Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR462C
Subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou de xestión forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014 - 2020. Liña 4.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das subvencións dirixidas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
Así mesmo, procédese a realizar a convocatoria de subvencións correspondente ao ano 2018.
Establécese a seguinte liña de subvención:
- Liña 4. Para documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, a través da submedida 8.60.
A través da liña 4 (procedemento MR462C), poderán recibir subvencións para comunicar, conforme o establecido no artigo 9 do Decreto 52/2014, documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos:
a) As asociacións forestais formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia de Galicia.
b) Os grupos de certificación de xestión forestal formalmente constituídos, que teñan a consideración de peme, microempresa ou pequena ou mediana empresa tal e como se define na Recomendación 2003/361/CE da Comisión.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Servizo de Propiedade Forestal
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546129
Prazo de presentación: PECHADO
25/01/2018 00:00 - 26/03/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de subvencións desta convocatoria será de 2 meses, que comezará o día seguinte ao da publicación desta orde.
Requisitos comúns a todos os beneficiarios.
1. Os beneficiarios non estarán incursos en ningunha das prohibicións sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, nin en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
2. Non se admitirán a trámite solicitudes que inclúan terreos situados dentro das zonas consideradas densamente poboadas. Estas zonas son as recollidas no anexo XII.
3. Non se admitirán solicitudes que inclúan:
a) Zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución sen acordo firme de reestruturación parcelaria e toma de posesión definitiva.
b) Terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.
4. En aplicación do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) 702/2014, non poderán ser beneficiarias as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
5. En aplicación do artigo 1.6 do Regulamento (UE) 702/2014, non poderán ser beneficiarias as empresas en crise.
Requisitos dos beneficiarios da liña 4.
1. Poderán solicitar as subvencións da liña 4:
a) As asociacións de persoas propietarias forestais e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia de Galicia.
b) Os grupos de certificación de xestión forestal, que teñan a consideración de peme, microempresa ou pequena ou mediana empresa tal e como se define na Recomendación 2003/361/CE da Comisión.
2. As entidades solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar formalmente constituídas e inscritas no rexistro correspondente.
b) Ter un mínimo de 100 socios que sexan persoas propietarias ou titulares de dereitos forestais sobre terreos forestais dentro da Comunidade autónoma de Galicia.
c) Ter entre os seus fins sociais lograr unha xestión forestal sustentable dos terreos que pertenzan aos seus asociados.
d) Cando a beneficiaria sexa unha empresa forestal, deberá estar inscrita no Rexistro de empresas do sector forestal de Galicia.
3. Non se admitirán a trámite solicitudes para comunicar documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de menos de 100 socios.
Documentación que hai que presentar coas solicitudes da liña 4.
Documentos de identificación:
a) As persoas físicas que actúen como representantes, acreditación da representación.
Para as solicitudes efectuadas por asociacións forestais ou grupos de certificación de xestión forestal:
a) Documentos que acrediten que os socios titulares dos terreos forestais para os que se pretenden realizar as comunicacións delegasen na asociación ou grupo capacidade suficiente para presentar unha comunicación no seu nome, ou documentación equivalente suficiente.
Presentarase o anexo II.2 coa relación de todas as persoas socias titulares e os anexos II.1 de cada un dos titulares para os que se vaian realizar as adhesións.
b) Acreditación da condición de asociación de persoas propietarias forestais:
1º. Nome completo e número de inscrición no rexistro correspondente.
2º. Acreditación de ter entre os seus fins sociais lograr unha xestión forestal sustentable dos terreos que pertenzan aos seus asociados.
c) Acreditación da condición de grupo de certificación de xestión forestal:
1º. Certificación de xestión forestal en vigor.
2º. Obxectivos para os que se creou o grupo.
d) Para os efectos do artigo 4.5, cando se trate de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.
No caso de que corresponda, acreditación de que o terreo forestal conta con xestión forestal sustentable.
Declaracións incluídas na solicitude:
a) Declaración de que os terreos obxecto de ordenación non se atopan en zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución sen acordo firme de reestruturación parcelaria e toma de posesión definitiva.
b) Declaración de que os terreos non están afectados por un proceso iniciado de expropiación forzosa.
c) Declaración de que os terreos cumpren o requisito establecido no artigo 7.3.
d) Declaración das circuntancias baremables recollidas no artigo 21.5.
e) Declaración da porcentaxe de superficie con fracción de cuberta arborizada superior ao 20 % sobre a superficie do monte. De non indicarse, entenderase que a porcentaxe é cero.
f) Para os efectos do artigo 4.5, cando se trate de empresas, unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Os documentos de identificación das persoas solicitantes, titulares de terreos forestais (incluíndo persoas propietarias, cesionarias, socias, membros de agrupacións, etc.), no seu caso titores de menores, persoas que acepten a responsabilidade da xestión, persoas que asumen os compromisos establecidos na orde, persoal técnico competente en materia forestal, persoas provedoras e persoas beneficiarias (DNI ou NIE no caso de persoas físicas e NIF no caso de persoas xurídicas, segundo corresponda), persoas cesionarias e persoas representantes (DNI ou NIE).
b) As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación á circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Para aqueles montes que dispoñan dun instrumento de ordenación ou xestión forestal en vigor inscrito no Rexistro de montes ordenados, acreditación de que o instrumento se atopa no seu último ano de vixencia.
b) Para montes de xestión pública, acreditación de que conta con xestión forestal sustentable.
c) Se os terreos se atopan declarados previamente como de medio ou alto risco de incendios conforme o establecido na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario e achegar os documentos correspondentes.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
5. En aplicación do artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013, os beneficiarios comprométense a proporcionar á autoridade de xestión, aos evaluadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular, en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos relacionados no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, solicitaráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para comparalo coa copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a enmiende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo a Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de presentación de documentación en solicitudes preseleccionadas
- Declaración de non vinculación de provedores (Anexo VI)
- Declaración de titularidade (Anexo VII)
- Presentación da documentación que se relaciona no Anexo XIII (Anexo XIV)
- Nomeamento de persoal técnico con técnico competente en materia forestal (Anexo V)
- Fase de xustificación e pagamento
- Comunicación de cesión de dereitos de cobro (Anexo IX.2)
- Solicitude de pago (Anexo IX.1)
- Fase de pagamento anticipado
- Solicitude de pago anticipado (Anexo VIII)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (DOG nº 202 do 20 de outubro de 1989).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
-
Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014).
-
Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2018).
-
Extracto da Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2018).
-
Corrección de erros. Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2018)
-
Orde do 19 de setembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 182 do 24 de setembro de 2018).
-
Anuncio do 25 de setembro de 2018, da Subdirección Xeral de Recursos Forestais, polo que se publica a relación de persoas solicitantes para as cales se propón provisionalmente a concesión dunha subvención ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro), e polo que se efectúa o requirimento previsto no seu artigo 24.8. (DOG nº 187 do 1 de outubro de 2018)
-
Orde do 26 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 207 do 30 de outubro de 2018).
-
Orde do 15 de novembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 220 do 19 de novembro de 2018).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (BOE nº 171 do 18 de xullo de 2007).
-
Lei 43/2003, de 21 de novembro, de Montes (BOE nº 280 de 22 de novembro de 2003).
-
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).
-
Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, de 11 de decembro de 2013).
-
Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento de produtores de produción integrada (APRIA).
Aberto todo o ano
Rexistro de Operadores de Produción Integrada.
Aberto todo o ano
Autorización de entidades de certificación.
Aberto todo o ano
Autorización para o emprego da identificación de garantía da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano