Guía de procedementos e servizos

MR406F

Transformación integral e modernización de invernadoiros.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 03/05/2022 00:00 - 04/07/2022 23:59

Consellería do Medio Rural

Mellorar a competitividade e sustentabilidade dos produtores de cultivo baixo invernadoiro nos sectores de hortalizas, flor cortada e planta ornamental, favorecendo así unha adecuada transición ecolóxica mediante a transformación integral e modernización de invernadoiros.

As empresas e as persoas traballadoras autónomas.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182579

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294459

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense

R/ Florentino López Cuevillas, 4-6 Baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386687

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805446

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

03/05/2022 00:00 - 04/07/2022 23:59

Dous meses e contarase a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Requisitos que deben reunir as empresas ou as persoas traballadoras autónomas solicitantes:

1. Poderán ser beneficiarios desta subvención as persoas beneficiarias últimas que se enumeran a continuación:

a) Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada, produtoras de hortalizas ou flor cortada ou planta ornamental baixo invernadoiro, que sexan titulares dunha explotación agrícola.

b) Cando se trate de investimentos colectivos, persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada, ou sen personalidade propia de acordo cos termos previstos no artigo 67.2 da Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, que integren un mínimo de cinco titulares de explotación e calquera organización de produtores de froitas e hortalizas, cooperativa ou sociedade agraria de transformación recoñecida pola autoridade competente cuxos membros son titulares dunha explotación agraria de produción de hortalizas ou flor cortada ou planta ornamental baixo invernadoiro.

2. Non poderán ser beneficiarios últimos destas axudas os titulares de explotacións que desexen levar a cabo a construción dun invernadoiro ex novo, aínda que se poderá destruír un invernadoiro situado nunha localización e levantar un novo noutra localización, pero sempre dentro da mesma explotación.

3. As entidades beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigacións en materia de emprego, sen prexuízo das eventuais limitacións respecto diso relacionadas co réxime de normativa de axudas de Estado que sexa de aplicación:

i. Ter o seu domicilio fiscal e o seu principal centro operativo en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto de subvención.

ii. Prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España.

iii. Contribuír á creación e mantemento en España de todo o emprego necesario para a prestación da actividade obxecto da subvención, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

Solicitude segundo o Anexo VI.

Memoria da actuación

Documentación acreditativa da súa válida constitución e do poder de representación das persoas representantes

Documentación acreditativa da participación da persoa traballadora autónoma societaria en máis dun 25% da entidade

Orzamentos dos investimentos.

De ser PEME contabilidade do último exercicio contable pechado e da anualidade 2019. De ser empresa intermedia contabilidade dos dous últimos exercicios contables pechados e da anualidade 2019.

Acreditación da representación da persoa representante (se fose o caso).

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións publicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegarr unha copia dos documentos:

DNI/NIE da persoa solicitante.

DNI/NIE da persoa representante.

Vida laboral.

Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

Constitución, estatutos e administradores, no caso de solicitantes inscritos no Rexistro Mercantil.

Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

Concesión de subvenciones e axudas.

Concesións pola regra de minimis.

Vida laboral da empresa.

Título oficial non universitario da persoa solicitante.

Título oficial universitario da persoa solicitante.

Consentimento para a comprobación de datos:

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións publicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente:

NIF da entidade solicitante.

NIF da entidade representante.

Domicilio fiscal.

Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

Certificado de renda.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 84 do 2 de maio de 2022).

    • Extracto da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 84 do 2 de maio de 2022).

    • Orde do 14 de decembro de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. (DOG nº 241 do 21 de decembro de 2022).

    • Resolución do 7 de febreiro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de axuda presentadas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o procedemento MR406F (DOG nº 35 do 20 de febreiro de 2023).

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR348A

Declaración responsable para a prestación de servizos como entidade identificadora.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR360C

Declaración para a realización de determinadas prácticas enolóxicas R(CE) 606/2009.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR400A

Cumprimento das condicións como persoa artesá alimentaria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano