Guía de procedementos e servizos

MR207A

Prazas de residencia nos centros de formación e experimentación agraria dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 01/09/2023 00:00 - 21/06/2024 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O obxecto do procedemento é a adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria (CFEA) da Axencia Galega da Calidade Alimentaria  para o curso académico 2023-2024 nos CFEA de Lourizán (Pontevedra), Sergude (Boqueixón), Pedro Murias (Ribadeo) e Becerreá.

O obxectivo da posta a disposición de prazas de residencia e de comedor é o de prestar un servizo complementario ao desenvolvemento educativo da poboación do medio rural, que permite potenciar o acceso á formación continua e aos ciclos de formación profesional agraria de grao medio e grao superior que se imparten nos centros anteditos.

O número de prazas ofertadas para o logro deste obxectivo e a súa distribución por centros é a seguinte:

CFEA de Lourizán (Pontevedra) --- 34 prazas en réxime de pensión completa --- 28 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo

CFEA de Sergude (A Coruña) --- 52 prazas en réxime de pensión completa --- 20 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo

CFEA "Pedro Murias" (Ribadeo) --- 0 prazas en réxime de pensión completa --- 30 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo

CFEA de Becerreá (Lugo) --- 0 prazas en réxime de pensión completa --- 45 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo

Estudiantes nos centros de formación e experimentación agraria (CFEA) da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Área de Formación, Innovación e Investigación

Departamento de Formación

Avenida do Camiño Francés, nº 10

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546679/ 981546664

Email: formacion.cmrm@xunta.gal

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

18/07/2023 00:00 - 31/07/2023 23:59

01/09/2023 00:00 - 21/06/2024 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será do 18 de xullo ao 31 de xullo de 2023.

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes dende o 01/09/2023 ata o 21/06/2024

Serán requisitos para ser adxudicatario/a da praza de residencia nos centros de formación e experimentación agraria dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria:

a) Ser cidadán/á de calquera país da Unión Europea ou estranxeiro/a que acredite a residencia ou estea dentro dun programa de cooperación internacional.

b) Ter feito os 18 anos de idade no ano da publicación da convocatoria, no caso das prazas en pensión completa do CFEA de Lourizán, ou ter feito os 16 anos de idade no ano da publicación da convocatoria no caso das prazas en pensión completa que se ofertan no CFEA de Sergude.

c) Estar matriculado, en calquera dos CFEA adscritos á Agacal, nun ciclo de formación profesional durante o curso escolar.

Solicitudes.

1. As persoas que no curso académico anterior tivesen praza de residencia conservarana para o seguinte curso dun ciclo formativo, logo da presentación da correspondente solicitude, e sempre que acrediten o cumprimento dos requisitos académicos para o curso e non sexan repetidores/as deste. As solicitudes para a renovación de praza do alumnado escolarizado durante o curso 2022/23 e as solicitudes de novo ingreso presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado MR207A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e dentro do prazo establecido no punto 4.

2. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente as solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. Para o novo ingreso. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II. Comprobación dos datos doutras persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso.

b) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso. A data da súa expedición será posterior á da entrada en vigor da convocatoria.

c) Documentación acreditativa da condición de orfandade, de ser o caso.

d) Documentación acreditativa dos estudos de bacharelato, formación profesional específica ou universitaria que estean cursando os irmáns ou as irmás das persoas solicitantes, fóra do domicilio habitual, de ser o caso.

e) Contrato de alugamento ou matrícula nunha residencia de estudantes ou establecemento de similares características dos irmáns ou as irmás das persoas solicitantes que estean cursando estudos fóra da súa residencia habitual, de ser o caso.

f) Certificación académica na cal figuren as notas correspondentes ao curso escolar inmediatamente anterior a esta convocatoria para aquelas persoas solicitantes que procedan doutro centro formativo.

g) Copia do título de familia numerosa, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.

h) Documentación acreditativa do grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.

i) Documentación acreditativa de familia monoparental mediante certificado de familia monoparental, convenio regulador ou resolución de medidas paterno/maternofiliais.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que lle poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) DNI ou NIE do resto das persoas da unidade familiar, de ser o caso.

2. Para solicitudes de novo ingreso, consultaranse, ademais, os seguintes datos:

a) Certificado da renda tanto da persoa solicitante como dos demais membros que compoñen a unidade familiar obrigados a declarar (anexo I, no caso da persoa solicitante, e anexo II, para os demais membros que compoñen a unidade familiar).

3. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa da persoa solicitante, no caso de ser expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

b) Grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoa solicitante e de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, cando sexa expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

4. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

5. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes, declaracións responsables ou comunicacións.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería (DOG nº 176 do 16 de setembro de 2013).

    • Resolución do 4 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria, e se convocan para o curso académico 2023/24 (DOG nº 135 do 17 de xullo de 2023).

    • Corrección de erros. Resolución do 8 de agosto de 2014 pola que se actualizan os prezos públicos determinados no Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias Marítimo-Pesqueira e Agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería (DOG nº 174 do 12 de setembro de 2014).

    • Resolución do 17 de agosto de 2023 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación e experimentación agraria para o curso académico 2023/24 (DOG nº 159 do 23 de agosto de 2023).

    • Resolución do 18 de agosto de 2023 pola que se publica a Resolución do 17 de agosto de 2023 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación e experimentación agraria da Axencia para o curso académico 2023/24 (DOG nº 161 do 25 de agosto de 2023).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED306A

Adxudicación de prazas de residencia nos centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 04/08/2025 23:59

ED308A

Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 08/08/2025 23:59

ED311F

Premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais de música, danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/07/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano