Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

MT807C - Sorteo de permisos en coutos de pesca fluvial (Modalidade inclusión nun grupo).

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación: 24/10/2017 - 20/11/2017.

Desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas ata o día 20 de novembro de 2017, ás 14.00 horas.

  • Para cada sorteo poderán presentarse solicitudes para participación en grupo, cun máximo de tres solicitantes por grupo.
  • As solicitudes en grupo requirirán unha persoa responsable do grupo que presente unha primeira solicitude en que identifique, no punto correspondente, as demais persoas participantes. Esta primeira solicitude formularase conforme o procedemento administrativo MT807B (anexo I desta resolución). Posteriormente, quen forme parte dese grupo deberá presentar a solicitude regulada no procedemento administrativo MT807C (anexo II desta resolución) cos datos que nel se requiren.

Cada participante só poderá figurar nunha solicitude nun grupo para cada un dos sorteos.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Comprobación de datos.

1) Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos do DNI ou NIE das persoas solicitantes.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar as persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

2) No caso de que un mesmo NIF conste en varias solicitudes para un mesmo sorteo, anularanse as máis antigas, prevalecendo sempre a última data de rexistro de entrada, telemática ou presencial. No caso de solicitudes en grupo, as anulacións afectarán unicamente aqueles NIF repetidos. Non se considerarán duplicidades cando as solicitudes presentadas teñan por obxecto diferentes sorteos.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO DA CORUÑA

SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DA CORUÑA

R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A
Teléfono: 981182299 Fax: 881881320

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO DE LUGO

SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DE LUGO

Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Teléfono: 982294514 / 982294538 Fax: 982294539

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DE PONTEVEDRA

R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra
Teléfono: 986805097 Fax: 986805436

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO DE OURENSE

SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DE OURENSE

R/ Paseo, 18 - 5º
32003 Ourense
Teléfono: 988386511 Fax: 988386929

O obxecto destas normas é adxudicar mediante sorteo os permisos de pesca fluvial en coutos para a tempada de 2018.

En cada servizo provincial de Conservación da Natureza realizaranse dous sorteos:

– Sorteo de salmón: incluirá os permisos de coutos de salmón, mesmo os de pesca sen morte en coutos de salmón.

– Sorteo de troita: incluirá os permisos de troita, de reo, de pesca intensiva e aqueles de pesca sen morte non incluídos no sorteo anterior.

Calendario.

Inicio do período de presentación de solicitudes: ao día seguinte da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas.

Límite de presentación de solicitudes: 20 de novembro de 2017, ás 14.00 horas.

Publicación das listaxes provisionais de persoas excluídas e admitidas: 27 novembro de 2017.

Publicación das listaxes definitivas de persoas excluídas e admitidas: 15 de decembro de 2017.

Data de sorteo: 20 de decembro de 2017, ás 12.00 horas.

Os resultados dos sorteos, as listaxes de participantes coa orde resultante, a data e a hora de escolla de cada participante e demais datos e normas aplicables publicaranse na páxina web https://pescafluvial.xunta.gal. O acceso á aplicación requirirá o NIF e máis o número da licenza de pesca fluvial.

Beneficiarios:

Pescadores.

Requisitos:

Para participar nos sorteos é preciso ser titular dunha licenza de pesca fluvial en vigor no momento de presentar a solicitude. Para o cumprimento deste requisito terán a mesma validez as licenzas autonómicas e interautonómicas de pesca fluvial.

AUTONÓMICA

Resolución do 8 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se modifica a Resolución do 11 de outubro de 2017 pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2018 (DOG nº 219 do 17 de novembro de 2017).

AUTONÓMICA

Resolución do 11 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2018 (DOG nº 201 do 23 de outubro de 2017).

Prazo de presentación pechado (24/10/2017 - 20/11/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional