Guía de procedementos e servizos

MT806B

Aprobación de plans de aproveitamento para a pesca profesional da anguía en augas continentais.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Aprobación ou renovación dun plan de aproveitamento da anguía en augas continentais.

Persoas físicas representantes do sector da pesca profesional.

.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182299

Email: conservacion.co@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294514

Email: conservacion.natureza.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

Rúa do Paseo, 18

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386511

Email: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805467

Email: caza.pesca.po@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e as solicitudes poderanse presentar ao longo de todo o ano.

A persoa física solicitante debe acreditar ser unha asociación profesional de pescadores ou outra entidade asociativa legalmente constituída que teña por obxecto as mesmas finalidades respecto a anguía.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é:

a) Copia do acordo do órgano de goberno da asociación comprensivo da adopción da decisión de solicitude de aprobación ou renovación do plan.

b) Plan de aproveitamento da conca co contido mínimo establecido no Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) En caso de actuar por medio de representante, acreditación da representación mediante calquera medio válido en Dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses para a aprobación e Un mes para a renovación.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 106 do 4 de xuño de 1997).

    • Corrección de erros.-Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 130 do 8 de xullo de 1997).

    • Decreto 179/2004, do 7 de xullo, polo que se modifica o artigo 75 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 147 do 30 de xullo de 2004).

    • Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 129 do 6 de xullo de 2011).

    • Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2021).

    • Orde do 27 de xullo de 2021 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de biodiversidade, caza e pesca continental, e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia. (DOG nº 171 do 6 de setembro de 2021).

    • Resolución do 4 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2022 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022).

    • Resolución do 18 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica o anexo A da Resolución do 4 de xaneiro de 2022 pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2022 (DOG nº 59 do25 de marzo de 2022).

    • Resolución do 10 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2023 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2023).

    • Resolución do 4 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica o anexo A da Resolución do 10 de marzo de 2023 pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2023 (DOG nº 90 do 11 de maio de 2023).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano