Guía de procedementos e servizos

MR709B

Axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 12/06/2024 00:00 - 15/11/2024 23:59

Aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario, así como convocar as axudas correspondentes ao exercicio orzamentario 2024.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas xestionadas ao abeiro destas bases reguladoras as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que acrediten, mediante resolución da persoa titular da dirección da Axencia, o especial interese agrario da permuta de que se trate.

b) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública de Galicia. Este requisito comprobarase antes de ditar a proposta de resolución de concesión, tendo en conta o límite máximo para resolver este procedemento, segundo o que se determina no artigo 12 desta resolución.

c) Ser titulares dos predios a que se refira a permuta de que se trate.

2. Non poderán acceder a estas axudas as persoas que se atopen afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da LSG.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Secretaría Xeral de AGADER

Lugar da Barcia, nº 56 - Laraño

15897  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547378

Email: secretaria.xeral.agader@xunta.gal

https://agader.xunta.gal/

Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Prazo de presentación: PECHADO

12/06/2024 00:00 - 15/11/2024 23:59

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de novembro de 2024. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Solicitudes

1. As solicitudes, dirixidas á Axencia, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/ (inclúese como anexo I).

2. A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregada pública.

3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación complementaria:

a) Identificación do acto administrativo polo que se declara a permuta de especial interese agrario.

b) Copia da escritura notarial da permuta. De ser o caso, nota simple da inscrición da permuta de que se trata ou da inmatriculación dos predios afectados.

c) Facturas da notaría e do rexistro da propiedade relativas á permuta ou á inmatriculación de que se trata.

d) Xustificantes bancarios do pagamento das facturas. No caso de pagamentos en metálico, facturas nas que conste que foron pagadas.

e) No caso de que o solicitante actuara por medio dun representante, deberá achegar a documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. Para acreditar a representación poderá empregarse o modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se presenten documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código do procedemento e o órgano responsable deste, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presentasen de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos que estean en poder da Administración actuante ou que elaboren as administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante, se é o caso.

c) DNI ou NIE da persoa representante, se é o caso.

d) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h) Se é o caso, axudas recibidas pola regra de minimis.

i) Concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

1. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.

2. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia (DOG nº 94 do 21 de maio de 2021).

    • Resolución do 29 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario, en réxime de concorrencia non competitiva, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 112 do 11 de xuño de 2024).

    • Extracto da Resolución do 29 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario, en réxime de concorrencia non competitiva, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 112 do 11 de xuño de 2024).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR200A

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200B

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200C

Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano