Guía de procedementos e servizos

MR446B

Axuda para a destilación voluntaria de crise.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo aberto: 08/11/2025 08:00 - 09/12/2025 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Conceder axudas para a destilación voluntaria de viño amparado pola Denominación de Orixe Ribeiro e pola  Denominación de Orixe Monterrei en casos de crise.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas vitivinícolas elaboradoras que no momento da solicitude cumpran todos os seguintes requisitos:

a) Ser elaboradoras de viño tinto amparado nas DO Ribeiro e DO Monterrei.

b) Que asuman as obrigas establecidas nos artigos 4 e 5 desta orde.

c) Que compren ou comprasen uva amparada polas DO Ribeiro e DO Monterrei a persoas viticultoras na campaña vitivinícola 2025/2026 e;

d) Cumpran, ademais, algún destes requisitos:

1º. Ter comprado uva de variedade tinta amparada polas DO Ribeiro e DO Monterrei na campaña vitícola 2024/2025 a persoas viticultoras.

2º. Ter utilizado uvas de variedade tinta amparada polas DO Ribeiro e DO Monterrei dos seus propios viñedos na campaña vitícola 2024/2025, actuando como persoas viticultoras.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

Rúa dos Irmandiños, s/n

15771  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546264

Email: simfogga.mrural@xunta.gal

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

08/11/2025 08:00 - 09/12/2025 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes que empezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde e establécese como hora de inicio do prazo de presentación ás 8.00 horas. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Para os efectos da presentación da solicitude, as persoas interesadas poderán actuar por medio de representantes.

3.Unicamente será posible presentar unha solicitude por persoa solicitante. En caso de presentar varias solicitudes, só será válida a última.

Contido da solicitude.

A solicitude (anexo I) contén as seguintes declaracións das persoas solicitantes:

a) Declaración responsable de que non recibe ningunha outra axuda económica para o mesmo produto e finalidade.

b) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Declaración responsable de non acharse en situación de crise, de acordo coa definición das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise.

d) Declaración responsable da veracidade da información consignada e dos documentos presentados exixidos nesta axuda, asegurando ser copia fiel do orixinal, que deberá estar en poder do beneficiario.

e) Compromiso de permanencia na actividade de produción vinícola durante os 5 anos seguintes á concesión da axuda.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar a solicitude (anexo I) debidamente cuberta, onde se fagan constar os datos solicitados. Ademais, xunto con esta solicitude deberá presentar:

a) Acordo asinado cunha destilaría autorizada para recibir o volume de viño para o que se solicita a axuda á destilación co compromiso de ser destilado dentro do prazo establecido e destinar o alcohol obtido a uso industrial ou enerxético. Neste acordo constará o compromiso da empresa destiladora respecto á obriga de presentar á persoa beneficiaria o certificado cos datos da destilación e as declaracións de traballo (modelo 520) do Regulamento dos impostos especiais, resumo das entradas de viño e do alcohol obtido, segundo consta no artigo 20 desta orde.

b) Certificado do Consello Regulador das DO Ribeiro e DO Monterrei co dato de elaboración da última vendima (campaña vitivinícola 2024/2025).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente coa solicitude.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa solicitante.

c) NIF da entidade representante ou o DNI/NIE da persoa representante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

e) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións obtida da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

h) Consulta de que cada persoa solicitante non fose sancionada pola comisión dunha infracción grave ou moi grave firme en vía administrativa ou xudicial no referente á Lei 12/2013, do 2 de agosto, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria, nos dous últimos anos.

i) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 5 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á destilación voluntaria de viño en época de crise e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 216 do 07 de novembro de 2025).

    • Extracto da Orde do 5 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á destilación voluntaria de viño en época de crise e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 216 do 07 de novembro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR348A

Declaración responsable para a prestación de servizos como entidade identificadora.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR360C

Declaración para a realización de determinadas prácticas enolóxicas R(CE) 606/2009.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR360I

Alta/baixa no Rexistro de Primeiros Compradores do sector lácteo

Tramitar en liña

Aberto todo o ano