Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR440D - Axuda para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e realizar a convocatoria para o ano 2022.
Tipos de accións e duración dos programas
1. As medidas de información e promoción dos viños en terceiros países mencionadas no artigo 45 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 poderán incluír calquera das accións e actividades relacionadas no anexo III desta orde.
2. As ditas accións deberanse levar a cabo no marco dun programa de información e de promoción, entendendo como tal o conxunto de accións de promoción coherentes que se desenvolven nun ou en varios terceiros países, cuxo alcance sexa suficiente para contribuír a aumentar a información sobre os produtos en cuestión, así como a súa comercialización.
3. Para cada período de programación, os programas poderán ter unha duración máxima de tres anos para un determinado beneficiario nun terceiro país ou mercado dun terceiro país. Non obstante, se para os efectos do programa o xustifican, poderase prorrogar unha vez por un máximo de dous anos, ou dúas veces por un máximo de un ano cada prórroga, logo de solicitude, de acordo co previsto no artigo 9.
Para estes efectos, considerarase como mercado dun terceiro país o referido ao tipo de mercado obxectivo e/ou ao ámbito xeográfico onde se desenvolven os programas. Por tipo de mercado obxectivo entenderanse as actividades e o público obxectivo a que se dirixen. Os ámbitos xeográficos serán os definidos no anexo III do Real decreto 1363/2018 para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español, modificado polo Real decreto 608/2019.
Para os efectos de contabilizar a duración máxima da axuda, teranse en conta os programas executados desde o exercicio Feaga 2018, incluído, salvo o programa en execución que se terá en conta o aprobado e/ou modificado na data da presentación das novas solicitudes.
1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas nas cales máis do 50 % da súa facturación proveña dos produtos indicados no anexo IV de acordo co seu último exercicio fiscal cerrado ou cuxa produción supere os 500 hl deses produtos, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado.
b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, definidas de acordo aos artigos 152 e 156 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
c) Organizacións interprofesionais definidas e recoñecidas no ámbito nacional de acordo cos artigos 157 e 158 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro, e recoñecidas por España segundo o disposto na Lei 38/1994, do 30 de decembro, reguladora das organizacións interprofesionais agroalimentarias.
d) Organizacións profesionais: entenderase como organizacións profesionais aquelas que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño, e que estean recoñecidas no ámbito nacional de acordo coa normativa vixente, e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.
e) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.
f) As asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño. Entenderanse como tales as agrupacións de viticultores e/ou produtores, persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou actividades para os que se agruparon. Actuarán de conformidade co artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
g) Cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.
h) As entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.
No caso das asociacións temporais ou permanentes de produtores, designarase un representante da agrupación, que deberá ter poderes suficientes para poder cumprir as obrigas que corresponden á citada agrupación como beneficiaria das axudas, tal e como establece o artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro. Todos os membros da agrupación obterán a condición de beneficiarios, e manteranse na agrupación desde o momento de presentación da solicitude, ata o cesamento das obrigas de control financeiro establecidas pola Lei 38/2003, do 17 de novembro.
Os beneficiarios deberán demostrar, en función do persoal de que dispoñen e, de ser o caso, do tamaño da empresa e a súa experiencia profesional nos últimos anos, que teñen acceso á suficiente capacidade técnica para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e que contan cos recursos financeiros e de persoal suficientes para asegurar que a medida se aplica o máis eficazmente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos para asegurar a resposta a longo prazo fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada unha vez concluída.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias
Servizo de Industrialización e Comercialización
Avenida do Camiño Francés, 10
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540168/ 981540027
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Orde do 29 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 240 do 16 de decembro de 2021).
Extracto da Orde do 29 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 240 do 16 de decembro de 2021).
Resolución do 7 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
17/12/2021 00:00 - 14/01/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de axuda para esta convocatoria comeza o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o día 14 de xaneiro de 2022.
As solicitudes de axuda presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Esta presentación por medios electrónicos será tamén obrigatoria para as persoas físicas e, en particular, para os empresarios autónomos, xa que así figura indicado no punto 1 do artigo 8 do Real decreto 1363/2018, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español modificado polo Real decreto 608/2019, así como no artigo 10.1.a) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requiririda para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e contrasinal Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo I desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:
– Memoria, que deberá conter, polo menos, a información prevista no anexo II desta orde.
– Copia do poder ou acordo do órgano competente, se é o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes, na data da solicitude.
– Copia das escrituras e dos estatutos ou do regulamento da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.
– Copia do imposto de sociedades ou documentación equivalente (no caso de persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.
– Catálogo ou relación descritiva da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción presentado. No caso de viños amparados por unha denominación de orixe, IXP ou ecolóxicos, debe xuntarse, ademais, un certificado do Consello Regulador que indique o viño dispoñible.
– Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo X debidamente cuberto, acompañado de todas as ofertas solicitadas.
– De ser o caso, certificación ambiental segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) nº 1221/2009), a Norma ISO 14.001, e/ou o certificado Wineries for Climate Protection.
– No caso de prórroga dun programa, de acordo co punto 3 do artigo 2, os interesados deberán presentar un informe de resultados dos dous primeiros anos de execución para a súa avaliación. O referido informe conterá, polo menos, información relativa, aos efectos, no mercado de destino do programa desenvolto, ademais de detallar as razóns para solicitar a prórroga.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. As accións e programas presentados deberán conter, polo menos, a información prevista no anexo II, memoria, e:
– Cumprir o disposto nesta orde.
– Respectar a normativa da Unión Europea relativa aos produtos considerados e a súa comercialización.
– Incluír co suficiente grao de detalle todos os requisitos necesarios para que se poida avaliar a súa conformidade coa normativa aplicable e a súa relación calidade/prezo.
– Especificar os medios propios e/ou externos con que se contará para desenvolver as accións previstas.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda) de acordo co establecido nos artigos 11 e 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Os beneficiarios que teñan a intención de acompañar certificados dos estados financeiros coas súas solicitudes de pagamento deberán notificalo á autoridade competente no momento da presentación da súa solicitude de axuda. Os ditos estados financeiros poderán consistir nas contas anuais do beneficiario, en función das obrigas contables correspondentes a este, segundo a súa personalidade física ou xurídica, ou noutro tipo de documentos.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento acreditativo da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando o solicitante sexa unha persoa xurídica e no DNI/NIE no caso de persoa física.
b) Declaración do IRPF dos últimos dous anos.
c) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
e) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Comunidade autónoma de Galicia (Consellería de Facenda).
f) Comprobación de que o solicitante ten o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Comprobación de que o solicitante non ten concedidas outras axudas incompatibles.
h) Comprobación de que o solicitante non está inhabilitado para obter axudas públicas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"