
2º. Se lles implantou o microchip para a identificación, realizou a inscrición no Regiac e expediu o correspondente pasaporte sanitario.
f) Certificado da entidade xestora da colonia felina, segundo o modelo do anexo II-B desta orde, que inclúa os seguintes aspectos:
1º. Relación de colonias felinas, legalmente establecidas de acordo co estipulado na Lei 4/2017, do 3 de outubro, e na Lei 7/2023, do 28 de marzo, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025, indicando a localización de cada unha delas e a identificación da colonia.
2º. Número de animais da especie felina que forman parte de cada unha das colonias felinas, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025, por concello.
g) Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III-B, que preste os seus servizos para a entidade xestora da colonia felina, que deberá incluír os seguintes aspectos:
1º. Relación de animais da especie felina con indicación da colonia felina a que pertencen, tipo de marcaxe e/ou identificación realizada, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025, por concello, aos cales:
i. Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.
ii. Se lles implantou o microchip para a identificación, realizou a inscrición no Regiac e expediu o correspondente pasaporte sanitario.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) A inscrición no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz) da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
g) Non ter sancións firmes en vía administrativa pendentes de pagamento por infraccións tipificadas na Lei 4/2017, do 3 de outubro, na Lei 7/2023, do 28 de marzo, ou na Lei 50/1999, do 23 de decembro,
h) Concesións de subvencións e axudas.
i) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Certificado do persoal facultativo veterinario dos servizos prestados para a entidade xestora da colonia felina (Anexo III- B)
- Certificado do persoal facultativo veterinario sobre os servizos prestados para o centro de recollida (Anexo III-A)
- Certificado da entidade xestora da colonia felina (Anexo II-B)
- Certificado da entidade xestora do centro de recollida autorizado (Anexo II-A)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Xustificación e solicitude de pagamento (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2025, destinadas ás entidades locais (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2025).
-
Extracto da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2025, destinadas ás entidades locais (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Excepción do réxime xurídico das zonas húmidas protexidas.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.
Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59