Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR508C - Autorización e rexistro de establecementos distribuidores e dispensadores de medicamentos veterinarios e establecementos elaboradores de autovacinas de uso veterinario.
Obxecto
Créase o rexistro de establecementos distribuidores e dispensadores de medicamentos veterinarios e establecementos elaboradores de autovacinas de uso veterinario, rexistro público de carácter administrativo adscrito á consellería competente en materia de gandaría e xestionado pola dirección xeral competente na materia, no cal se inscribirán os almacéns de distribución por xunto, os establecementos de venda polo miúdo, as entidades ou agrupacións gandeiras autorizadas para a venda polo miúdo, así como os establecementos elaboradores de autovacinas que se atopen domiciliados e realicen as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén se inscribirán no rexistro os actos administrativos que afecten a vixencia, modificación, suspensión ou revogación das autorizacións correspondentes.
A quen vai dirixido?
Os almacéns de distribución por xunto, os establecementos de venda polo miúdo, as entidades ou agrupacións gandeiras autorizadas para a venda polo miúdo, así como os establecementos elaboradores de autovacinas que se atopen domiciliados e realicen as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os establecementos sinalados no artigo 8, que veñan exercendo a súa actividade antes da entrada en vigor deste decreto serán incluídos de oficio no rexistro regulado no punto 1 do citado artigo pola consellería competente en materia de gandaría.
Requisitos
Para a súa inscrición no dito rexistro, os establecementos a que fai referencia o artigo anterior precisarán dunha autorización administrativa previa da consellería competente en materia de gandaría. Para tal fin os operadores presentarán unha solicitude dirixida á persoa titular da dirección xeral competente en materia de gandaría, conforme o modelo do anexo III deste decreto, en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben por medios electrónicos no enderezo http://mediorural.xunta.es
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
PRAZA LUIS SEOANE S/N
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184685
Fax: 981182115
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294509
Fax: 982294808
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
R/BENITO CORBAL, 47,4º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805440
Fax: 986805485
Órgano responsable
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Normativa
Ámbito Autonómico
Decreto 63/2012, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as condicións de comercialización e uso dos medicamentos veterinarios na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 27 do 8 de febreiro de 2012).
Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Ámbito Estatal
Real Decreto 109/1995, de 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios (BOE nº 53 de 3 de marzo de 1995).
Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios (BOE nº 178 do 27 de xullo de 2006).
Prazo
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Dende o 2 de marzo de 2012.
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o Anexo III.
- Memoria da actividade.
- Memoria explicativa das infraestruturas e medios cos que conta o establecemento (planos de situación e planos do establecemento indicando a súa distribución, e os medios frigoríficos e dispositivos de control da temperatura cos que conta. no caso de entidades elaboradoras de autovacinas, especificaranse os tipos de axentes en función do risco de infección de acordo coa normativa vixente en materia de protección contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo).
- Nomeamento da persoa técnica farmacéutica ou directora técnica farmacéutica responsable e documentación xustificativa da presentación dos servizos.
- Certificado de colexiación da persoa técnica farmacéutica ou directora técnica farmacéutica responsable.
- Copia do programa zoosanitario ( só entidades/agrupacións gandeiras).
- Acreditación da xestión dos residuos sanitarios (no caso de entidades elaboradoras de autovacinas).
- Copia do modelo de rexistro (entradas e saídas de medicamentos).
- Anexo III-bis para a comprobación do NIF da empresa.
- Xustificante do pagamento da taxa (exemplar para a administración).
- Comprobación de datos .
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- NIF da entidade solicitante.
- NIF da entidade representante.
- Imposto de Actividades Económicas (IAE).
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: O prazo para resolver estas solicitudes será de noventa días contados desde que se reciba a solicitu
Sentido do silencio: Positivo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"