Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR239Q
Incorporación de parcelas con utilización agrícola ao rexistro de parcelas non declarables na solicitude única de axudas PAC/DR.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Regular o procedemento para que as persoas titulares de parcelas con utilización agrícola podan solicitar ao Fogga a incorporación das ditas parcelas ao rexistro de parcelas non declarables.
A persoas físicas ou xurídicas titulares de parcelas con utilización agrícola que non presenten a Solicitude única de axudas PAC/DR na campaña 2026.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, nº 7-1º
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Email: fogga.pontevedra@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2-4º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Email: fogga.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, nº 70-B-1
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Email: fogga.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, nº 22-1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Email: fogga.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546262
Fax: 981546268
Email: sxpac.fogga@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
21/02/2026 00:00 - 31/12/2026 23:59
En calquera momento do ano 2026.
Forma de presentación de solicitudes.
1. As persoas interesadas deberán dirixir a súa solicitude ao Fondo Galego de Garantía Agraria ou aos seus servizos territoriais.
2. As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que se inclúe como modelo no anexo IV, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (procedemento MR239Q). A presentación electrónica será obrigatoria para: as Administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, e as persoas representantes dunha das anteriores.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado do procedemento MR239Q que se inclúe como modelo no anexo IV, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Neste procedemento os trámites administrativos posteriores ao de presentación das solicitudes deberán ser realizados a través da carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Consulta de datos e documentación para a presentación.
1. Para a tramitación do procedemento MR239Q consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante da persoa solicitante, de ser o caso.
Ademais, poderanse consultar:
– NIF da persoa solicitante.
– NIF da persoa representante da persoa solicitante, de ser o caso.
– Información sobre titularidade catastral das parcelas con utilización agrícola
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo nas solicitudes e achegar os documentos correspondentes. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención da información, poderáselle requirir á persoa solicitante a presentación dos documentos correspondentes ou a documentación complementaria.
3. As persoas solicitantes ou as persoas representantes deberán acreditar a posesión de cada unha das parcelas agrícolas incluídas na solicitude; a tal fin deberán achegar, conforme se indica no anexo IV, algún dos seguintes documentos:
- Certificación catastral de titularidade (no caso de non autorizar a consulta sobre titularidade catastral da parcela)
- Nota rexistral do Rexistro da propiedade
- Título de propiedade
- Documentación relativa ao tracto sucesorio (Últimas vontades, testamento ou declaración de herdeiros e aceptación de herdanza).
- Outro documento de acreditación da propiedade válido en dereito a especificar.
- Documento de autorización de sinatura no caso de que a persoa solicitante non sexa a que asina a solicitude.
A documentación complementaria deberá presentarse conforme o indicado no artigo 22.6
Prazo de resolución:
Nove meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 34 do 20 de febreiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 34 do 20 de febreiro de 2026).
-
Corrección de erros. Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 43 do 05 de marzo de 2026).
-
Resolución do 13 de maio de 2026 pola que se adapta en Galicia a aplicación das penalizacións en relación coa presentación da solicitude única da PAC na campaña 2026 (DOG nº 91 do 19 de Maio de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano