Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR350A
Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da PAC 2023 – 2027 (PEPAC)
As persoas que desexen acceder ao instrumento financeiro deberán cumprir os seguintes requisitos:
a. Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto no caso de ser unha persoa agricultora moza ou nova, que estará exenta de cumprir esta condición.
b. Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.
c. Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012 polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.
d. Que a súa actividade principal sexa a agraria.
e. Dispor dunha contabilidade específica Feader.
f. Non ter recoñecido o dereito a un préstamo garantido polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 para a mesma intervención e finalidade.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981-545721
Email: sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación Complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a. Acreditación da persoa representante da súa representación (se é o caso).
b. Anexo II de autorización á SAECA para obter directamente por medios telemáticos a información que considere precisa para elaborar o informe de viabilidade crediticia.
c. Anexo III de comprobación de datos das persoas socias (se é o caso).
d. Xustificante da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.
e. Memoria técnico-económica que describa os investimentos previstos ou, no caso de préstamos a gastos de capital circulante, unha lista de gastos da explotación cuxo financiamento se pretende afrontar. No caso de investimentos relacionados coa intervención 68411, a memoria deberá especificar a natureza dos investimentos e como estes contribuirán ao obxectivo específico 4, Contribuír á atenuación do cambio climático e á adaptación para os seus efectos, así como á enerxía sustentable, e/ou ao obxectivo específico 5, Promover o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente dos recursos naturais tales como a auga, o solo e o aire, e/ou ao obxectivo específico 9, Mellorar a resposta da agricultura da UE ás exixencias sociais, en materia de alimentación e saúde, en particular cuns produtos alimenticios seguros, nutritivos e sustentables, así como no relativo ao malgasto de alimentos e o benestar dos animais.
f. No caso de adquisición de terreos ou bens inmobles, certificado de taxación.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a. DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.
b. DNI/NIE da persoa representante.
c. NIF da entidade representante.
d. NIF da entidade solicitante.
e. Títulos oficiais non universitarios.
f. Títulos oficiais universitarios.
g. Acreditación de actividade agraria por conta propia.
h. Imposto de actividades económicas ampliado (IAE).
i. Consulta de concesión de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I), ou no anexo III, se é o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 25 de setembro de 2025 pola que se regula o procedemento para recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG nº 193 do 07 de outubro de 2025).
-
Correción de erros. Orde do 25 de setembro de 2025 pola que se regula o procedemento para recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG nº 206 do 24 de outubro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano