Guía de procedementos e servizos

MT201C

Inicio de actividade de planta móbil

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Comunicar o uso dunha planta móbil previamente autorizada nunha instalación o emprazamento concreto por un tempo determinado.

Persoas xurídicas e persoas autónomas inscritas no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos (RGPGR) que pretendan realizar operacións de tratamento de residuos en réxime de planta móbil nun emprazamento situado en Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular

Servizo de Residuos

Edificio administrativo de San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 541 056

Email: buzon.residuos@xunta.gal

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar:

a) Que todos os datos contidos nesta comunicación e nos documentos que se achegan son certos.

b) Que a dita entidade conta con autorización de xestor de tratamento inscrita no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos (RGPGR).

c) Os datos de localización da instalación na que vai a desenvolver a súa actividade.

d) Se a instalación da dita planta móbil necesita o non contar con documento ambiental conforme ao establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e no Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia 2030 (PRIGA), aprobado polo Decreto 157/2024, do 20 de maio (DOG núm. 108, do 5 de xuño de 2024).

Forma e lugar de presentación

As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación para a presentación

As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:

  • Formulario de comunicación (anexo III).

  • Memoria de medidas protectoras e correctoras do emprazamento.

  • Documento ambiental, naqueles casos nos que o esixa a lexislación vixente en materia de avaliación ambiental.

  • Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non se presentase con anterioridade.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

d) NIF da entidade representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar despois da presentación da comunicación previa, deberán efectuarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 174/2005, do 9 de xuño,polo que se regula o réxime xurídico da producción e xestión de residuos e o Rexistro xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2005).

    • Corrección de erros.-Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia (DOG nº 132 do 11 de xullo de 2005) (DOG nº 132 do 11 de xullo de 2005).

    • Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).

    • Corrección de erros. Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 223 do 4 de novembro de 2020).

    • Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).

    • Corrección de erros. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 52 do 17 de marzo de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular (BOE nº 85 de 9 de abril de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano