Guía de procedementos e servizos

MT500C

Certificación de datos do rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Aprobar o modelo normalizado de certificación de datos do Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, previstas no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Entidades locais e cidadanía.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Dirección Xeral de Urbanismo

Subdirección Xeral de Apoio Xurídico e Xestión Económica

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544356/ 981544336

Subdirección Xeral de Apoio Xurídico e Xestión Económica

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Expedición de certificados e diplomas ( 30.04.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as entidades locais e as súas persoas representantes.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude (Código 30.04.01).

b) Documento que acredite a representación, de ser o caso.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

TRÁMITES POSTERIORES

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

COMPROBACIÓN DE DATOS

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) DNI/NIE da persoa solicitante

c) NIF da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016).

    • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2016).

    • Orde do 10 de marzo de 2017 pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes para a inscrición, modificación e certificación de datos no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, previstas no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 63 do 30 de marzo de 2017).

Outros procedementos relacionados

MT101A

Informe previo á aprobación definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT101D

Resolución de instrumentos de planeamento urbanístico. Aprobación definitiva

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT101E

Trámite posterior á aprobación inicial do planeamento xeral

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT105B

Autorización autonómica de usos en solo rústico, previa á obtención do título habilitante municipal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano