Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR701L
Axudas Leader PEPAC 2023-2027.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais, Entidades locais
Aprobar as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader 2023-2027, e convocar as correspondentes ao ano 2025.
En función das persoas beneficiarias os proxectos poden estar promovidos por entidades públicas de carácter local ou comarcal, en concreto: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores, ou por persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo nesta categoría as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
1. Con excepción das entidades públicas de carácter local que poidan ser beneficiarias dun proxecto de natureza produtiva, as persoas beneficiarias dos proxectos produtivos limitaranse ás pequenas empresas, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
2. Este acordo establece as condicións «máximas» de elixibilidade, polo que, en aplicación da metodoloxía Leader e do enfoque «abaixo-arriba», serán subvencionables os proxectos que sexan seleccionados polos GDR, no marco das súas respectivas estratexias, por considerar que son as operacións que mellor deben contribuír ao desenvolvemento rural do territorio desde unha perspectiva innovadora e un enfoque multisectorial.
3. Con carácter xeral, as operacións subvencionables deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar localizados no ámbito territorial elixible de aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GDR.
b) Ser viables técnica, económica e financeiramente, para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente para os non produtivos.
c) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
d) Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda. Para estes efectos, considérase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción, ou ben o primeiro compromiso en firme para a petición dos equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente o solicitante, se esta data é anterior. Porén, a compra de terreos e os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos de viabilidade, non terán a consideración de inicio dos traballos.
e) Ser finalistas, é dicir, que na data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados os proxectos. Non poderán subvencionarse fases dun proxecto que non constitúan unha actividade finalista.
Prazo de presentación: ABERTO
01/05/2025 00:00 - 30/05/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da personalidade do solicitante e, de ser o caso, da representación do solicitante:
No caso de persoas xurídicas, esta acreditación realizarase mediante un certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia.
De non achegarse o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a copia do NIF, no caso de denegar expresamente a súa consulta.
b) Declaración censual (modelo 036 ou 037), ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.
c) Documentación acreditativa de que se cumpre co requisito de ser pequena empresa: últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, na cal figure o número de persoas empregadas do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance anual. De ser o caso, documentación de empresas vinculadas e/ou imposto sobre sociedades do último exercicio pechado.
d) Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Informe de vida laboral da/das conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda.
f) Memoria e resumo do proxecto en documento normalizado (anexo III, Resumo do proxecto –plan de empresa– para proxectos produtivos, e anexo IV, Resumo do proxecto, –plan de xestión– para proxectos non produtivos), no cal se reflictan a situación de partida, os obxectivos que se perseguen coa súa posta en marcha e a metodoloxía de traballo, así como as explicacións necesarias para a correcta comprensión do proxecto. O solicitante debe ter en conta que esta información vai ser tomada en consideración para valorar o cumprimento dos requisitos dos proxectos e para aplicar os criterios de selección que o GDR teña aprobados.
g) Orzamento de gastos, desagregados por partidas e conceptos, necesarios para a execución do proxecto (anexo V, Orzamento de gastos desagregados por partidas).
h) Relación de ofertas solicitadas e elixidas, nos termos indicados no artigo 20 deste acordo, segundo os documentos normalizados (anexo VI-A, Relación de ofertas solicitadas e elixidas, e anexo VI-B, Declaración sobre as ofertas solicitadas e elixidas). Acompañarase esta relación de tres orzamentos ou facturas pro forma, correspondentes a distintos provedores, para cada un dos gastos propostos, ou, de ser o caso, memoria xustificativa.
i) Documentación acreditativa da non suxeición ou exención do IVE, de modo que se constate que é efectivamente soportado pola persoa beneficiaria e non recuperable, de ser o caso.
j) Código de explotación agraria no suposto de investimentos no sector da produción agraria primaria ou, na súa falta, rexistro oficial que corresponda á explotación agraria.
k) Plano do Sixpac indicando as coordenadas da localización da operación.
l) No caso de empresas xa existentes, licenza de actividade ou, de ser o caso, acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
m) No caso de que unha operación inclúa obra civil, anteproxecto ou memoria valorada, que inclúa orzamento desagregado, indicando unidades de obra, medicións, prezos unitarios e descompostos, asinado por técnico competente na materia.
n) Certificado do cumprimento dos prazos de pagamento a provedores en cumprimento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, de ser o caso.
ñ) Calquera outra documentación ou información adicional que o interesado considere de interese para unha mellor análise e valoración do proxecto.
Os modelos normalizados necesarios para a presentación da documentación referida incorpóranse a este acordo como anexos II a XV.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social.
f) Certificado acreditativo de non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Certificado da renda (IRPF), da persoa física solicitante, correspondente ao último exercicio fiscal pechado.
h) Concesións de subvencións e axudas, incluídas as amparadas na regra de minimis.
i) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Autorización de Representación (Anexo XV)
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 16 de abril de 2025 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 10 de abril de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e se anuncia a convocatoria para o ano 2025 (DOG 82 do 30 de abril de 2025).
-
Extracto da Resolución do 16 de abril de 2025 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 10 de abril de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e se anuncia a convocatoria para o ano 2025 (DOG 82 do 30 de abril de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores.
Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59
Incrición no rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para a prestación de servizos como entidade identificadora.
Aberto todo o ano