Guía de procedementos e servizos

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve
Regula-lo procedemento para solicitar un certificado de propiedade ou de transmisión da propiedade no proceso de concentración parcelaria.
Quen pode solicitalo
Propietarios de predios que se ven afectados por un proceso de concentración parcelaria poden pedir, antes do remate do proceso de concentración, un certificado de propiedade dos seus predios.
Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Como se tramita

Debes de presentar esta solicitude de forma presencial.

Tramitar presencialmente

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude normalizada

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

3 meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias

Servizo de Reforma das Estruturas

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15771  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544769

Fax: 981545753

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña

PRAZA LUIS SEOANE S/N

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184520

Fax: 981184651

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294494

Fax: 982294452

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Infraestruturas Agrarias de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386489

Fax: 988386566

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra

RÚA BENITO CORBAL, 47

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805450

Fax: 986805485

Órgano responsable

Servizo de Reforma das Estruturas
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Lei 10/1985, do 14 de agosto de concentración parcelaria para Galicia (DOG nº 160 do 22 de agosto de 1985). Ligazón á normativa

    • Decreto 91/1988, do 7 de Abril polo que se regula a concentracion parcelaria de caracter privado (DOG nº 78 do 26 de abril de 1988). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237D

Cumprimento das condicións específicas da eliminación mediante degradación in situ de cadáveres equinos mortos nos pastos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano