Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR465C
Cultivo de pataca referencia SIXPAC das parcelas cultivadas.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Declaración de cultivo de pataca para os efectos da Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas físicas e xurídicas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Sanidade e Produción Vexetal
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997443
Email: sanidade.vexetal.agri@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 22 de xullo de 2021 e permanecerá aberto indefinidamente.
A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas físicas que sexan traballadoras autónomas, e as persoas representantes dunha das anteriores.
Forma de presentación da declaración de cultivo de pataca en zonas tampón.
A presentación da declaración de cultivo de pataca en zonas tampón realizarase preferentemente a través de medios electrónicos a través do formulario normalizado MR465C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As persoas interesadas deberán cumprir o establecido nos artigos 14, 16 e 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e así mesmo ao abeiro do artigo 10.1.a) e c) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas traballadoras autónomas (persoas físicas) e as persoas que as representen, para os trámites e as actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional, estarán obrigados a relacionarse a través dos medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo no ámbito do sector público autonómico:
As comunicacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación dos formularios será establecido por resolución do Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica (persoas físicas que non sexan traballadoras autónomas), opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Consulta do DNI/NIE da persoa declarante
b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se fose o caso)
c) Consulta do NIF da entidade declarante para as persoas xurídicas
d) Consulta do NIF da entidade representante para as persoas xurídicas (se fose o caso)
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da declaración.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 8 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas no Real decreto 197/2017 polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny (DOG nº 49 do 10 de marzo de 2017).
-
Orde do 6 de xullo de 2021 pola que se establecen os modelos normalizados de declaración de existencia de pataca en almacén e declaración de cultivo de pataca ao abeiro da Resolución do 8 de marzo de 2017, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e o control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 138 do 21 de xullo de 2021).
-
Resolución do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia Solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 236 do 10 de decembro de 2022).
-
Corrección de erros. Resolución do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia Solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 1 do 3 de xaneiro de 2022).
-
Resolución do 28 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia Solanivora Povolny, ou couza guatemalteca da pataca, na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 5 do 9 de xaneiro de 2023).
-
Resolución do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se actualizan as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena tecia solanivora povolny, ou couza guatemalteca da pataca, na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 41 do 27 de febreiro de 2024).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 43/2002, de 20 de novembro, de sanidade vexetal (BOE nº 279 do 21 de novembro de 2002).
-
Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny) (BOE nº 54 de 4 de marzo de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano