Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR670E
Axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería do Medio Rural
Establecer as bases reguladoras das axudas sobre a base dos custes adicionais incorridos e do lucro cesante resultante dos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, en réxime de concorrencia non competitiva, e se convocan para o ano 2025.
1. Serán entidades beneficiarias as entidades locais, as comunidades de montes veciñais en man común, as agrupacións forestais de xestión conxunta inscritas no correspondente rexistro e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
2. As entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3. As comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) para poder acceder a estas axudas deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de presentación da solicitude da axuda.
4. As agrupacións forestais de xestión conxunta deberán estar inscritas, con data límite do día en que remate o prazo de presentación da solicitude de axuda, no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta, regulado na Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta e como persoa silvicultora activa.
5. Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo deben cumprir co estipulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o rexistro de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
6. Non poderán ser persoas beneficiarias as empresas en crise ou as que teñan unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15701 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Email: montes.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Rúa Villaamil e Castro, s/n
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Email: montes.medio-rural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
Avda. de María Victoria Moreno, nº 43 - 2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Email: servizo.montes.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
18/01/2025 00:00 - 17/02/2025 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A entidade interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida ao Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde radique o terreo obxecto de compromiso, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 8.
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación coa que actúa a persoa que asina a solicitude.
b) Acreditación da dispoñibilidade dos terreos, que se adhiren aos compromisos de servizos ecosistémicos, por calquera documentación xustificativa da propiedade admisible en dereito.
En particular, as CMVMC, as organizacións inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta (incluídas as Sofor) e montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo: mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no correspondente rexistro administrativo.
c) Memoria descritiva da certificación de servizos ecosistémicos, asinada dixitalmente pola persoa solicitante ou representante, que conterá como mínimo:
• Datos da unidade de manexo: nome, localización, tenza legal, etc.
• Tipo de servizo ecosistémico: as declaracións de servizos do ecosistema poderán ser de conservación da biodiversidade, servizos das bacías hidrográficas, conservación do solo ou servizos recreativos.
• Superficie forestal que se incluirá na certificación de servizos ecosistémicos: número de hectáreas, relación de referencias Sixpac coa súa superficie.
• Importe da prima solicitada segundo os importes do artigo 5.
d) Cartografía: planos sobre mapas oficiais. A planimetría presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29 N, con referencia ao datum ETRS89 (EPSG 25829), e terá que ser achegada en soporte dixital e vectorial (segundo o establecido no anexo IV), no formato shape (arquivos, dbf, shp, shx e prj), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. Indicarase claramente o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos. Tamén se remitirán os planos en pdf.
e) Toma de razón dos compromisos e obrigas (anexo II).
f) Certificado/información da adhesión ao compromiso:
• As CMVMC: certificado do acordo que autoriza o/a presidente/a da CMVMC a presentar a solicite dos compromisos de mantemento, adoptado en asemblea xeral e asinado polo secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.
• Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo: certificado do acordo que autoriza a persoa representante da xunta xestora ou da asemblea de copropietarios do monte a presentar a solicite do compromisos de mantemento, tomado en asemblea de copropietarios ou pola xunta xestora.
• As organizacións inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta (incluídas as Sofor) presentarán o anexo III (acordo de toma de razón).
• Entidades locais: certificado do/da secretario/a da entidade local conforme se informou o órgano colexiado de representación (xunta veciñal, xunta de goberno local ou, no seu defecto, pleno, xuntas de mancomunidade...) da solicitude do compromisos de mantemento.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola entidade interesada a calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da entidade interesada. De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á entidade interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).
c) Estar ao día no pagamento de obrigas coa Seguridade Social a persoa solicitante.
d) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria a persoa solicitante.
e) Estar ao día no pagamento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia a persoa solicitante.
f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
g) Concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan á consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de Solicitude
- Acordo de toma de razón (AFXC) (Anexo III)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2025).
-
Extracto da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2025).
-
Resolución do 16 de abril de 2025 pola que se resolven as solicitudes de subvencións presentadas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España para o período 2024-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR670E) (Diario Oficial de Galicia número 11, do 17 de xaneiro de 2025) (DOG nº 82 do 30 de abril de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros.
Prazo aberto: 12/01/2026 00:00 - 20/02/2026 23:59
Recoñecemento de agrupación forestal de xestión conxunta.
Aberto todo o ano
Recoñecemento como persoa silvicultora activa.
Aberto todo o ano