Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

MR605A - Accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor medioambiental dos ecosistemas forestais.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos solicitude

Prazo de presentación: 09/01/2018 - 19/02/2018.

1. O prazo de presentación de solicitudes será trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. 2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 19 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Solicitude segundo o Anexo I, acompañada da seguinte documentación:
  • a) Documentación xeral:
    • a.1) No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:

A. Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna:

1º. Poder notarial.

2º. Representación legal:

– Autorización asinada.

– Copia de escrituras ou poderes onde se acredite a representación legal.

B. Mediante declaración en comparecencia persoal do interesado (poder apud acta):

Realizará o levantamento de acta un funcionario público dunha oficina de asistencia en materia de rexistros, e deixará constancia de que a partir dese momento un suxeito actuará como representante doutro, apartarase desde ese momento a persoa representada do procedemento e dirixiranse as seguintes actuacións ao representante.

  • a.2) Os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas, as CMVMC, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, proindivisos, de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, comunidades de bens, entidades locais e outras persoas xurídicas deberán presentar o proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital en formato vectorial), de acordo co establecido no artigo 8, asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, e co nomeamento do director de obra.
  • a.3) Unha copia compulsada do documento que acredite a propiedade dos terreos (só para os efectos desta orde) e, no caso de titulares non propietarios do terreo, copia compulsada do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, polo menos, ao período de compromiso da axuda.

A propiedade acreditarase do seguinte xeito:

– CMVMC, de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.

– Propietarios particulares de xeito individual: escritura pública ou privada en que se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido; contrato de xestión; contrato de xestión; inscrición rexistral dos predios; certificación catastral; fichas catastrais (nominais) e/ou xustificante do pagamento do IBI; inscrición como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia así como das fincas sobre as que se solicita a axuda.

– Agrupacións de propietarios legalmente constituídas: SAT ou cooperativas comprobación no Rexistro de SAT e no das Cooperativas de Galicia: escritura pública ou privada en que se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido; contrato de xestión; inscrición rexistral dos predios; certificación catastral; fichas catastrais (nominais) e/ou xustificante do pagamento do IBI; inscrición como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, así como dos predios sobre os cales se solicita a axuda.

  • a.4) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas a diferentes provedores, en que figurarán detalladas as actuacións que se vaian realizar (detalle de todas actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra, incluído o cartel publicitario, de ser o caso). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán exercer a súa actividade vinculada á silvicultura (Clasificación nacional de actividades económicas –CNAE– subgrupo A02: Silvicultura e explotación forestal, códigos 021 ou 024, ou obxecto social en que figure a dita vinculación; ou epígrafe do IAE), polo que xunto aos orzamentos se deberá presentar documentación xustificativa da CNAE ou do IAE ou do obxecto social de cada un dos provedores.
  • a.5) Nas zonas de monte ou terreo forestal, copia da adhesión aos modelos silvícolas, no caso de que non fose presentada con anterioridade ou non teña plan de xestión aprobado e inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia. A adhesión será da totalidade do monte, non so da superficie obxecto de axuda.
  • a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as cales se solicita a axuda e localización nos planos do Plan xeral de ordenación municipal (PXOUM) das ditas parcelas. No caso dunha afección distinta da forestal (Camiño de Santiago, patrimonio, dominio público hidráulico, etc.) farase constar tamén nesta declaración responsable.
  • b) Documentación específica:
  • b.1) Para asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo II ou acordo de cesión. A asociación ou agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo da solicitude de axuda.
  • b.2) Para proindiviso, de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidade de bens, presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo III «Acordo de compromisos e obrigas» e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.
  • b.3) No caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, documento descritivo das actuacións ou anexo V.
  • c) Documentación complementaria:
    • c.1) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.
    • c.2) No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos e anexo VI debidamente cuberto.
    • c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, etc.): copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa e anexo VI debidamente cuberto.
    • c.4) No caso de entidades locais: certificado do secretario municipal conforme foi informada a comisión de goberno da solicitude de axuda, ou documento semellante de acordo co principio de autoorganización das entidades locais.
    • c.5) No caso de propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do proindiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens que teñan parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.
  • b) Consulta do NIF da entidade solicitante.
  • c) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se é o caso).
  • d) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
  • e) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).
  • f) Estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se a presentación se realiza presencialmente, requerirase para que a persoa solicitante a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase tamén por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se a presentación desta documentación se realiza presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE OURENSE

SERVIZO DE MONTES DE OURENSE

Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense
Teléfono: 988386695 Fax: 988386697

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE MONTES DE PONTEVEDRA

R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra
Teléfono: 986805411 Fax: 986805478

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS FORESTAIS

Avda. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981546112 / 981546128 Fax: 981546101
Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DA CORUÑA

SERVIZO DE MONTES DE CORUÑA

R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A
Teléfono: 981184575 Fax: 981184672

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE LUGO

SERVIZO DE MONTES DE LUGO

Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Teléfono: 982294531 Fax: 982294874

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MR605A), a través de dúas liñas de axuda.

2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.

b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

3. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c), 21.1.d), 24 e 25 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE do 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015.

Ámbito de aplicación.

1. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:

a) Dos bosques ou doutras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

e) Das superficies que figuren nas zonas densamente poboadas dos 7 municipios correspondentes coas maiores cidades de Galicia, segundo o establecido no PDR de Galicia 2014-2020, así como naquelas parroquias que, estando en concellos non considerados como urbanos, si teñen parroquias que teñen esas característica (https://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/rural-urbano/MapaParroquiasGrao2016.htm).

f) Dos terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

g) Dos hábitats definidos como prioritarios pola Directiva 92/43/CEE.

2. No caso de montes propiedade do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado ou un concello.

3. Tamén serán elixibles as actuacións en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia ou en montes que teñan solicitado o cambio de consorcio a convenio, en que non estea prevista ningunha actuación con cargo ao convenio, e o proxecto de ordenación o permita, logo de informe favorable do Servizo Provincial de Montes correspondente.

Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas dentro da superficie consorciada salvo se fose solicitada a rescisión do consorcio antes da publicación desta orde.

Beneficiarios:

1. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores; non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán beneficiarios as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

Obrigas.

1. O beneficiario da axuda e o solicitante están obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida polos órganos de control da Consellería do Medio Rural, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Tribunal de Contas e Consello de Contas, e polas instancias de control comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ou un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión.

3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á Consellería de Cultura e Turismo, de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago seranlle comunicadas polo solicitante á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxecto de contar coa súa autorización previa, de conformidade coa Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago.

5. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á autoridade de xestión do PDR para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.

Requisitos:

- Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Para poder acceder a estas subvencións as CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda. Así mesmo, deberán ter presentados as comunicacións dos ingresos e reinvestimentos do ano 2016, de acordo co establecido no capítulo III do Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal.

- As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorra nelas, polo menos, unha das seguintes circunstancias:

a) Se se trata dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Se se trata dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

EUROPEA

Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

AUTONÓMICA

Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2018).

Anexos asociados

Aberto o prazo de presentación! (09/01/2018 - 19/02/2018)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional