Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR708A - Proxectos de investimento en actividades non agrícolas.
1. O obxecto destas bases reguladoras é establecer o réxime das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020, destinadas a:
a) Adquirir maquinaria e equipamento co fin de mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais.
b) Pór en marcha novas actividades empresariais de carácter non agrícola nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación destas bases reguladoras.
Para estes efectos, o día da publicación no DOG da correspondente convocatoria de axudas estará dispoñible no enderezo da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda) a relación de aldeas modelo declaradas polos correspondentes acordos do Consello de Dirección da Axencia, ao abeiro da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, ou ben ao abeiro da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
2. As axudas consisten en subvencións directas de capital.
O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos nos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG).
3. O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR708A.
Proxectos subvencionables .
1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos destinados á:
a) Adquisición de maquinaria e equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos
4º) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).
5º) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
6º) Artesanía e actividades artesanais.
7º) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
8º) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
9º) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
b) Posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación da correspondente convocatoria destas axudas, nos mesmos sectores e ámbitos de actividade sinalados na letra a) do apartado 1 do artigo 3.
2.Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente ao solicitante, se esta data é anterior.
Só no caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, o persoal técnico da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural comprobará que os investimentos non están iniciados mediante a realización dunha acta de non inicio durante a fase de revisión da solicitude de axuda. Se o solicitante desexa iniciar a execución do proxecto antes da realización da citada comprobación, deberá achegar un acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio de obra, instalación ou equipamento.
b) Desenvolvérense no territorio de Galicia.
Non obstante o anterior, non serán subvencionables os proxectos que se desenvolvan nas parroquias galegas clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016).
No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades nas aldeas modelo declaradas polo órgano de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, os proxectos subvencionables serán aqueles que se desenvolvan no perímetro que conforma a zona de actuación integral de cada unha delas, segundo figura nos correspondentes acordos de declaración.
De ser o caso, o territorio elixible abranguerá os núcleos de poboación que, estando situados fóra do perímetro que delimita a aldea modelo, lle dean nome e sexan lindeiros co propio perímetro da aldea.
c) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os que se lles concedeu a axuda.
d) Que sexan viables técnica e financeiramente.
e) Que se axusten á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto, así como ás especificacións indicadas nas presentes bases.
f) No caso de proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, o investimento proxectado deberá mellorar o rendemento global da empresa solicitante.
Para estes efectos, deberá acadar algún dos seguintes obxectivos:
1º. Aumentar a competitividade da empresa.
2º. Reducir os custos.
3º. Aumentar o valor engadido.
4º. Reducir o impacto ambiental.
5º. Mellorar a rastrexabilidade e seguridade das producións.
6º. Diversificar as producións e/ou os mercados.
7º. Mellorar a calidade das producións.
8º. Implantar novos produtos, procesos ou tecnoloxías.
9º. Mellorar a comercialización das producións.
Para acreditar isto, na memoria-resumo do proxecto (anexo III) deberase xustificar expresamente e de forma razoada en que medida os investimentos contribúen a acadar algún dos obxectivos sinalados.
g) As persoas solicitantes poderán presentar como máximo un proxecto ao abeiro desta convocatoria.
h) Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 10.000 € e/ou superior a 220.000 €.
No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.
Os citados límites non se aplicarán no caso de proxectos promovidos en aldeas modelo, tanto para proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais como para aqueles outros de mellora, ampliación e/ou modernización mediante a adquisición de maquinaria e equipamento.
Investimentos subvencionables .
1. Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
2. Ademais, e só para os proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais nas aldeas modelo, serán subvencionables os seguintes gastos:
a) A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, o importe subvencionable non poderá superar o 50% do total dos gastos subvencionables.
Deberán cumprirse os condicionantes seguintes:
– Que se xunte un informe dun taxador independente, acreditado como tal, cualificado ou dun organismo debidamente autorizado que confirme que o prezo de compra non supera o valor do mercado e que o ben se axusta á normativa que resulte de aplicación.
– O ben inmoble non pode ter sido obxecto nos últimos 10 años de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
– Os edificios quedarán afectos ao destino previsto durante un período non inferior a 5 años ou o tempo que esixa a normativa sectorial.
– Non será subvencionable a compra de inmobles que vaian ser derrubados nin a compra de inmobles a familiares de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, ou a socios da entidade beneficiaria do proxecto.
b) Os custos xerais vinculados aos gastos anteriores en concepto de honorarios de proxecto, dirección de obra e estudios de viabilidade, ata o límite do 12 % do total dos gastos subvencionables.
c) Gastos de constitución (notariais, rexistrais e administrativos) derivados do comezo da actividade prevista no proxecto.
3. Non serán subvencionables:
a) Material funxible en xeral.
b) Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.
c) A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto (anexo III).
d) Equipos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten, agás nos casos de proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo.
e) Traídas e acometidas de servizos.
f) Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.
g) Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao aluguer.
h) Equipos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.
i) Deseño e/ou actualización de páxinas web.
j) A compra de vehículos de transporte exterior, de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.
k) Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas. Non obstante o anterior, no caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, será subvencionable o mobiliario, con excepción do mobiliario de oficina, naqueles casos nos que resulte necesario para a posta en marcha da actividade empresarial.
l) Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai a desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.
m) Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.
n) Os gastos de aluguer de instalacións e equipos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).
o) A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.
p) As taxas por licenzas administrativas.
q) O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.
r) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.
s) Os xuros debedores.
t) Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como “outros” ou partidas a tanto global.
u) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda, con excepción dos custos xerais vinculados ao investimento, indicados no artigo 4.2.b) destas bases reguladoras
1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras, sempre que cumpran os demais requisitos previstos nelas:
a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2021.
No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en Aldeas modelo admitiranse empresas en constitución ou constituídas con posterioridade a data anteriormente sinalada.
Segundo a definición que resulta do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, ten a consideración de pequena empresa aquela que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balanzo xeral anual non supera os 10 millóns de euros.
De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.
As empresas deberán ter a súa razón social ou ben un centro de traballo no territorio elixible, nos termos establecidos no artigo 3.2.b) destas bases reguladoras.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2021.
No caso de proxectos de implantación de actividades empresariais en aldeas modelo, admitiranse novas altas no réxime especial de traballadores autónomos con posterioridade a data antes sinalada.
Para estes efectos considerarase zona rural todo o territorio de Galicia, con excepción das parroquias galegas clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á Clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). No enderezo da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda estará dispoñible a relación de zonas densamente poboadas (ZDP).
c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
No caso de persoas físicas, deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2021. No caso de persoas xurídicas, deberán estar constituídas antes da citada data.
No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, admitiranse novas altas no réxime especial de traballadores autónomos ou ben a constitución de persoas xurídicas, con posterioridade a data antes sinalada.
A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.
Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.
2. Non poderán ser beneficiarias das axudas:
- As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
- As empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura, nin as que están dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
- As empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da LSG.
3. Para o exercicio da súa actividade, as persoas solicitantes deberán dispor das autorizacións, permisos e/ou licenzas administrativas preceptivas, estar inscritas nos rexistros públicos que sexan pertinentes e cumprir con calquera outro requisito esixido polas disposicións aplicables.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Barcia, nº 56, Laraño
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547382
Fax: 981547381
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actvidades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 16 do 25 de xaneiro de 2022)
Extracto da Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actvidades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 16 do 25 de xaneiro de 2022)
Resolución do 22 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 29 de decembro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 39 do 25 de febreiro de 2022).
Resolución do 19 de xullo de 2022 pola que se publica o resultado do proceso de selección dos proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en empresas existentes, ao abeiro da convocatoria de subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, correspondente ao ano 2022 (DOG nº 149 do 5 de agosto de 2022).
Resolución do 27 de xullo de 2022 pola que se publica o resultado do proceso de selección dos proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, ao abeiro da convocatoria de subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, convocatoria 2022 (DOG nº 149 do 5 de agosto de 2022).
Resolución do 13 de setembro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
26/01/2022 00:00 - 25/02/2022 23:59
O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Presentación de solicitudes .
1. A presentación da solicitude de axuda realizarase unicamente por medios electrónicos.
Dentro do prazo establecido na convocatoria as persoas interesadas deberán cubrir previamente o formulario descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que se solicita a subvención, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/empresas2022
Para poder presentar a solicitude, é imprescindible que a persoa solicitante ou o seu representante legal dispoña de DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
2. Para poder presentar a solicitude, será necesario seguir os seguintes pasos:
a) Darse de alta na aplicación informática para a xestión das axudas. O nome de usuario será o NIF da persoa solicitante; o contrasinal será o determinado por esta.
b) Necesariamente deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios; así mesmo, débese anexar a documentación referida no artigo 9 destas bases reguladoras, en función do tipo de solicitante e tipoloxía do proxecto de que se trate.
c) Unha vez cuberto o formulario, a persoa solicitante poderá presentar a súa solicitude de axuda.
No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo do feito da presentación, e xerará de forma automática os anexos II (solicitude de axuda), III (memoria-resumo do proxecto), IV (cadro do orzamento) e V (relación de ofertas). A publicación no DOG dos citados anexos ten carácter puramente informativo.
3. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. A aplicación informática disporá de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través dos números de teléfono 981 54 73 82/981 54 26 90/981 54 73 69, e o enderezo de correo electrónico subdireccion-planificacion.agader@xunta.gal
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Os anexos III, IV e V debidamente cubertos e xerados a través da aplicación informática.
b) Documentos acreditativos da personalidade e, de ser o caso, da representación do solicitante:
No caso de persoas xurídicas, certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifiquen a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia. De non achegarse o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados. No caso de que as persoas físicas actúen a través de representante, deberán xuntar, debidamente cuberto, o anexo VI (autorización de representación), asinado pola persoa solicitante e pola designada como representante.
c) Documentación acreditativa dos compromisos de emprego:
1º. Certificación ou informe expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, acreditativo de todos os códigos conta de cotización da empresa, correspondentes aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
2º. Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
3º. Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
d) Tres orzamentos ou facturas pro forma, correspondentes a distintos provedores, para cada un dos gastos propostos, nos termos previstos no artigo 11 destas bases reguladoras.
e) No caso de persoas xurídicas, declaración do imposto sobre sociedades (modelo 200), correspondente ao exercicio 2020.
f) No caso dos membros dunha unidade familiar agraria, referidos no artigo 2.1.c) destas bases reguladoras, acreditación do grao de parentesco coa persoa titular.
g) De ser o caso, documentación acreditativa do grao de discapacidade da persoa solicitante, no caso de que fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 16.II.c) destas bases reguladoras).
h) De ser o caso, declaración censual da alta -modelo 036 ou 037- (artigo 16.IV.b) destas bases reguladoras).
i) De ser o caso, documentación acreditativa da contratación de persoas con discapacidade (artigo 16.V.c) destas bases reguladoras).
j) De ser o caso, as certificacións expedidas por unha entidade de certificación acreditada na ENAC, e/ou acreditación de que dispón da Marca galega de excelencia en igualdade (artigo 16.VIII destas bases reguladoras).
k) De ser o caso, documentación acreditativa da non suxeición ou exención do IVE, de modo que se constate que é efectivamente soportado pola persoa beneficiaria e que non é recuperable.
l) No caso de proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en empresas xa existentes, licenza de actividade do concello ou, de ser o caso, acreditación da presentación da comunicación previa con toda a documentación requirida nos termos establecidos no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
m) No caso de proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo:
– De ser o caso, anteproxecto de obra ou memoria valorada, asinada por técnico competente, cando o proxecto comporte a execución de obra civil.
– De ser o caso, certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou dun órgano ou organismo público autorizado, que acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado, cando o proxecto comporte a adquisición de inmobles.
n) Calquera outra documentación adicional que a persoa interesada considere conveniente para a correcta avaliación e baremación do proxecto.
Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderáselle requirir á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 39/2015.
3. As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, poderá requirirse a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Cada arquivo individual non poderá superar os 5 MB. No caso de que un documento ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño.
4. Non será necesario que as persoas solicitantes presenten a documentación que xa conste en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, poderán acollerse ao establecido nos artigos 28.3 da Lei 39/2015 e 20.3 da LSG, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade a que se formule a proposta de resolución.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante.
b) NIF da entidade solicitante
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Datos de residencia con data de última variación do padrón.
e) Certificado de renda (IRPF) correspondente ao exercicio fiscal 2020 da persoa física solicitante.
f) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social.
h) Certificado acreditativo de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
i) Concesións de subvencións e axudas.
j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
k) Concesións pola regra de minimis.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado de discapacidade, no caso de que fose recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 16.II.c) das bases reguladoras).
3. No caso de que a persoa interesada se opoña a estas consultas, deberá indicalo no cadro correspondente habilitado na solicitude de axuda e achegar os correspondentes documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Selección de Grupos de Desenvolvemento Rural e das estratexias de desenvolvemento local para a medida Leader de Galicia 2014-2020
Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020.
Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.
Selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradas na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local.