Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR605D
Axudas para reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería do Medio Rural
Establecer as bases reguladoras das axudas para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, e convocar estas axudas para o ano 2026.
No marco desta orde inclúense as axudas previstas na Intervención 6883 – Investimentos forestais produtivos – recollida no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC), cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a través das seguintes subintervencións:
a) Subintervención 6883_01 – Investimentos forestais produtivos_1, destinada a financiar actuacións de reforestación produtiva con especies de frondosas (LIÑA II e LIÑA III).
b) Subintervención 6883_02 – Investimentos forestais produtivos_2, destinada a financiar actuacións de reforestación produtiva con especies de coníferas (LIÑA I).
Serán persoas beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
Avda. de María Victoria Moreno, nº 43 - 2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Email: servizo.montes.pontevedra@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Rúa Villaamil e Castro, s/n
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Email: montes.medio-rural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Email: montes.lugo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
30/01/2026 00:00 - 12/03/2026 23:59
08/04/2026 00:00 - 07/05/2026 23:59
Segundo a Orde do 26 de marzo de 2026 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2025 ábrese un novo prazo de solicitudes dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
As persoas que xa formulasen a solicitude no prazo transcorrido ata a modificación da orde poderán manter ou modificar a súa solicitude tendo en conta as novas condicións.
1. Non poderán ser persoas beneficiarias as empresas en crise ou as que teñan unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
2. As persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3. As comunidades de montes veciñais en man común (en adiante, CMVMC) para poder acceder a estas axudas deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
4. Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo deben cumprir co estipulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o rexistro de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
5. As agrupacións forestais de xestión conxunta deberán ter a inscrición no rexistro correspondente segundo o establecido na Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa. Con todo, de conformidade coa excepción prevista no artigo 4, poderán ser persoas beneficiarias aquelas que presentasen a solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes de axuda, sempre que figuren inscritas antes do pagamento da axuda.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo I) se a superficie de actuación comprende afectación segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal (Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago, afectación de ribeira de Augas de Galicia, etc.). As ditas afectacións están reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/
3. A persoa interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida ao departamento territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde radique o terreo obxecto de actuación, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 14 desta orde, xunto cos anexos que sexan necesarios.
4. Para cada liña de axuda soamente se poderá presentar unha solicitude por persoa titular, ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos e, de ser o caso, para cada liña.
5. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
6. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación xeral:
a.1) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
a.2) Acreditación da dispoñibilidade dos terreos onde se van realizar os investimentos por calquera documentación xustificativa da propiedade admisible en dereito ou, de ser o caso, copia do contrato de arrendamento ou de xestión para o caso de titulares non propietarios do terreo.
Para as CMVMC, Montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo e as agrupacións forestais de xestión conxunta (incluídas as Sofor): mediante declaración responsable da persoa representante da entidade solicitante e de acordos cos datos que consten no correspondente rexistro administrativo. No caso das AFXC que aínda non estean inscritas pero que presentasen a solicitude de inscrición dentro do prazo establecido, a acreditación realizarase con base nos datos que figuren na devandita solicitude de inscrición.
a.3) Proxecto (en formato pdf ou similar e cartografía en soporte dixital en formato vectorial) de acordo co establecido no anexo XI.
a.4) Número de expediente dixital da autorización ou declaración responsable para aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada (procedementos MR604N e MR604R). No caso de terreos conveniados coa Administración forestal, a acta de entrega da corta emitida pola devandita Administración.
a.5) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, de ser o caso.
a.6) Código do instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no rexistro correspondente, de ser o caso.
a.7) No caso de que a/as parcela/s para a/s cal/es se solicita axuda estea/n dada/s de alta no Rexistro da Propiedade, a persoa solicitante debe presentar copia da documentación acreditativa para os únicos efectos de aplicar os criterios de baremación.
a.8) O número de inscrición no Rexistro de Silvicultor/a Activo/a ou, pola contra, a solicitude de recoñecemento como silvicultor/a activo/a segundo o establecido na Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C). En todo caso, a devandita solicitude de recoñecemento deberá presentarse dentro do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta orde de axudas.
a.9) O número de inscrición no Rexistro de Agrupación Forestal de Xestión Conxunta ou, pola contra, a solicitude de inscrición no citado rexistro segundo o establecido na Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa. En todo caso, a devandita solicitude de inscrición deberá presentarse dentro do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta orde de axudas.
b) Documentación sobre acordos:
b.1) As comunidade de bens, asociacións sen ánimo de lucro e entidades sen personalidade xurídica presentarán o anexo II (acordo de toma de razón).
b.2) As organizacións inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta (incluídas as Sofor) presentarán o anexo III (toma de razón dos compromisos e obrigas establecidos na orde).
b.3) As entidades con personalidade xurídica (S.L., S.A., cooperativas, S.A.T., etc.) presentarán o anexo IV (certificación do acordo de solicitude de subvención).
c) Certificados, autorizacións e informes:
c.1) As CMVMC: certificado do acordo que autoriza o/a presidente/a da CMVMC a presentar a solicitude da axuda, tomado en asemblea xeral e asinado polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.
c.2) Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo: certificado do acordo que autoriza a persoa representante da xunta xestora ou da asemblea de copropietarios do monte a presentar a solicite da axuda, tomado en asemblea de copropietarios ou pola xunta xestora.
c.3) As AFXC: certificado emitido polo órgano de representación en que se acredite que todas as persoas integrantes da agrupación foron informadas da solicitude da axuda, así como dos compromisos e obrigas establecidos nesta orde.
c.4) Cooperativas agrarias ou Sociedades agrarias de transformación (SAT): certificado do responsable do rexistro conforme se atopa inscrita.
c.5) Autorización/informe, do órgano administrativo competente, para executar os traballos das actuacións obxecto de solicitude de axuda nos terreos con zonas con afectacións distintas da forestal, segundo a lexislación sectorial aplicable e segundo os datos do visor http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/. Na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente, documentos que deberán ser entregados durante a tramitación ou segundo o disposto no artigo 19.1.
c.6) Informe favorable do órgano administrativo competente en avaliación ambiental, no suposto de que o proxecto obxecto de solicitude de subvención estea sometido a este procedemento, segundo o disposto na Lei 21/2023, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais lexislación concordante. Na súa falta, a solicitude da correspondente autorización/informe perante o devandito órgano competente, documentos que deberán ser entregados durante a tramitación ou segundo o disposto no artigo 19.1.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).
d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).
e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).
f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se for o caso).
g) Estar ao día no pagamento de obrigas coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria.
h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria a persoa solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria.
i) Estar ao día no pagamento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia a persoa solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria.
j) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
k) Consulta de concesións ampliado.
l) Consulta de axudas do Estado.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, V e VI (se for o caso), e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Deselvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2026).
-
Orde do 26 de marzo de 2026 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026 (DOG nº 63 do 7 de abril de 2026).
-
Extracto da Orde do 26 de marzo de 2026 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026 (DOG nº 63 do 7 de abril de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano