Guía de procedementos e servizos

MT810A

Excepción do réxime xurídico das zonas húmidas protexidas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A Xunta de Galicia poderá excepcionar o réxime xeral de uso e limitación dos humidais protexidos conforme as prescricións contidas nos instrumentos de planificación do humidal aprobado mediante decreto, por proposta da consellería competente en materia de ambiente.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Espazos Naturais

Servizo de Conservación de Espazos Naturais

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547207/ 981547208

Fax: 981547240

Email: dxcn@xunta.es

http://mediorural.xunta.es/espazosNaturais/conservacion.jsp

Servizo de Conservación de Espazos Naturais

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 5 de xullo de 2016.

1. Para que un humidal poida ser declarado humidal protexido deberá estar previamente incluído no Inventario de humidais de Galicia. Con carácter previo a esta declaración é necesario efectuar a súa identificación e delimitación técnica, baseándose nos tipos de medios ecolóxicos e na presenza de hábitats e poboacións de especies características.

2. A declaración dun espazo natural como humidal protexido farase con suxeición ao procedemento sinalado no artigo 11º deste decreto.

3. De conformidade co disposto no artigo 9.3º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, na delimitación do humidal protexido poderase establecer, ademais, unha zona periférica de protección que funcionará como unha área de amortecemento que evitará impactos directos sobre o humidal e cuxo uso deberá ser regulado no correspondente instrumento de planificación conforme o especificado na propia lei.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI o NIE da persoa solicitante

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade solicitante

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

    • Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia (DOG nº 122 do 25 de xuño de 2008).

    • Corrección de erros.-Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia (DOG Nº 125 do 30 de xuño de 2008).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano