Guía de procedementos e servizos

MR364A

Recoñecemento do dereito ás adegas de préstamos de campaña.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 21/11/2020 00:00 - 30/12/2020 23:59

Consellería do Medio Rural

A presente orde ten por obxecto regular o procedemento para o recoñecemento do dereito á subscrición de préstamos de campaña a adegas de elaboración de viño na campaña 2020, garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Terán a consideración de destinatarias finais dun préstamo as pemes agroalimentarias que sexan titulares de adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas, e que logo de informe favorable de solvencia crediticia da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria, en diante SAECA, obteñan o recoñecemento do dereito ao dito préstamo por parte da Consellería de Medio Rural e o formalicen.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184530

Email: ica.mediorural.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294517

Email: ica.mediorural.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Ourense

R/ Florentino L. Cuevillas, 4-6 baixo

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386547

Email: calidadeou.agri@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805460

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Prazo de presentación: PECHADO

21/11/2020 00:00 - 30/12/2020 23:59

Segundo a Orde do 16 de decembro de 2020 (DOG nº 254 do 18 de decembro de 2020), amplíase ata o día 30 de decembro de 2020 (incluído) o prazo de presentación das solicitudes.

1. As empresas solicitantes deben ser microempresas, pequenas ou medianas empresas (pemes), tal como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión (DO L 124, do 20.5.2003).

2. O solicitante debe ser titular dunha adega de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e/ou indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas, inscrita no Rexistro de Industrias Agrarias de Galicia e na denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida correspondente.

3. Os solicitantes que adquiran uva a terceiros cuxa compra financien co préstamo para o cal solicitan recoñecemento a través desta orde deberán dispor de contratos escritos para a adquisición da uva indicada, que en todo caso deben reunir os requisitos establecidos na Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria modificada polo Real decreto lei 5/2020, do 25 de febreiro, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes en materia de agricultura e alimentación. Porén, este requisito non será exixible nos casos en que non é de aplicación a referida Lei 12/2013, a que se refire no seu artigo 2.

Por outra banda, o dito Real decreto lei 5/2020 establece que, co fin de evitar a destrución de valor na cadea alimentaria, cada operador deberá pagar ao operador inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custo efectivo de produción de tal produto. De acordo con iso, e para os efectos desta convocatoria, considerarase que un contrato cumpre ese requisito cando o prezo unitario de compra de cada variedade de uva (€/kg) é superior ao 70 % do prezo unitario medio pagado nos últimos cinco anos polo comprador para toda a uva adquirida desa variedade nesa zona xeográfica protexida. Para verificar o cumprimento deste requisito, o solicitante deberá declarar na epígrafe correspondente do anexo A1 os prezos medios pagados para cada variedade de uva nos últimos cinco anos. A Consellería poderalle requirir ao solicitante a documentación xustificativa dos prezos medios declarados.

4. No caso de solicitantes que elaboren viño con uvas de produción propia, que soliciten o recoñecemento ao dereito a préstamos garantidos destinados a financiar o capital circulante de explotación, deberán declarar a súa produción cubrindo a epígrafe correspondente do anexo A1. Os datos declarados deben ser concordantes cos que figuran no conselllo regulador correspondente, así como cos datos da declaración da colleita 2020, que se presentará no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). Para eses efectos, a Consellería poderá facer as comprobacións oportunas consultando no Fogga a referida declaración da colleita, salvo que o solicitante manifeste a súa oposición; nese caso seralle requirida ao solicitante.

5. Os solicitantes deben estar ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Economía e Facenda) e fronte á Seguridade Social, e non ter débedas pendentes de pago coa Administración Pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Facenda).

6. A empresa solicitante non pode atoparse en situación de crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas Directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Conforme estas, considerarase que unha empresa está en crise se concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa se encontre inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise, salvo que cumpran a condición establecida na letra c) do punto anterior.

En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos dous (2) últimos anos.

7. Non poderán obter o recoñecemento ao dereito aos préstamos os solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e, en particular os solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

8. Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Presentacion de solicitudes e documentacion necesaria para tramitar o procedemento.

1. Os interesados deberán presentar a súa solicitude de recoñecemento do dereito ao préstamo a través das entidades financeiras colaboradoras. A solicitude irá dirixida ao Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da delegación territorial correspondente da Consellería de Medio Rural onde se sitúe a industria solicitante, segundo o modelo que figura como anexo A1, xunto coa seguinte documentación:

a) Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente rexistradas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

b) Balance e contas de resultados dos dous últimos anos se son sociedades e, no caso de persoas físicas, declaración da renda dos últimos dous anos. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

c) Certificado actualizado do Consello Regulador acreditativo da súa inscrición como elaborador de viño na denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida correspondente, así como de que procesou uva nesta campaña controlada polo Consello Regulador.

d) No caso de procesado de uva de produción propia, certificado actualizado do Consello Regulador acreditativo da superficie de viñedo inscrita na denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, así como de que realizou colleita nesta campaña controlada polo Consello Regulador.

e) No caso de uva adquirida a terceiros:

– Declaración dos contratos escritos de compra de uva na campaña 2020, seguindo o modelo incluído como anexo A2.

– Todos os contratos escritos subscritos para a compra de uva na campaña 2020 incluídos na declaración do punto anterior.

2. O solicitante autorizará a entidade financeira para a sinatura electrónica da solicitude, e deberá achegar con ela esta autorización. En todo caso, o solicitante só poderá autorizar unha entidade financeira para a sinatura electrónica da solicitude de recoñecemento do dereito a préstamo.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) .

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

5. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

8. O solicitante autorizará a SAECA para obter directamente por medios telemáticos a información que consider precisa para elaborar o informe de viabilidade crediticia.

Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF, cando a solicitante sexa unha persoa xurídica, e no DNI ou NIE no caso de persoa física.

b) Declaracións do IRPF (no caso de persoas físicas) dos 2 últimos anos.

c) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda).

f) Comprobacion de que o solicitante non ten concedidas outras axudas incompatibles.

g) Comprobación de que o solicitante non está inhabilitado para obter axudas públicas.

h) No caso de procesado de uva de produción propia, comprobacion da declaración da colleita 2020.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 18 de novembro de 2020 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento a adegas do dereito a préstamos de campaña no ano 2020 garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG nº 235 do 20 de novembro de 2020).

    • Extracto da Orde do 18 de novembro de 2020 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento a adegas do dereito a préstamos de campaña no ano 2020 garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG nº 235 do 20 de novembro de 2020).

    • Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se modifica o prazo de presentación das solicitudes previsto na Orde do 18 de novembro de 2020 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento a adegas do dereito a préstamos de campaña no ano 2020 garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG nº 254 do 18 de decembro de 2020).

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR348A

Declaración responsable para a prestación de servizos como entidade identificadora.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR360B

Autorización para o visado dos documentos de acompañamento R(CE) 436/2009.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR360C

Declaración para a realización de determinadas prácticas enolóxicas R(CE) 606/2009.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano