Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR701C - Selección de Grupos de Desenvolvemento Rural e das estratexias de desenvolvemento local para a medida Leader de Galicia 2014-2020
Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) deseñan e poñen en práctica as estratexias de desenvolvemento local participativo que sexan seleccionadas ao abeiro destas bases. No marco desta función xenérica, corresponden aos GDR as seguintes funcións:
a) Fortalecer a capacidade dos actores locais para desenvolver e implementar as operacións, incluíndo o fomento das capacidades dos actores locais de xestión dos proxectos.
b) Preparar e publicar convocatorias de proxectos ou un procedemento continuo de presentación de solicitudes.
c) Deseñar un procedemento de selección das operacións non discriminatorio e transparente, establecendo os criterios obxectivos necesarios para a selección das operacións, de xeito que eviten os conflitos de intereses e se asegure que polo menos o 51 % dos votos nas decisións de selección sexan emitidos por socios que non sexan autoridades públicas.
O procedemento de selección de operacións deberá permitir efectuar a selección a través de xuntas directivas ou órganos decisorios similares, non presenciais e realizadas a través de acordos escritos dos seus membros, dos cales quedará constancia documental suficiente e garantirá a coherencia coa estratexia de desenvolvemento local participativo na selección das operacións, ordenándoas por prioridades segundo a súa contribución á consecución dos obxectivos e metas da estratexia.
d) Recibir as solicitudes de axuda, avalialas e realizar os informes de viabilidade e de control de elixibilidade (ICE) que será remitido á Agader para a súa verificación.
e) Seleccionar as operacións e fixar o importe de axuda, atendendo ás normas de xestión e baremo de cada GDR e respectando os límites máximos da normativa de axudas de Estado que sexa de aplicación.
f) Realizar un seguimento da posta en práctica da estratexia e das operacións seleccionadas e levar a cabo as actividades de avaliación específica relacionadas coa estratexia de desenvolvemento local participativo.
Os GDR axustarán a súa actividade aos principios de colaboración, obxectividade, imparcialidade, eficacia, eficiencia, transparencia, publicidade e libre concorrencia.
a) Ter a forma xurídica de asociación, con suxeición á Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
As organizacións candidatas a adquirir a condición de GDR para o Leader de Galicia 2014-2020 poderán ser organizacións de nova creación ou ben entidades que xa tivesen a condición de GDR no anterior período de programación Leader Galicia 2007-2013.
As entidades de nova creación ou as que procedan a modificar os seus estatutos con suxeición aos requirimentos destas bases deberán estar inscritas no rexistro de asociacións correspondente na data da presentación da solicitude de selección do GDR como entidade colaboradora.
b) Estar compostos por un conxunto de interlocutores, públicos e privados, con arraigo no territorio, de xeito equilibrado e representativo tanto desde o punto de vista sectorial como territorial. O grupo de desenvolvemento rural deberá documentar que seguiu un proceso participativo e aberto a todos os axentes públicos e privados do territorio que na fase previa á aplicación do programa Leader manifestasen o seu interese en implicarse no programa. Esta metodoloxía participativa debe de acreditarse desde o inicio das actuacións postas en marcha para a constitución do GDR.
En ningún caso poderán formar parte dos GDR as persoas físicas e as sociedades mercantís, con excepción das seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.
Entre os socios do GDR deberá figurar, polo menos, a maioría dos concellos do territorio obxecto da estratexia.
Poderán ser socios do GDR, entre outros, as comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común sempre que se pronuncie expresamente a favor a súa asemblea xeral, as asociacións e organizacións profesionais, as entidades sen ánimo de lucro e as organizacións profesionais agrarias con presenza no territorio do GDR.
Na composición do GDR rexerá o principio de portas abertas. Para estes efectos, os respectivos estatutos deberán garantir a incorporación, tanto na constitución como ao longo de todo o período de execución da estratexia, de todas aquelas entidades con implantación local que, reunindo os requisitos exixidos para adquirir a condición de asociados, soliciten a súa incorporación. Os GDR requirirán ás entidades que soliciten a súa incorporación como asociados que acrediten, como mínimo, un ano de actividade no ámbito territorial do GDR.
c) Nin as autoridades públicas nin ningún grupo de interese concreto representarán máis do 49 % dos dereitos de voto na toma de decisións.
En todo caso, na xunta directiva ou órgano decisorio similar estarán necesariamente representados, cando menos, os seguintes colectivos, sempre e cando sexan socios do GDR e desexen formar parte da citada xunta directiva ou órgano decisorio similar:
1º. As asociacións de mulleres.
2º. As asociacións de mozos.
3º. As asociacións de acción social.
4º. As asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente.
5º. As asociacións do sector agrario, incluíndo as organizacións profesionais agrarias.
6º. As asociacións de empresarios e as asociacións profesionais.
7º. As asociacións do sector cultural.
8º. O sector público.
d) Os estatutos deberán incorporar as regras necesarias relativas ao cumprimento dos requisitos xerais previstos nas alíneas b) e c) e, necesariamente, deberán de prever as seguintes regras referidas ao sistema de toma de decisións e elección de cargos:
1º. Todos os asociados son elixibles para calquera dos cargos dos órganos decisorios.
2º. No proceso de toma de decisións, cada membro dos órganos decisorios ten un voto.
3º. Para os efectos de adopción de acordos, os órganos decisorios só estarán validamente constituídos cando os representantes do sector privado supoñan como mínimo o 51 % dos membros presentes ou representados.
4º. Na toma de decisións, os representantes das entidades directamente interesadas no asunto non poderán estar presentes nas votacións. Por outra parte, deberá garantirse que se evite calquera conflito de intereses, de xeito que se arbitrará un mecanismo para que, nas tomas de decisións dos órganos do GDR, as declaracións de intereses queden perfectamente documentadas e formen parte do expediente, sempre que algún membro dos órganos decisorios teña algún tipo de relación profesional e/ou persoal co promotor do proxecto ou calquera tipo de interese persoal e/ou profesional no proxecto obxecto da votación.
5º. A xunta directiva ou órgano decisorio similar constará dun máximo de 21 membros, dos que polo menos un deberá representar cada un dos colectivos cuxa presenza é obrigatoria na xunta directiva ou órgano decisorio similar sempre que sexan socios do GDR e desexen formar parte dela. Neste senso, a asemblea xeral será o órgano decisorio que estableza, dentro dos requisitos e limitacións establecidas nestas bases, a exacta composición da xunta directiva ou órgano decisorio similar, en función do peso de cada un dos colectivos na estratexia do grupo.
e) Ter capacidade para definir unha estratexia de desenvolvemento local no territorio e para asumir as tarefas de colaboración na súa xestión, así como a eficacia dos mecanismos de funcionamento, de toma de decisións, e a transparencia na atribución de funcións e responsabilidades.
f) Dotarse, ou ben comprometerse a dotarse, dun equipo técnico con formación e capacidade para xestionar a estratexia de desenvolvemento proposta. No procedemento de contratación do persoal garantiranse, en todo caso, os principios de igualdade, mérito e capacidade, publicidade e concorrencia. O equipo técnico, contratado directamente polo GDR, deberá acreditar un nivel de cualificación suficiente para asumir o peso principal da xestión da estratexia de desenvolvemento local. Só puntualmente os GDR poderán contratar asistencias técnicas externas de apoio á xestión, logo de autorización da Agader, respectando, en todo caso, neste proceso de contratación, os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.
g) Comprometerse a subscribir un convenio de colaboración coa Agader.
h) Dotarse, ou ben comprometerse a dotarse, dos medios técnicos suficientes, en particular daqueles requiridos para a utilización da ferramenta informática que facilite a Agader para a xestión da medida Leader.
i) Comprometerse a traballar en rede.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural
Lugar da Barcia 56, Laraño
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547360/ 981540100
Email: agader.subdireccionrelacionsgal@xunta.es
Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural
Resolución do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección (DOG nº 42 del 2 de marzo de 2016).
Corrección de erros. Resolución do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección (DOG nº 81 do 28 de abril de 2016).
Prazo de presentación: PECHADO
03/03/2016 00:00 - 02/07/2016 23:59
Catro meses, contados dende o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
-
Solicitude normalizada segundo o Anexo IV desta resolución, acompañada da seguinte documentación:
-
Datos identificativos.
-
Denominación e NIF.
-
Domicilio social. Telefono, fax, correo electrónico.
-
Copia compulsada do DNI do representante legal, no caso de non autorizar a súa consulta, así como da documentación acreditativa da súa representación.
-
Personalidade xurídica.
-
Copia compulsada da acta constituínte.
-
Copia compulsada dos estatutos.
-
Copia compulsada do Regulamento de rexime interno, de ser o caso.
-
Inscrición no Rexistro de Asociacións dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
-
Relación de asociados, con identificación do seu carácter público ou privado. Implantación no territorio e representatividade. As entidades que soliciten a súa incorporación como asociados deberán xuntar a acreditación de que, como mínimo, levan un ano de actividade no ámbito territorial do GDR.
-
Composición actual da xunta directiva ou órgano decisorio similar. Cargos, nomes e representación que ten cada compoñente.
-
Relación de entidades ás cales se denegou a súa integración no GDR, xunto coa motivación pertinente.
-
Descrición pormenorizada do proceso de participación da comunidade local no deseño da estratexia, xunto coa constancia documental que acredite a realización dun proceso participativo real da comunidade local.
-
Declaración de non estar incursa a asociación en ningunha das circunstancias referidas nos parágrafos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
-
A anterior documentación debe permitir a análise precisa dos seguintes aspectos relativos ao GDR:
a) Requisitos e procedemento para a adquisición e perda da condición de asociado.
b) Sistema de participación:
1. Porcentaxe de participación de entidades públicas e privadas nos órganos de decisión do GDR.
2. Mecanismos de participación dos asociados.
c) Sistema de toma de decisións do GDR:
1. Composición e funcións da asemblea xeral e da xunta directiva.
2. Convocatorias, dereitos de voto. Maiorías. Delegación de facultades.
d) Funcións dos órganos do GDR.
-
Descrición (previsión) do equipo tecnico e humano adscrito á xestión da estratexia.
-
Persoal adscrito á xestión da estratexia. Organigrama. Procedemento de contratación do equipo xestor, baseado nos principios de publicidade, transparencia, libre concorrencia, capacidade, experiencia e non discriminación.
-
Medios tecnicos: local, medios informáticos.
-
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel no rexistro xeral da Agader, situado no lugar da Barcia, nº 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela (A Coruña), ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Neste caso, os GDR presentarán as estratexias en formato papel DIN-A4 e máis en formato USB.
Sexa cal sexa a forma de presentación escollida polos GDR, deberán presentar unha versión da estratexia en galego e outra en castelán.
As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou información previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se e o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
-
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes. No caso de que o último día de prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020.
Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.
Selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradas na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local.
Proxectos de investimento en actividades non agrícolas.