Guía de procedementos e servizos

MR514A

Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Establece o procedemento de tramitación do recoñecemento das agrupacións de defensa sanitaria destinadas á elevación do nivel sanitario zootécnico das explotacións e a execución de programas de profilaxe, loita contra ás enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas, co fin de mellora-lo nivel sanitario e polo tanto a rendabilidade.

Entidades asociativas agrarias.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544777

Fax: 981545735

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude segundo o Anexo VII.

  • Certificado do secretario da entidade de nomeamento de representante.

  • Ficheiro informatizado no que se inclúen os datos dos socios e das explotacións que se integran.

  • Documentos asinados por cada un dos titulares da explotación que se integra nos que se manifesta a súa adhesión á ADSG.

  • Memoria acreditativa do especial interese social, económico e de protección sanitaria do gando que xustifique a ampliación do ámbito territorial solicitado.

  • Conprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia (DOG nº 88 do 8 de maio de 2001).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).

    • Orde do 6 de marzo de 2007, pola que se establecen os procedementos relativos ao recoñecemento, mantemento e extinción das Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSGs) e ao recoñecemento dos veterinarios/as responsábeis (DOG nº 51 do 13 de marzo de 2007)

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 842/2011, do 17 de xuño, polo que se establece a normativa básica das agrupacións de defensa sanitaria gandeira e se crea e regula o Rexistro nacional destas (BOE nº 168, do 14 de xullo de 2011).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano