Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR558A
Subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
A concesión directa das subvencións destinadas a compensar os prexuízos económicos provocados nas explotacións galegas de gando vacún pola enfermidade hemorráxica epizoótica.
1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas, ou as entidades sen personalidade xurídica, titulares de explotacións de gando bovino inscritas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, calquera que sexa a súa clasificación conforme o Real decreto 1053/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen normas básicas de ordenación das granxas bovinas, a excepción das explotacións do tipo centros de concentración e as explotacións ou centros de corentena. As explotacións beneficiarias deberán estar en estado de alta no rexistro e manter animais localizados nelas, na data desta resolución.
2. Poderán percibir estas axudas:
a) As persoas titulares de explotacións localizadas en Galicia e que declarasen, conforme o Real decreto 779/2023, do 10 de outubro, polo que se establece a comunicación de enfermidades dos animais de declaración obrigatoria e se regula a súa notificación, casos de EHE desde o 6.12.2024 ata o 10.4.2025, e nos cales, ou ben os resultados laboratoriais confirmaron a enfermidade, ou ben os servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural determinaron a existencia dela.
b) Tamén poderán percibir estas axudas as persoas titulares de explotacións galegas que declarasen casos de EHE o 5.12.2024 ou anteriormente a esa data, e nas cales se producisen mortes que se considerasen ocasionadas pola enfermidade con posterioridade ao 5.12.2024, ou nas que se obtivesen os resultados laboratoriais positivos ou fosen consideradas afectadas despois desa data.
Unicamente se terán en conta aquelas declaracións da existencia da enfermidade que se producisen inmediatamente tras detectarse esta.
3. Para identificar estas explotacións utilizarase o rexistro elaborado pola Subdirección Xeral de Gandaría, que contén todos os casos declarados da enfermidade.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Sanidade Animal
Edificio Administrativo de San Caetano, Núm. 4, 2º andar, Santiago de Compostela, A Coruña
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544793
Email: sanidadeanimal.mrural@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Edificio administrativo núm. 4 de San Caetano, 2º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544788
Email: mediorural.sxganderia@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
12/11/2025 00:00 - 25/11/2025 23:59
1. As persoas incluídas na mencionada relación provisional disporán dun prazo de 10 días hábiles para aceptar a axuda, excluíndose do cómputo os sábados, os domingos e os días declarados festivos, e que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. A non aceptación da axuda no prazo indicado suporá a renuncia a ela.
As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos, para teren dereito ás axudas:
1. Os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non ter a consideración de empresa en crise, segundo a definición recollida na Comunicación da Comisión-directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise.
3. Cumprir os requisitos para ter a consideración de peme, recollidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.
4. Non estar suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
5. Non ter sido sancionada en firme en vía administrativa en materia de sanidade, identificación, benestar animal, hixiene ou seguridade alimentaria, nos últimos 12 meses anteriores á data desta resolución, salvo que se tratase dunha infracción leve en que estivese corrixida a causa da sanción e non xerase beneficio para a persoa interesada.
Forma e lugar de presentación da aceptación
1. As persoas beneficiarias incluídas na listaxe provisional sinalada para poder percibir a axuda deberán presentar a aceptación da axuda, empregando o formulario que se recolle como anexo I nesta resolución (procedemento MR558A), e no que se indicará o número de conta bancaria (código IBAN) para o pagamento da axuda.
No caso de persoas titulares de varias explotacións afectadas (varios códigos Rega), deberán presentar unha aceptación independente para cada unha das explotacións.
2. Forma parte do formulario de aceptación da axuda (anexo I desta resolución) a declaración doutras axudas concedidas ou solicitadas para este mesmo fin, así como a declaración do cumprimento dos requisitos establecidos no punto cuarto.
3. Este formulario de aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I, procedemento MR558A) na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa aceptación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da aceptación aquela en que fose realizada a emenda.
5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar co formulario de aceptación da axuda o documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito, e copia dos documentos de constitución da entidade e dos seus estatutos, se é o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
3. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario de aceptación, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da aceptación e o número de expediente, se se dispón del.
Trámites administrativos posteriores á presentación da aceptación da axuda
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación do formulario de aceptación da axuda deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar estas axudas consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa comunicante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade comunicante.
d) NIF da entidade representante.
e) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
f) Concesións de subvencións e axudas.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.
i) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para a solicitude de axudas e subvencións.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente (anexo I desta resolución) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 3 de novembro de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 2025).
-
Extracto da Resolución do 3 de novembro de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 2025).
-
Corrección de erros. Extracto da Resolución do 3 de novembro de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (DOG nº 221 do 14 de novembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector usuarios profesionais.
Aberto todo o ano